[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Música irlandesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Irlanda no que se atopa representada a arpa gaélica, emblema heráldico tradicional do país.
Bodhrán irlandés.

A música irlandesa é un termo co que se coñece a un conxunto de xéneros musicais que tiveron ou teñen presenza na illa de Irlanda.

A música orixinaria da illa é a que se coñece como música tradicional irlandesa, que se mantivo con gran vitalidade e ben conservada a pesar das forzas da globalización cultural. Os séculos XX e XXI supuxeron o rexurdir definitivo deste tipo de música, que a pesar da emigración e da forte influencia do Reino Unido e dos Estados Unidos, soubo manter as súas raíces con poucas influencias externas. De feito, a música tradicional de Irlanda tivo un papel moi importante no desenvolvemento da música country nos Estados Unidos.

Na actualidade, son frecuentes as fusións deste tipo de música co Rock and roll, o punk, o folk metal e outros xéneros.

Por outra banda, a música irlandesa acadou unha gran difusión e éxito internacional nas últimas décadas e en moitos xéneros diferentes. Con todo, os xéneros de máis éxito foron a música tradicional e o rock. Entre os artistas musicais de Irlanda destacan os seguintes polo seu éxito nacional e internacional: U2, Enya, Westlife, Boyzone, Phil Lynott e Thin Lizzy, Gary Moore, Rory Gallagher, Horslips, Bob Geldof e The Boomtown Rats, Clannad, Stiff Little Fingers, Altan, Frank Patterson, The Corrs, The Dubliners, The Chieftains, The Bothy Band, De Dannan, The Divine Comedy, Josef Locke, The Irish Tenors, Van Morrison, Therapy?, The Saw Doctors, Planxty, The Wolfe Tones, Snow Patrol, The Cranberries, In Tua Nua, The Undertones, Ash, B*Witched, Nadine Coyle, The Hothouse Flowers, The Script, Two Door Cinema Club, Something Happens, The Clancy Brothers, Tommy Makem, Dana, Mundy, Sinéad O'Connor, Paul Brady, Christy Moore, Dónal Lunny, Val Doonican, Ronnie Drew, Luke Kelly, Ruby Murray, Peter Cunnah (de D:Ream), Daniel O'Donnell, Bridie Gallagher, Brendan Bowyer, Gilbert O'Sullivan, Mary Black, Sir James Galway, Johnny Logan, Bill Whelan (de Riverdance), Damien Rice, Phil Coulter, Glen Hansard e Celtic Woman.