[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

NASDAQ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
NASDAQ
Logo
TipoBolsa de valores
Data de fundación4 de febreiro de 1971
Director/aAdena Friedman
Organización matrizNasdaq
SedeNova York e One Liberty Plaza
EnNova York
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.nasdaq.com
Facebook: NASDAQ Twitter: NASDAQ Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A National Association of Securities Dealer Automated Quotation (NASDAQ) é o mercado electrónico de accións en Estados Unidos. Fundouno a National Association of Securities Dealers (NASD) e privatizouse nunha serie de vendas no 2000 e o 2001. É dono e operado pola compañía Nasdaq Stock Market, Inc. (NDAQ) a cal se incluíu no seu propio sistema de intercambio accionario no 2002. NASDAQ é a bolsa de comercio electrónica máis grande dos EE.UU. Con aproximadamente 3300 compañías, intercambia en media máis accións por día que calquera outro mercado estadounidense. O actual[cando?] Xefe executivo é Robert Greifeld.

O NASDAQ é unha bolsa de valores electrónica e automatizada cuxa oficina principal está en Nova York. O NASDAQ Stock Market foi fundado na década dos setenta.

NASDAQ lista máis de 7.000 accións de pequena e mediana capitalización. Caracterízase por comprender as empresas de alta tecnoloxía en electrónica, informática, telecomunicacións, biotecnoloxía etc.

Os seus índices máis representativos son o Nasdaq 100 e o Nasdaq Composite.

NASDAQ ten a súa raíz na petición do Congreso dos Estados Unidos á comisión que regula a bolsa (Securities and Exchange Commission) de que realizase un estudo sobre a seguridade dos mercados. A elaboración deste informe detectou que os mercados non regulados eran pouco transparentes. O SEC propuxo a súa automatización e de aí xurdiu o NASDAQ Stock Market, cuxa primeira sesión foi o 8 de febreiro de 1971.

Entre 1997 e 2000, impulsou 1.649 empresas públicas e no proceso xerou 316,5 miles de millóns de dólares. Logo dunha profunda reestruturación no 2000, NASDAQ converteuse nunha empresa con fins de lucro e totalmente rexida por accionistas. Actualmente continúa incrementando a súa capacidade no volume de transaccións, sendo capaz de transaccionar 6 billóns de accións nun día. Hoxe en día, a sede de NASDAQ está aloxada nun edificio do Times Square en Nova York.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]