Aligátor
Aligátor Rango fósil: Paleoceno-Holoceno (37 Ma-0) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arriba un aligátor do Mississippi; abaixo un aligátor da China | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||
Alligator mississippiensis Daudin, 1802 (orixinalmente Crocodylus) | |||||||||||||||||
especies | |||||||||||||||||
|
Os aligátores[1][2] son réptiles crocodilianos do xénero Alligator. As dúas únicas especies deste xénero que existen actualmente son o aligátor do Mississippi[3] (A. mississippiensis) e o aligátor da China[3][4] (A. sinensis). Ademais, coñécense varias especies extintas fósiles de aligátores. Apareceron no Paleoceno hai uns 37 millóns de anos.[5]
O nome "alligator" é probablemente unha deformación feita polos falantes ingleses da palabra castelá lagarto, que era como lle chamaban ao aligátor os primeiros exploradores españois de Florida. Posteriores ortografías da palabra inglesa foron allagarta e alagarto, e finalmente acabou dando alligator, que se convertería tamén no nome científico.[6]
Descrición
[editar | editar a fonte]Un adulto medio de aligátor do Mississippi pesa uns 360 kg e mide uns 4,0 m de lonxitude, pero ás veces poden medrar ata chegar aos 4,4 m e aos 450 kg.[7] Os máis grandes que se rexistraron, atopados en Louisiana, medían 5,84 m.[8] O aligátor da China é menor e raramente supera os 2,1 m e os machos non pasan dos 45 kg .
Os aligátores adultos son negros ou de cor marrón oliva escura co ventre branco, mentres que os individuos novos teñen marcas amarelas ou brancas fortemente contrastadas que van difuminándose coa idade.[9]
Non se mediu a duración media da vida destes animais. En 1937, un espécime adulto levouse de Alemaña a un zoo de Serbia e agora ten polo menos 80 anos de idade.[10] Aínda que non existen rexistros válidos sobre a data de nacemento deste animal, é considerado o máis vello que vive en catividade.[11]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Os aligátores son nativos só dos Estados Unidos e a China.[12][13]
A especie de Norteamérica vive nos estados de Florida e Louisiana, e na parte sur de Xeorxia, Alabama, e Mississippi, e zonas costeiras de Carolina do Sur, Carolina do Norte e leste de Texas, na esquina máis sueste de Oklahoma, e no extremo sur de Arkansas. A maioría dos aligátores do Mississippi habitan en Florida e Louisiana, onde hai un millón de exemplares en cada estado. No sur de Florida é o único lugar onde os aligátores comparten o hábitat con crocodilos.[14][15]
O A. mississippiensis vive en ambientes de auga doce ou salobre, como charcas, pantanos, outras zonas húmidas, ríos, lagos e marismas.[16] Os buratos que escavan nas zonas húmidas contribúen a incrementar a diversidade de plantas e proporcionan un hábitat para outros animais durante os períodos de seca,[17] polo que se consideran unha especie importante para o mantemento da diversidade ecolóxica nas zonas húmidas.[18] Máis ao oeste, en Louisiana, o consumo de vexetación polos roedores Myocastor coypus e Ondatra zibethicus está causando graves danos ás zonas húmidas costeiras. Os grandes aligátores comen moitos destes roedores, polo que axudan ao seu control.[19]
O aligátor chinés actualmente encóntrase só no val do río Yangtzé e partes de provincias adxacentes,[13] e está en perigo extremo de desaparecer, xa que se cre que quedan só unhas poucas ducias vivindo libres na natureza. De feito, hai moitos máis vivindo en zoos de todo o mundo. No Rockefeller Wildlife Refuge no sur de Louisiana hai varios exemplares desa especie que se manteñen alí en catividade nun intento de conservar esa especie.
Comportamento
[editar | editar a fonte]
| |||||
Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda. |
| |||||
Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda. |
| |||||
Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda. |
Os grandes aligátores macho son animais solitarios e territoriais. Os aligátores máis pequenos poden encontrarse a miúdo en grandes cantidades uns xuntos aos outros. O exemplar máis grande da zona (macho ou femia) defende o territorio; os máis pequenos teñen unha maior tolerancia por outros aligátores de similar tamaño.
