[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Naturismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moza nudista a cabalo

O naturismo ou nudismo comprende as prácticas caracterizadas pola nudez en común co obxectivo de favorecer o respecto por un mesmo, polos demais e polo contorno. A nudez, sen intencionalidade sexual, non é máis que un dos compoñentes do naturismo, xa que priman a dimensión social, de respecto polos demais, de tolerancia e de convivencia.

Con anterioridade, esta palabra ten tamén designado:

Historia do naturismo

[editar | editar a fonte]

Desde o Século das Luces e o mito do "bo salvaxe" de Rousseau, o concepto de naturismo e a súa posta en práctica teñen desempeñado un papel fundamental na relación co corpo e a evolución dos costumes. As motivacións dos seus adeptos, así como o seu simbolismo, deixaron de evolucionar, poñendo máis a énfase nos valores de hixiene, médicos, morais e educativos. Aínda que estes valores aínda subsisten, o ecoloxismo é hoxe o máis característico.

O naturismo naceu na Francia na segunda metade do século XIX. O xeógrafo Élisée Reclus, que o denominaba Gymnosofía, vía nel á vez un medio de revitalización física, unha relación co corpo completamente diferente da hipocrisía e dos tabús contemporáneos, unha concepción máis colectiva da vida en sociedade e unha incitación a respectar o planeta.

A finais do século XIX, unha corrente de ideas moi próxima do naturismo apareceu na Alemaña do emperador Guillerme II. Naquela altura, sexo e nudez eran tabús (mesmo cando no norte de Alemaña se producía a nudez nas saunas, ao igual que en Escandinavia). O nacemento do movemento naturista constituíu unha reacción contra o pulo da industrialización. Naquelas condicións de traballo e de vida difíciles, comezouse a reflexionar sobre outras maneiras de vivir.

En 1893, o sociólogo hixienista Heinrich Pudor publicou Nacktkultur (Cultura do nu), que defendía os beneficios da nudez social. Segundo el, o Home perdeu o corpo de vista e atopábase debilitado. Pudor combateu tamén a moda dos corsés, aos que acusaba de estragar o corpo feminino.

Os conceptos descritos por Pudor non tardaron en se levar á práctica. A comezos do século XX, os Wandervogel ("paxaros migratorios"), un movemento da xuventude alemá, foron os primeiros en tomar este concepto de retorno á natureza a través da nudez. Tomaron por costume, nas súas excursións pola natureza, desvestirse para desfrutar dun baño nun lago ou río. Pronto practicaron outras actividades nus, como a ximnasia. Estes rapaces e rapazas procuraron fuxir do inferno das cidades, da súa contaminación e os seus excesos, desexando vivir máis dunha forma sa adoptando o deporte e a danza en liberdade.

A partir de 1902 apareceron revistas sobre a emerxencia da cultura naturista. A fotografía coñeceu unha renovación no domino do nu e os corpos fotografáronse en plena natureza, desprovistos de erotismo.

En 1903, en Lubeck, Paul Zimmerman creou o primeiro ximnasio, o Freilichtpark ("parque da luz libre", datado en 1981).

En 1918 adoptouse o nome de Frei-Körper-Kultur ("Cultura do corpo libre"). Este movemento difundiuse nos países xermánicos (Austria, Suíza, Países Escandinavos, Países Baixos) antes de chegar á Francia de entre-guerras e logo aos Estados Unidos de América nos anos de 1950.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]