Lingua azarí
Azarí Azərbaycan dili/Азәрбајҹан дили/آذربایجان دیلی | ||
---|---|---|
Falado en: | Acerbaixán, Irán, Xeorxia, Iraq, Rusia, Turquía e Ucraína | |
Rexións: | Cáucaso | |
Total de falantes: | 25 millóns | |
Familia: | Linguas altaicas (controversia) Linguas turcas Linguas oghuz Azarí | |
Escrita: | Alfabeto latino, cirílico e árabe | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Acerbaixán | |
Regulado por: | Non regulado | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | az
| |
ISO 639-2: | aze | |
ISO 639-3: | aze
| |
Mapa | ||
Status | ||
|
O azarí,[2] tamén coñecido como azerí[3] ou acerbaixano,[4] é a lingua oficial de Acerbaixán. Os falantes deste idioma denomínano azərbaycan. Presenta varios dialectos falados en varios países veciños coma Irán, Rusia (no Daguestán), Xeorxia, Iraq e Turquía. Estímase que entre 20 e 50 millóns de persoas falan azarí. É unha lingua altaica, da rama oghuz, moi relacionada co turco e influenciada polo persa e o árabe.
Nomenclatura
[editar | editar a fonte]Durante o período inicial da República de Acerbaixán, o idioma denominábase "Türkdili" ("turco"), pero dende 1994 úsase o nome "Azərbaycan dili" ("azarí"). En moitas partes de Irán denomínase ó azarí turki ou torki, chamando ó turco turco de Istambul. Algúns expertos considérano un dialecto do turco, aínda que o código ISO denomínao "azarí".
Historia e evolución
[editar | editar a fonte]O autor medieval Ibn al-Nadim, na súa obra Al-fihrist, menciona que nas zonas da antiga Persia, incluído o territorio da actual República de Acerbaixán, falábase unha lingua distinta. Así, cita as linguas de raíz iraniana: fahlavi (pahlavi), dari, juzi, farsi (persa), e seryaní.
O dari, que xurdiu na zona leste de Irán, sería a lingua usada nas Cortes Reais. O parsi sería a lingua propia da relixión zoroástrica.
Os estudos etimolóxicos apuntan que os dialectos actuais que se falan nas rexións de Bakú, Jaljal e Semnan xurdiron dunha lingua común.
Crese que a forma turca que presenta actualmente o azarí substituíu o pahlavi durante a chegada dos pobos turcos.
Literatura
[editar | editar a fonte]A literatura clásica azarí xurdiu no século XI, baseada nos dialectos Tabriz e Shervan. A literatura moderna de Acerbaixán está baseada no dialecto shervani, mentres que en Irán se basea no tabrizí. No 1875 publicouse o primeiro xornal en azarí, Əkinçi. Durante o período soviético, o azarí foi usado como lingua franca entre tódolos pobos de etnia turca que habitaban a Unión Soviética.
A mediados do século XIX aprendíase nas escolas de Bakú, Gandja, Saki, Tbilisi e Ereván. Dende 1845 pódese estudar na Universidade de San Petersburgo, Rusia.
Alfabetos
[editar | editar a fonte]Oficialmente, o azarí usa o alfabeto latino inda que o alfabeto cirílico está amplamente difundido e aínda é oficial no Daguestán. Existe total correspondencia entre os dous alfabetos, que dá ó cirílico unha orde distinta da habitual:
Aa Аа, Əə Әә, Bb Бб, Cc Ҹҹ, Çç Чч, Dd Дд, Ee Ее, Ff Фф, Gg Ҝҝ, Ğğ Ғғ, Hh Һһ, Xx Хх, Iı Ыы, İi Ии, Jj Жж, Kk Кк, Qq Гг, Ll Лл, Mm Мм, Nn Нн, Oo Оо, Öö Өө, Pp Пп, Rr Рр, Ss Сс, Şş Шш, Tt Тт, Uu Уу, Üü Үү, Vv Вв, Yy Јј, Zz Зз.
Ata 1929, só se usou o alfabeto árabe. Entre 1929 e 1938 usouse o alfabeto latino inda que de forma distinta á que se usa hoxe. A partir dese ano e ata 1991 usouse o alfabeto cirílico. Dende ese ano e ata a actualidade houbo un lento período de transición ó alfabeto latino. Os falantes de azarí en Irán continúan usando o alfabeto árabe.
Se está escrito en alfabeto latino, as palabras estranxeiras tradúcense á súa propia pronuncia. Por exemplo: "Bush" escríbese "Buş", e "Schröder", "Şröder".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definición de azarí no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "azerí". TERGAL. Consultado o 22/03/2019.
- ↑ Definición de acerbaixano, -a no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua azarí |
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua azarí |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Instituto de Lingüística da Academia de Ciencias de Acerbaixán (en azarí) (en ruso) (en inglés)
- azeri.org (en inglés)