Os aligátores móvense por terra con dous tipos de macha, unha é unha "reptación" na que arrastran a barriga, e outra é a "marcha alta" na que se erguen sobre as súas catro patas levantando a barriga do chan.[20] Os aligátores tamén poden alzar o seu corpo e manterse en equilibrio sobre as patas posteriores e cola e avanzar uns pasos como parte das súas arremetidas cara a adiante ou cara a arriba. Porén, non poden camiñar sobre as súas patas traseiras longas distancias.[21][22][23]
Aínda que o aligátor ten un corpo pesado e un metabolismo lento, pode lanzarse á carreira rápida durante un curto tramo, especialmente en arremetidas moi curtas. A principal presa dos aligátores son os animais máis pequenos que poden matar e comer dun só bocado. Poden cazar tamén presas máis grandes ao agarralas cos dentes e arrastralas á auga para afogalas. Os aligátores consomen alimentos que non poden tragar enteiros deixando que apodrezan e estean máis moles, ou mordéndoos e xirando todo o seu corpo na auga ou movendo a cabeza enerxicamente a un lado e outro ata que esta se desgarra e despeza. Os xiros denomínanse "rolo da morte". Para iniciar estes xiros é esencial que a cola se flexione nun ángulo significativo, xa que un aligátor coa cola inmobilizada non pode realizalos.[24]
A maioría dos músculos da mandíbula do aligátor evolucionaron para morder e manter atrapada as presas. Os músculos que pechan a mandíbula son extraordinariamente poderosos, pero os que abren as manbíbulas son comparativamente febles. Como resultado, un home adulto pode manter pechadas as mandíbulas do animal simplemente apertándoas forte coas mans. Para transportalos abonda con utilizar unhas poucas voltas de fita americana arredor da súa mandíbula.[25]
Os aligátores son xeralmente tímidos cos humanos e tenden a marchar andando ou nadando se un se aproxima. Isto fai que algunhas persoas cometan a imprudencia de achegarse demasiado aos aligátores ou aos seus niños, provocando o ataque do animal. En Florida, está prohibido alimentar os aligátores, para que estes non perdan o medo aos humanos nin asocien os humanos coa comida, o que os faría máis perigosos para a xente e tamén acabaría sendo perigoso para eles.[26]
Os aligátores da China hibernan durante o inverno. Son bastante dóciles.
Dieta
[editar | editar a fonte]O tipo de alimentos que comen os aligátores de Norteamérica depende da súa idade e tamaño. Cando son novos, os aligátores comen peixes, insectos, caracois, crustáceos e vermes. A medida que maduran, comen presas progresivamene máis grandes, como peixes grandes como os lepisosteidos, tartarugas e diversos mamíferos, especialmente roedores como os coipús e ratas do almiscre,[16] xunto con aves, cervos e outros réptiles.[27][28] Consomen tamén prea se están famentos dabondo. Nalgúns casos, os aligátores máis grandes capturan cans, pumas de Florida e mesmo osos negros, polo que é un superdepredador en toda a súa área de distribución. O seu papel como depredador no cume da pirámide trófica pode determinar a abundancia das especies de presas, incluíndo tartarugas e roedores (como o M. coypus).[29][30] Os seus estómagos conteñen a miúdo pedras (gastrólitos) que o animal tragou para axudar á dixestión mecánica. A medida que os humanos invaden os seus hábitats, prodúcense algúns ataques a humanos, aínda que son pouco frecuentes. Os aligátores, a diferenza dos crocodilos, se encontran un humano non o consideran inmediatamente como unha presa, pero poden atacar para defenderse se son provocados.
