Liz Truss
Mary Elizabeth Truss, nada en Oxford o 26 de xullo de 1975,[1] é unha política británica, que foi primeira ministra do Reino Unido e líder do Partido Conservador durante seis semanas, dende setembro a outubro de 2022. Foi secretaria de estado para as relacións exteriores dende 2021 ata 2022 e ministra da Muller e Igualdade dende 2019 ata 2022, tamén foi membro do parlamento por South West Norfolk dende 2010.[2] Ocupou varios postos no gabinete dos primeiros ministros David Cameron, Theresa May e Boris Johnson.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Truss fixo os estudos universitarios no Merton College (Universidade de Oxford), onde foi presidenta da organización estudantil dos Liberais Demócratas da Universidade de Oxford. Graduouse de Oxford en 1996 e posteriormente uniuse ao Partido Conservador.[3] Traballou en vendas e como economista, e foi subdirectora do grupo de expertos Reforma, antes de converterse en membro do parlamento nas eleccións xerais de 2010. Como parlamentaria, Truss pediu reformas nunha serie de áreas políticas, incluído o coidado da infnacia, a educación matemática e a economía.[4] Fundou o Free Enterprise Group of Conservative MPs e foi autora ou coautora dunha serie de artigos e libros, como After the Coalition (2011) e Britannia Unchained (2012).
Truss ocupou o cargo de Subsecretaria de Estado Parlamentario para o Coidado Infantil e a Educación de 2012 a 2014,[5] antes de ser nomeada membro do Gabinete polo primeiro ministro David Cameron como Secretaria de Estado de Medio Natural, Alimentación e Asuntos Rurais na reorganización do gabinete de 2014. Aínda que foi unha partidaria destacada da fracasada campaña Britain Stronger in Europe para que o Reino Unido permanecese na Unión Europea no referendo de 2016, chegou a apoiar o Brexit despois do resultado.[6]
Despois de que Cameron renunciase en xullo de 2016, Theresa May nomeouna Secretaria de Estado de Xustiza e Lord Chanceler, segunda muller nos mil anos de historia da oficina (despois de Leonor da Provenza en 1253).[7][8][9] Tralas eleccións xerais de 2017, Truss foi nomeada secretaria en xefe do Tesouro.[10] Despois da renuncia de May en 2019, apoiou a aposta de Boris Johnson para converterse en líder conservador. Cando Johnson foi nomeado primeiro ministro, nomeou a Truss Secretaria de Estado de Comercio Internacional e Presidenta da Xunta de Comercio, antes de convertela en ministra de Relacións Exteriores en 2021, en substitución de Dominic Raab. Truss foi nomeada negociadora principal do goberno do Reino Unido coa Unión Europea e presidenta do Consello de Asociación UE-Reino Unido o 19 de decembro de 2021, sucedendo a Lord Frost.[11]
Predecesor: Boris Johnson |
Primeira Ministra do Reino Unido setembro-outubro 2022 |
Sucesor: Rishi Sunak |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ McSmith, Andy (18 de xullo de 2014). "Liz Truss: Conqueror of the Turnip Taliban". Consultado o 8 de agosto de 2019.
- ↑ "Norfolk MP Liz Truss made international trade secretary". 24 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2019. Consultado o 06 de setembro de 2022.
- ↑ "BBC Democracy Live: Elizabeth Truss MP". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2014. Consultado o 25 de xullo de 2010.
- ↑ Asthana, Anushka (9 de xuño de 2012). "The lady's for turning, right from CND to Conservative". The Times. Consultado o 30 de xullo de 2012.
- ↑ "Chief Secretary to the Treasury: The Rt Hon Elizabeth Truss MP". gov.uk. 2012. Consultado o 11 de setembro de 2012.
- ↑ Chambre, Agnes (11 de outubro de 2017). "Liz Truss says she would now back Brexit". Politics Home. Consultado o 20 de decembro de 2021.
- ↑ Bowcott, Owen (21 de xullo de 2016). "Liz Truss sworn in as first ever female lord chancellor". Consultado o 30 de xaneiro de 2017.
- ↑ Griffiths, Emma (14 de xullo de 2016). "Cabinet: Leadsom in, Gove out, Hunt stays: Round-up of today's news". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2016. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ Gerber, Louis (14 de xullo de 2016). "Liz Truss is the new Secretary of Justice". Suíza. Consultado o 17 de xullo de 2016.
- ↑ "Theresa May carries out Cabinet reshuffle". 11 de xuño de 2017. Consultado o 11 de xuño de 2017.
- ↑ "Ministerial appointments: 19 December 2021". GOV.UK. Consultado o 19 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Reino Unido |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 17 de xuño de 2022 en Wayback Machine.
- Páxina do goberno británico (en inglés)
- Biografía CIDOB (en castelán)