Moega
A moega[1] ou moella[2], tamén chamada ventrículo, é un órgano que se encontra no tracto dixestivo dalgúns animais, como os arcosauros (dinosauros incluíndo as aves, pterosauros e crocodilianos), miñocas, algúns gasterópodos, algúns peixes e algúns crustáceos e insectos. Trátase dun estómago especializado formado por grosas paredes musculares que se usa para triturar a comida, con frecuencia coa axuda de partículas duras como pedras ou grava. En certos insectos e moluscos, as moegas teñen placas ou dentes quitinosos.
Estrutura
[editar | editar a fonte]En aves
[editar | editar a fonte]As aves tragan a comida sen mastigar, xa que non teñen dentes, e almacénana no seu papo ou boche se é necesario. Despois a comida pasa ao seu estómago glandular e dixestivo, tamén chamado proventrículo, que ás veces tamén se denomina estómago verdadeiro. Esta é a parte secretora do estómago. Despois a comida pasa á moega ou moella (tamén chamada estómago muscular ou ventrículo). A moega pode triturar a comida grazas ás súas paredes musculares e ás pedras situadas alí que oi animal tragou, e despois o alimento se transporta de volta ao estómago verdadeiro, e de novo desde este á moega. As moegas das aves están tapizadas dunha capa basta resistente feita dun complexo de carbohidrato-proteína chamado koilina, para protexer os músculos da moega.
En comparación, mentres que nas aves o estómago verdadeiro está antes no tracto dixestivo antes da moega, nos saltóns a moega está antes do estómago, mentres que nas miñocas só hai moega e non estómago.
Gastrólitos nas moegas
[editar | editar a fonte]Algúns animais que carecen de dentes tragan pedras ou grava para axudar a fragmentar a comida dura, como por exemplo sementes, o que axuda á súa posterior dixestión.[3] Todas as aves teñen moegas, pero non todas tragan pedras ou grava.[4] Estas pedras denomínanse gastrólitos e xeralmente están arredondados e lisas pola acción de pulimento realizada na moega. Cando están demasiado lisos para facer a súa función, son regurxitados e substituídos por outros.
Animais con moegas
[editar | editar a fonte]Peixes
[editar | editar a fonte]Os muxos mariños (Mugilidae) e os alosinos (peixes d auga doce de lagos e ríos) teñen moegas. O Salmo stomachius, unha especie de troita que se encontra no Lough Melvin, un lago do norte de Irlanda, teñen moega que se usa para axudar a dixerir os caracois acuáticos que comen.
Réptiles
[editar | editar a fonte]Os aligátores e os crocodilos tamén teñen moegas.
Aves
[editar | editar a fonte]Todas as aves teñen moegas.
Crustáceos
[editar | editar a fonte]Algúns crustáceos teñen unha especie de moega aínda que a esta xeralmente se lle chama muíño gástrico.[5]
Dinosauros non aviarios
[editar | editar a fonte]Crese que moitos dinosauros tiñan moegas debido ao descubrimento de gastrólitos en asociación cos seus fósiles; entre eles están os seguintes:
- Psittacosaurus
- Massospondylus
- Sellosaurus
- Omeisaurus
- Apatosaurus
- Barosaurus
- Dicraeosaurus
- Seismosaurus
A crenza de que Claosaurus tiña tamén moega foi desacreditada, xa que os restos fósiles estaban baseados en restos doutra especie e as pedras eran simplemente cantos de río.[6]
Pterosauros
[editar | editar a fonte]Polo menos algúns pterosauros parece que tiñan moegas. Os casos máis notables son o Pterodaustro (deducido polos gastrólitos atopados) e Rhamphorhynchus (preservación directa).[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Moega.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para moella.
- ↑ Solomon, E.P., Berg L.P., and Martin D.W., 2002. Biology Sixth Edition. Thomson Learning Inc., Australia, Canada, Mexico, Singapore, Spain, United Kingdom, United States pp. 664
- ↑ John Hudson Tiner (12 January 2009). Exploring the World of Biology: From Mushrooms to Complex Life Forms. New Leaf Publishing Group. pp. 115–. ISBN 978-0-89051-552-5. Consultado o 17 October 2012.
- ↑ K. Sakai (2004). "The diphyletic nature of the Infraorder Thalassinidea (Decapoda, Pleocyemata) as derived from the morphology of the gastric mill". Crustaceana 77 (9): 1117–1129. JSTOR 20107419. doi:10.1163/1568540042900268.
- ↑ Creisler, Benjamin S (2007). Horns and Beaks: Ceratopsian and Ornithopod Dinosaurs. Bloomington: Indiana University Press. p. 199. ISBN 978-0253348173.
- ↑ Codorniú et al. 2009
- ↑ Wilton, Mark P. (2013). Pterosaurs: Natural History, Evolution, Anatomy. Princeton University Press. ISBN 0691150613.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dyce, Sack, Wensing, 2002. Textbook of Veterinary Anatomy Third Edition, Saunders. ISBN 0-7216-8966-3.