Os aligátores da China comen peixes, ras e ratas, e raras veces animais domésticos. Son moi tímidos e non atacan aos humanos.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Os aligátores xeralmente maduran ata ter unha lonxitude de 1,8 m. A estación de apareamento é ao final da primavera. En abril e maio, os aligátores forman os chamados "coros de bramidos", nos cales grandes grupos destes animais braman xuntos durante algúns minutos unhas poucas veces ao día, xeralmente dunha a tres horas despois do mencer. Os bramidos dos aligátores norteamericanos machos están acompañados de poderosas emisións de infrasóns, que fan vibrar a auga.[31] Outra forma de exhibición do macho é un ruidoso golpe coa cabeza.[32] Recentemente, foron observados en primavera reunidos en grandes cantidades para formar grupos de cortexo, o que se denomina "danza do aligátor".[33]
En verán, a femia constrúe un niño de vexetación no que a descomposición da vexetación proporciona a calor necesaria para incubar os ovos. O sexo das crías está determinado pola temperatura do niño e queda fixado de 7 a 21 días despois de iniciada a incubación. As temperaturas de incubación de 30 °C ou inferiores producen unha camada principalmente de femias; e as de 34 °C ou maiores producen esencialmene machos. Os niños construídos sobre follas son máis quentes que os construídos sobre plantas húmidas, polo que os primeiros tenden a producir máis machos e os outros femias. A cría de aligátor ten na cabeza un dente de ovo que lle axuda a romper a casca do ovo desde dentro cando é o momento de eclosionar. A proporción de sexos natural é de cinco femias por cada macho. As femias que nacen de ovos incubados a 30 °C pesan significativamente máis que os machos que nacen de ovos incubados a 34 °C.[34] A nai defende o niño dos predadores e axuda ás crías a chegar á auga. Proporciona protección aos seus fillos ata que teñen un ano de idade se permanecen na área. A maior ameaza para as crías son os aligátores adultos. A predación das crías polos adultos pode orixinar unha taxa de mortalidade de ata o 50% no primeiro ano. No pasado, inmediatamente despois da prohibición da caza do aligátor, as poboacións ceceron rapidamente debido a que había poucos adultos que comesen as crías, o que incrementou a supervivencia das crías. Actualmente a poboación recuperouse e danse licenzas de cazador de aligátores nalgúns estados.[35]
Os aligátores da China fan coros de bramidos durante a primavera, nos cales participan tanto machos coma femias. Os machos aparéanse cunha soa femia en cada estación, e esta pon de 20 a 30 ovos, que son os ovos máis pequenos entre os crocodilianos.[36][37][38]
Anatomía
[editar | editar a fonte]Nos aligátores, igual que nas aves, o movemento do aire dentro dos pulmóns é unidireccional.[39] A maioría dos demais amniotas teñen un movemento de aire bidireccional ou respiración mareal. Para un animal con respiración bidireccional, como os mamíferos, o aire flúe dentro e fóra dos pulmóns por medio de bronquios que se ramifican e son cada vez máis pequenos, que rematan en pequenas cámaras cegas chamadas alvéolos. Como os alvéolos son sacos cegos para o fluxo de aire, o aire inspirado debe moverse cara a atrás polos mesmos condutos polos que entrou. A diferenza disto, o aire nos pulmóns dos aligátores fai un circuíto, movéndose só nunha dirección a través dos seus parabronquios. A aire entra primeiro na rama externa, móvese polos parabronquios e sae do pulmón pola rama interna. A extensa rede de vasos sanguíneos arredor dos parabronquios fai o intercambio de oxíxeno e dióxido de carbono entre o aire e o sangue.[40]
Teñen colas planas musculares que os propulsan ao nadar.
Poden orixinarse exemplares de aligátores brancos de dous tipos: albinos e leucísticos. Estes aligátores son practicamente imposibles de atopar na natureza. Sobreviven só en catividade e son escasos.[41][42] Non obstante, no Aquarium of the Americas de Nova Orleáns hai aligátores leucísticos que foron atopados na natureza nun pantano de Louisiana en 1987.[42]
Usos humanos
[editar | editar a fonte]Os aligátores críanse comercialmente para aproveitar a súa carne e pel, que se utiliza para facer bolsos e zapatos. Tamén proporcionan beneficios económicos á industria do ecoturismo. Os visitantes dos parques poden facer excursións polos pantanos onde abundan os aligátores. O principal beneficio que proporcionan aos humanos é o control de roedores como os coipús e ratas de almiscre.[43]
A carne de aligátor é tamén comida polos humanos.[44][45] Un dato curioso é que en 2010 o arcebispo católico de Nova Orleáns decretou que para propósitos do xexún de carne que realizan algúns católicos, a carne de aligátor era considerada carne de peixe.[46]
Galería
[editar | editar a fonte]-
O aligátor do Mississippi ou norteamericano (A. mississippiensis)
-
O aligátor da China (A. sinensis)
-
Un aligátor no Parque Nacional dos Everglades
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo I. Páxina 141. ISBN 84-7680-288-7 (da colección).
