[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Alosinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alosinae»)
Alosinos
Alosinae

Alosa fallax
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Clupeiformes
Suborde: Clupeoidei
Familia: Clupeidae
Subfamilia: Alosinae
Svetovidov, 1953
Xéneros e Especies
  • Véxase texto

A dos alosinos (Alosinae) é unha subfamilia de peixes teleósteos da familia dos clupeidos (Clupeidae). Máis da metade das súas especies, pertencentes ao xénero Alosa, habitan en augas europeas e do Atlántico occidental, mentres que as demais se distribúen polo oeste de África, a rexión Indo-Pacífica e o Pacífico oriental.

Características

[editar | editar a fonte]

Os alosinos son relativamente grandes, comparados con outros clupeidos. Algunhas especies poden chegar aos 60 cm de longo, pero o tamaño medio é de 20 a 30 cm. O seu ventre é escamoso, e o xénero Ethmidium tamén presenta escamas na parte anterior do lombo (antes da aleta dorsal).

A aleta dorsal está situada no centro do lombo, e as aletas pelvianas están implantadas xusto por debaixo dela. A aleta anal é curta e está claramente por detrás da aleta dorsal. As aletas pelvianas están sostidas por de seis a oito raios brandos.

Algunhas especies teñen moellas no tubo dixestivo.

A súa cor é xeralmente prateada, cunha mancha escura a miúdo detrás das aberturas branquiais (opérculos, e algunhas especies teñen tamén unha fila de puntos ao longo dos flancos do corpo.

Hábitat e bioloxía

[editar | editar a fonte]

As especies dos Alosinae viven no mar cerca da costa, nas augas salobres dos esteiros e tamén as hai de auga doce. Algunhas especies son anádromas (migran do mar para os ríos para reproducírense)

Todas as especies forman cardumes.

Aliméntanse de diversos invertebrados e pequenos peixes. Algúns son filtradores (xénero Ethmalosa) alimentándose de fitoplancto.

Xéneros e especies

[editar | editar a fonte]
Brevoortia tyrannus.
Ethmalosa fimbriata.
Tenualosa ilisha.

Moitas especies, especialmente dos xéneros Alosa, Brevoortia e Tenualosa son de importancia económica para a pesca.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
  • Whitehead Peter J. P. (2005): Clupeoid fishes of the world (Suborder Clupeoidei). An annotated and illustrated catalogue of the herrings, sardines, pilchards, sprats, shads, anchovies, and wolf-herrings. Part 1. Chirocentridae, Clupeidae and Pristigasteridae. pp. 26–32. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Nº 7. Roma: FAO. Resumo en PDF

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]