[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Enya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEnya

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ga) Eithne Pádraigín Ní Bhraonáin Editar o valor en Wikidata
17 de maio de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Gaoth Dobhair, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Outros nomesEnya Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, pianista, compositora, compositora de cancións, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Clannad (1980–1982) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNew age, Música celta e pop operático (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
TesituraMezzosoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoPiano e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoWarner Music Group Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiLeo Brennan Editar o valor en Wikidata
IrmánsMoya Brennan
Brídín Brennan
Pól Brennan
Ciarán Brennan Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webenya.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0258216 Rottentomatoes: celebrity/enya Metacritic: person/enya
Facebook: officialenya Twitter: official_enya Instagram: official_enya MySpace: enyaofficially Youtube: UCNIlkuT0DYEc8aFbv3YcvdQ BNE: XX1381070 Souncloud: enya Spotify: 6uothxMWeLWIhsGeF7cyo4 iTunes: 160847 Last fm: Enya Musicbrainz: 4967c0a1-b9f3-465e-8440-4598fd9fc33c Songkick: 552446 Discogs: 9807 Allmusic: mn0000988471 WikiTree: Ní_Bhraonáin-1 Deezer: 487 Genius: Enya Editar o valor en Wikidata

Enya, pseudónimo de Eithne Pádraigín Ní Bhraonáin, nada o 17 de maio de 1961 no condado de Donegal (Dún na n'Gall), é unha cantante irlandesa.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciouse na carreira musical cun grupo de música celta chamado Clannad, que significa "Familia".[2] Pertencente a unha familia de músicos,[3] en 1982 uniuse a Nicky e Roma Ryan coa intención de compor bandas sonoras para películas: a primeira encarga importante foi para o documental británico The Celts; aínda que o éxito chegou da man de Watermark, que sentou o esquema xeral que ían seguir todos os seus discos. Dende 1987, a cantante compón e produce as súas propias obras.

Xunto a algúns temas instrumentais, acostuman ter un oco as cancións na súa lingua materna, o irlandés, e ás veces en latín. Así mesmo, ten cancións en galés, español, as linguas imaxinarias d´O Señor dos Aneis ou o xaponés.[4] Mais a lingua maioritaria é o inglés.

Nos seus discos podemos encontrar música con piano ou melodías atomizadas. As súas gravacións son a base de superposición de voces modificadas con sintetizadores.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • The Frog Prince (1985)
  • Enya (1987)
  • Watermark (1988)
  • Shepherd Moons (1991)
  • The Celts (1992, reedición de Enya)
  • The Memory of Trees (1995)
  • Paint the sky with stars: The best of Enya (1997)
  • A Day Without Rain (2000)
  • The Lord of The Rings (Part I): as cancións "The Fellowship of the Ring" e "May It Be" (2001).
  • Amarantine (21 de novembro de 2005)
  • And Winter Came... (2008)
  • Dark Sky Island (2015)
  1. Larkin, Colin (27 de maio de 2011). Omnibus Press, ed. The Encyclopedia of Popular Music. p. 972. ISBN 9780857125958. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  2. Azerrad, Michael (Maio de 1989). "Enya: Clannad's Little Sister Sails Away". Musician. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  3. Musicandmeaning, ed. (1996). "Enya interview on KSCA-FM (Transcript) – Part 2". 
  4. "Enya Profile – Celtic New Age Music Star Enya". Worldmusic.about.com. Archived from the original on 13 de xullo de 2009. Consultado o 20 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]