Massiel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de agosto de 1947 (77 anos) Madrid, España |
Outros nomes | Massiel |
Cor do pelo | Castaño escuro |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 1966 - 2007 |
Xénero artístico | Música pop |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Voz |
Participou en | |
6 de abril de 1968 | Festival de Eurovisión 1968 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Pablo Lizcano (1985–1988) |
Parella | Carlos Zayas Mariategui (1974–1981) |
María Félix de los Ángeles Santamaría Espinosa, máis coñecida polo nome artístico de Massiel, nada en Madrid o 2 de agosto de 1947, é unha cantante española, gañadora en 1968 do Festival da Canción de Eurovisión coa canción La, la, la.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Massiel nada en Madrid o 2 de agosto de 1947, filla de pais asturianos. O seu pai foi o promotor musical Emilio Santamaría. O nome artístico polo que é coñecida foi idea do seu profesor de ballet cubano.
A súa primeira actuación en público foi en 1966 interpretando en Madrid a canción Di que no, considerada por algúns como unha das primeiras "cancións protesta". Ese mesmo ano acode ó chamado Festival da Rosa en Roma, o de Festival de Viña del Mar, en Chile, e o de Mallorca, onde gaña o premio da crítica co tema Rufo el pescador.
En 1967 roda as súas dúas primeiras películas, Vestida de novia e Codo con codo, e consegue un grande éxito en España e Latinoamérica coa canción Rosas en el mar, escrita por Luis Eduardo Aute, do que tamén interpretaría o seu Aleluya nº1. No tema Rosas en el mar podíanse escoitar estrofas como "voy pidiendo libertad y no quieren oír, es una necesidad, para poder vivir, la libertad derecho de la humanidad, es más fácil encontrar rosas en el mar" ou "qué ganarán qué perderán si todo esto pasará".
Participación en Eurovisión
[editar | editar a fonte]En 1968 consegue gran popularidade en Europa ó gañar o Festival da Canción de Eurovisión no Royal Albert Hall de Londres, co tema La, la, la, escrito polo Dúo Dinámico. O seu triunfo supuxo unha gran sorpresa, dado que bateu o favorito, o británico Cliff Richard co seu tema "Congratulations".
Nun principio, España ía ser representada polo cantautor Joan Manuel Serrat, cantando o mesmo tema, pero o cantautor negouse a actuar se non o facía en catalán. Por este motivo Massiel foi a escollida e só dispuxo de nove días para preparar a canción que resultaría gañadora. O goberno de Franco concedeulle o Lazo de Isabel la Católica, pero ela rexeitouna. Segundo Massiel, valeulle un ano de veto en TVE, ata aparecer no festival de 1969 en Madrid.
En 2008, a raíz dunhas declaracións do periodista José María Íñigo no documental 1968. Yo viví el mayo español, emitido na cadea de televisión La Sexta, varios medios de comunicación falaron sobre a suposta compra de votos pola parte do réxime franquista para que Massiel gañase Eurovision e conseguir así unha proxección positiva do réxime en Europa.[1] Porén, este punto foi desmentido polo periodista[2] e a propia cantante en días posteriores, acusando a La Sexta de «urdir todo para favorecer a Chikilicuatre», en referencia ó escollido para representar a España no Festival de Eurovisión 2008, Rodolfo Chikilicuatre, unha personaxe interpretada polo cómico David Fernández Ortiz e xurdido no programa Buenafuente de La Sexta.[3] Bjorn Erichsen, director do departamento de televisión da Unión Europea de Radiodifusión, declarou que Massiel non sería desposuída do seu premio.[4]
En calquera caso, a partir daquel triunfo, Massiel converteuse nunha coñecida artista a nivel internacional, facendo varias aparicións en cinema e teatro, interpretando obras de Bertolt Brecht ou Shakespeare, e en programas e series de televisión de distintos países.
Anos posteriores
[editar | editar a fonte]Co paso dos anos, o seu estilo musical variou; dende os seus comezos na chamada canción protesta ata os seus discos dedicados a rancheiras e corridos mexicanos, outro dedicado a Bertolt Brecht ou as súas colaboracións con diversos autores, como Aute, Manolo Días, Juan Pardo, José Luis Perales ou Pablo Milanés. Ó longo da súa vida musical gravou máis de cincuenta discos, con cinco compañías discográficas: Zafiro, Polygram, Hispavox, Bat Discos e Emasstor. Ademais dos citados, outros temas seus que tiveron éxito foron Deja la flor, Lady veneno, Brindaremos por ti, Mirlos, molinos y sol, Tiempos difíciles, El Noa-Noa, María de los Guardias, Eres, Acordeón, El amor... e versionou o tema de The Beatles, Yesterday.
En 1996 decide poñer punto final á súa carreira musical, aínda que en 2006 reeditase, en formato CD, o álbum Massiel canta Bertolt Brecht (Ramalama) e no 2007 colabora no álbum de Juan Rivas Mundo feliz, gravando con el o tema Un mundo maravilloso, que supuxo a primeira gravación da artista en quince anos. A finais de ano reedítanse en CD outros dous dos seus discos, Viva e Deslices. Tamén neste ano forma parte da organización do programa de TVE Misión Eurovisión, destinado a elixir o representante español no festival, onde ademais presentou unha das cancións finalistas interpretándoa en directo, o que supuxo a súa volta ó escenario tras varios anos.