- ↑ Dicionario Digalego aligátor
- ↑ 3,0 3,1 Forma recomendada polo SNL da USC a partir da proposta do Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. [1]
- ↑ VV.AA (2006): Diciopedia do Século 21. Galaxia, Vigo.ISBN 978-84-8288-942-9
- ↑ "Fossilworks: Alligatoridae". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2016.
- ↑ Morgan, G. S., Richard, F., & Crombie, R. I. (1993). The Cuban crocodile, Crocodylus rhombifer, from late quaternary fossil deposits on Grand Cayman. Caribbean Journal of Science, 29(3-4), 153-164. [2] Arquivado 29 de marzo de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ "American Alligator and our National Parks". eparks.org. Arquivado dende o orixinal o 2016-03-04. Consultado o 2016-05-01.
- ↑ "Alligator mississippiensis". alligatorfur.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 2016-05-01.
- ↑ "Crocodilian Species – American Alligator (Alligator mississippiensis)". crocodilian.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2011. Consultado o 06 de decembro de 2016.
- ↑ "Oldest alligator in the world". b92.net. Consultado o 2012-02-08.
- ↑ "The oldest alligator living in captivity". shekoos.wordpress.com. 2012-02-22. Consultado o 2013-08-07.
- ↑ Crocodile Specialist Group. 1996. Alligator mississippiensis. The IUCN Red List of Threatened Species 1996. Descargado o 27 de agosto de 2016.
- ↑ 13,0 13,1 Crocodile Specialist Group. 1996. Alligator sinensis. The IUCN Red List of Threatened Species 1996. Descargado o 27 de agosto de 2016.
- ↑ "Trappers catch crocodile in Lake Tarpon," Tampa Bay Times, 12 de xullo de 2013
- ↑ "Species Profile: American Alligator (Alligator mississippiensis) – SREL Herpetology". uga.edu. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2023. Consultado o 17 de novembo de 2015.
- ↑ 16,0 16,1 Dundee, H. A., and D. A. Rossman. 1989. The Amphibians and Reptiles of Louisiana. Baton Rouge: Louisiana State University Press.
- ↑ Craighead, F. C., Sr. (1968). The role of the alligator in shaping plant communities and maintaining wildlife in the southern Everglades. The Florida Naturalist, 41, 2–7, 69–74.
- ↑ Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p. Chapter 4.
- ↑ Keddy, P.A., L. Gough, J.A. Nyman, T. McFalls, J. Carter and J. Siegrist. 2009. Alligator hunters, pelt traders, and runaway consumption of Gulf coast marshes: A trophic cascade perspective on coastal wetland losses. p. 115-133 in B.R. Silliman, E.D. Grosholz, and M.D. Bertness (eds.) Human Impacts on Salt Marshes. A Global Perspective. University of California Press, Berkeley, CA
- ↑ Reilly & Elias, Locomotion In Alligator Mississippiensis: Kinematic Effects Of Speed And Posture and Their Relevance To The Sprawling-to-Erect Paradigm The Journal of Experimental Biology 201, 2559–2574 (1998)
- ↑ zooguy2 Alligator Leap Consultado o 19 de marzo de 2015
- ↑ Answers to Some Nagging Questions The Washington Post, Kids Post, xoves 17 de xaneiro de 2008, consultado o 19 de marzo de 2015
- ↑ Alligator Attacks White Ibis Chick & Jumps Vertically at Pinckney Island Karen Marts Video, consultado o 29 de novembro de 2015
- ↑ Fish, Frank E.; Bostic, Sandra A.; Nicastro, Anthony J.; Beneski, John T. (2007). "Death roll of the alligator: mechanics of twist feeding in water" (PDF). The Journal of Experimental Biology 210 (16): 2811–2818. PMID 17690228. doi:10.1242/jeb.004267. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xullo de 2011. Consultado o 06 de decembro de 2016.
