[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Martelo (óso)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martelo
Martelo esquerdo: A. Visto desde fóra. B. Visto desde dentro.
Martelo visíbel no centro.
Latín Malleus
Gray tema #231 1044
Precursor Primeiro arco branquial

O martelo[1] é un dos tres ósos do oído medio, o máis grande e máis lateral da cadea de ósos do oído; presenta unha cabeza, un colo, un manubrio e dúas apófises, unha lateral e outra anterior. Está conectado coa membrana timpánica e transmite as vibracións sonoras á bigornia mediante a articulación incudomalear; este último comunícase á súa vez co estribo.

Compoñentes

[editar | editar a fonte]
  • Cabezaː forma a parte superior do martelo. Está situada superiormente á membrana timpánica, é dicir, no receso epitimpánico. De forma ovoide, a cabeza do martelo é regularmente lisa, salvo na súa parte posterior, onde presenta unha escavación articuluar elíptica co eixe maior orientado oblicuamente en sentido inferior e medial. O extremo inferior desta cara articular ocupa a cara medial da cabeza. Unha crista case vertical divídea en dúas vertentes, unha posterior e outra medial. Por esta cara articular, o martelo articúlase coa bigornia.
  • Coloː é a parte estreita que serve de soporte á cabeza. É curto e aplanado de lateral a medial; relaciónase lateralmente coa porción fláccida da membrana do tímpano.
  • Apófise lateral ou apófise curta: de forma cónica e de 1 mm de longo, orixínase inferiormente da cara lateral do colo. Diríxese lateralmente e dá orixe, na cara externa da membrana timpánica, á pequena eminencia cónica en que terminan as pregas maleolares.
  • Apófise anterior ou apófise longa: nace na cara anterior do colo. É alongada e moi delgada, diríxese posterior e anteriormente e ten continuidade co ligamento anterior do martelo.
Artigo principal: Audición.

O martelo é un dos tres osiños do oído medio, o máis grande deles, que transmiten o son desde a membrana timpánica ao oído interno. O martelo recibe vibracións da membrana do tímpano e as transmite á bigornia.[2]

O martelo deriva do óso articular do maxilar inferior dos réptiles mamiferoides. Embrioloxicamente deriva do primeiro arco farínxeo, xunto con resto dos ósos da mastigación, tales como o maxilar superior e a mandíbula.[3]

Varias fontes atribúen o descubrimento do martelo ao médico, anatomista e filósofo italiano Alessandro Achillini (1463-1512).[4][5]

A primeira breve descrición esscrita deste óso foi feita por Jacopo Berengario da Carpi (c. 1460–c. 1530) nos seus Commentaria super anatomia Mundini (1521).[6]

Niccolò Massa (1485–1569), no seu Liber introductorius anatomiae,[7] describiu o martelo un pouco máis detalladamente, e comparou a este e á bigornia a pequenos martelos, cualificándoos de malleoli.[8]

  1. martelo, 3ª acep. no dicionario da RAG.
  2. Mitchell, Richard L.; Drake, Wayne Vogl & Adam, W. M. (2005): Gray's anatomy for students. Philadelphia, Pa., USA: Elsevier. ISBN 978-0-8089-2306-0, p. 862.
  3. Young, J. Z. (1977): La vida de los vertebrados. Barcelona: Editorial Omega, S. A. ISBN 84-282-0206-0.
  4. Alidosi, G. N P. (1623): I dottori Bolognesi di teologia, filosofia, medicina e d'arti liberali dall'anno 1000 per tutto marzo del 1623. Bologna: N. Tebaldini.
  5. Lind, L. R. Studies in pre-Vesalian anatomy. Biography, translations, documents, American Philosophical Society, Philadelphia, 1975. p. 40.
  6. Jacopo Berengario da Carpi: Commentaria super anatomia Mundini, Bologna.
  7. Niccolò Massa, Liber introductorius anatomiae, Venezia, 1536. p. 166.
  8. O'Malley, C. D. Andreas Vesalius of Brussels, 1514-1564. Berkeley: University of California Press, 1964. p. 120.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]