En 2008 colabora con Carlos Mejía Godoy cantando en varias cancións do álbum antolóxico deste artista nicaraguano, Aromas de libertad. O Pop Art, festival anual da música indie que se celebra en Cáceres, concedeulle en setembro deste ano o Premio Especial a toda unha traxectoria artística, ademais do Premio á Mellor Canción do ano por Un mundo maravilloso. Na gala de entrega de premios os grupos indies galardoados interpretaron versións dalgúns dos éxitos de Massiel, que serían editadas nun CD de homenaxe.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Massiel estivo casada en tres ocasións, a primeira con Luis Recatero, despois con Carlos Zayas con quen tivo un fillo, Aitor Carlos, nado o 1 de xuño de 1977 e a última delas co periodista Pablo Lizcano. Tamén estivo como contertulia en programas de televisión da crónica rosa, como Espejo público ou La Noria ambos no 2007.
Discografía
[editar | editar a fonte]Singles
[editar | editar a fonte]- 1966 "Él era mi amigo"/"Sé que ries al pensar"
- 1967 "Rosas en el mar" /"Llueve" /"Las estrellas lo sabrán" /"Hasta mañana"
- 1967 "Aleluya Nº1"
- 1967 "La moza de los ojos tristes"/"Mirlos, molinos y sol"
- 1968 "La La La"/"Pensamientos, sentimientos"
- 1968 "La La La (Alemán)" Internacional
- 1968 "La La La (Francés)" Internacional
- 1968 "La La La"/Pensamientos, sentimientos" Internacional
- 1968 "La La La"/"He gives me love (La La La)" Internacional
- 1968 "La La La"/"Las estrellas lo sabrán" Internacional
- 1968 "La La La"/"Rosas en el mar" Internacional
- 1968 "Deja la flor"/"Sol de medianoche"
- 1968 "Las rocas y el mar"/"Vida y muerte"
- 1968 "Niños y hombres"/"A espaldas de mi pueblo"
- 1969 "Amén"/"Ay volar"
- 1969 "Canciones" / "Como cantan las sirenas"
- 1970 "1970 "Detrás de la montaña"/Viejo marino"
- 1971 "Dormido amor"
- 1971 "Veinte aniversario: Palabras"
- 1971 "Volveré al mar"
- 1972 "Balada de Maria Sanders"/Balada de la comodidad"
- 1972 "Corriendo corriendo"
- 1973 "Rompe los silencios"/"Corriendo, corriendo"
- 1977 "Tu me preguntas si soy feliz"/"Para vivir"
- 1982 "Eres/De 7 a 9"
- 1982 "Tiempos difíciles"/"Loca"
- 1983 "Marinero"/"Otra mujer"
- 1983 "Brindaremos por él"/"Ay la nena"
- 1983 "Más fuerte"/"Basta de peleas"
- 1984 "Acordeón"
- 1984 "Voy a empezar de nuevo"/"Te fuiste"
- 1985 "Vaca pagana"/"Popurrí"
- 1985 "Rosas en el mar"
- 1985 "Qué más quisiera yo"
- 1986 "Volverán"/"Hoy me he propuesto pensar en ti"
- 1986 "Lo que cambie por ti"/"Poco después de las 12 de un 20 de marzo"
- 1990 "Ese es mi pueblo"
Álbums
[editar | editar a fonte]- 1966 EP "Di que no"
- 1968 BSO "Cantando a la vida"
- 1970 Massiel en México
- 1972 Baladas de Bertolt Brecht
- 1972 Lo mejor de Massiel
- 1975 Viva
- 1976 Carabina 30-30
- 1977 Alineación
- 1981 Tiempos difíciles
- 1982 Rosas en el mar
- 1983 Corazón de hierro
- 1984 Sola en libertad
- 1985 Massiel en Des...Concierto (Directo Teatro Alcalá)
- 1986 Desde dentro
- 1990 Deslices
- 1993 Cheque en blanco
- 1997 Desátame
- 1997 Autoretrato: Lo mejor de Massiel
- 1998 Grandes Éxitos
- 1999 Todas sus grabaciones en Polydor (1976-1977)
- 2003 Sus primeros años (1966-1975) 2 CD
- 2007 Massiel canta a Bertolt Brecht (CD + Libro)
- 2008 Sus álbumes (Varios Volumes)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Montse Fernández: "TVE 'comprou' os votos para que Massiel gañara Eurovisión. Houbo tongo" Artículo en www.formulatv.com(castelán)
- ↑ "Eu non dixen que Massiel gañase o festival de Eurovisión mediante compra de votos. Eu non dixen iso. Non falei nin de Massiel nin do La, la, la. Massiel é unha grande artista que non necesita de ningunha axuda para nada, nin agora, nin antes. Todo foi unha terxiversación dunhas palabras" (www.josemariainigo.com) Arquivado 05 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (castelán)
- ↑ Massiel e Iñigo acusan a La Sexta de 'urdir todo para favorecer a Chikilicuatre Artigo en www.elmundo.es (castelán)
- ↑ Eurovisión pide a España "mellores cancións" Arquivado 24 de abril de 2009 en Wayback Machine. Artigo en www.lavanguardia.es (castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Digiloo Trush Letra de La, la, la (en castelán)
- Youtube Vídeo da súa intervención en Eurovisión.
Predecesor: "Hablemos del amor" Raphael |
España no Festival de Eurovisión 1968 |
Sucesor: "Vivo cantando" Salomé |