- ↑ Crocodilian Captive Care FAQ: Arquivado 25 de xullo de 2011 en Wayback Machine. How to properly handle/transport crocodilians etc.
- ↑ "Living with Alligators". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2010. Consultado o 06 de decembro de 2016.
- ↑ Wolfe, J. L., D. K. Bradshaw, and R. H. Chabreck. 1987. Alligator feeding habits: New data and a review. Northeast Gulf Science 9: 1–8.
- ↑ Gabrey, S. W. 2005. Impacts of the coypu removal program on the diet of American alligators (Alligator mississippiensis) in south Louisiana. Report to Louisiana Department of Wildlife and Fisheries, New Orleans.
- ↑ Bondavalli, C., and R. E. Ulanowicz. 1998. Unexpected effects of predators upon their prey: The case of the American alligator. Ecosystems 2: 49–63.
- ↑ Keddy, P.A., L. Gough, J.A. Nyman, T. McFalls, J. Carter and J. Siegrist. 2009. Alligator hunters, pelt traders, and runaway consumption of Gulf coast marshes: A trophic cascade perspective on coastal wetland losses. p. 115-133 in B.R. Silliman, E.D. Grosholz, and M.D. Bertness (eds.) Human Impacts on Salt Marshes. A Global Perspective. University of California Press, Berkeley, CA.
- ↑ "Can Animals Predict Disaster? - Listening to Infrasound | Nature". PBS. 2004-12-26. Consultado o 2013-11-27.
- ↑ Garrick, L. D.; Lang, J. W. (1977). "Social Displays of the American Alligator". American Zoologist 17: 225–239.
- ↑ Dinets, V. (2010). "Nocturnal behavior of the American Alligator (Alligator mississippiensis) in the wild during the mating season" (PDF). Herpetological Bulletin 111: 4–11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de decembro de 2012. Consultado o 06 de decembro de 2016.
- ↑ Mark W. J. Ferguson; Ted Joanen (1982). "Temperature of egg incubation determines sex in Alligator mississippiensis". Nature 296 (5860): 850–853. PMID 7070524. doi:10.1038/296850a0.
- ↑ Departmento of Wilñdlife and Fisheries. State of louisiana. Alligator Hunting
- ↑ Wang, Xianyan, et al. "Why do Chinese alligators (Alligator sinensis) form bellowing choruses: A playback approach." The Journal of the Acoustical Society of America 126 (2009): 2082.
- ↑ Neill, W. 1971. The Last of the Ruling Reptiles: Alligators, Crocodiles, and Their Kin. New York: Columbia University Press.
- ↑ Thorbjarnarson, John; Wang, Xiaoming (2010). The Chinese Alligator: Ecology, Behavior, Conservation, and Culture. Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-9348-8.
- ↑ Farmer, C. G.; Sanders, K. (xaneiro de 2010). "Unidirectional Airflow in the Lungs of Alligators". Science 327 (5963): 338–340. PMID 20075253. doi:10.1126/science.1180219.
- ↑ Science News; 13 de febreiro de 2010; páxina 11
- ↑ "White albino alligators". softpedia.com. Consultado o 2008-10-27.
- ↑ 42,0 42,1 "Mississippi River Gallery". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2013. Consultado o 06 de decembro de 2016.
- ↑ Keddy, P. A., Gough, L., Nyman, J. A., McFalls, T., Carter, J., and Siegnist, J. (2009a). Alligator hunters, pelt traders, and runaway consumption of Gulf coast marshes: a trophic cascade perspective on coastal wetland losses. In Human Impacts on Salt Marshes: A Global Perspective, eds. B. R. Silliman, E. D. Grosholz, and M. D. Bertness, pp. 115–33. Berkeley, CA: University of California Press.
- ↑ "IFIS Dictionary of Food Science and Technology". google.com. Consultado o 17 de novembro de 2015.
- ↑ "Marine and Freshwater Products Handbook". google.com. Consultado o 17 de novembro de 2015.
- ↑ The Tablet, 22 de marzo de 2014, páxina 15
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aligátor |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Crocodilian Online Arquivado 08 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
- Photo exhibit on alligators in Florida; posto a disposición pública polos State Archives of Florida
- Interview Seminole alligator wrestler; posto a disposición pública polos State Archives of Florida