[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lee Kuan Yew

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLee Kuan Yew
Ordem de São Miguel e São Jorge (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

(2002) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zh) 李光耀 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Singapur Editar o valor en Wikidata
Morte23 de marzo de 2015 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Singapore General Hospital, Singapur (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMandai Crematorium and Columbarium (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Minister Mentor (en) Traducir
12 de agosto de 2004 – 20 de maio de 2011
Senior Minister (en) Traducir
28 de novembro de 1990 – 11 de agosto de 2004
Member of the Dewan Rakyat (en) Traducir
2 de novembro de 1963 – 9 de agosto de 1965
Primeiro ministro de Singapur
5 de xuño de 1959 – 28 de novembro de 1990
← Lim Yew Hock (en) TraducirGoh Chok Tong (pt) Traducir →
Membro do Parlamento de Singapura (pt) Traducir
22 de abril de 1955 – 23 de marzo de 2015
Circunscrición electoral: Tanjong Pagar Group Representation Constituency (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSingapore General Hospital (en) Traducir (2015–2015)
38 Oxley Road (en) Traducir (década de 1940–2015) Editar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónFitzwilliam College, Cambridge (pt) Traducir
Instituto Raffles (pt) Traducir
Universidade Nacional de Singapura (pt) Traducir
Universidade de Cambridge
London School of Economics
Universidade de Londres Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo, estadista, avogado, autobiógrafo, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido de Acción Popular Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKwa Geok Choo (1950–2010) Editar o valor en Wikidata
FillosLee Hsien Loong, Lee Wei Ling, Lee Hsien Yang Editar o valor en Wikidata
PaisLee Chin Koon Editar o valor en Wikidata  e Chua Jim Neo Editar o valor en Wikidata
IrmánsFreddy Lee Editar o valor en Wikidata
ParentesLee Choo Neo, tía Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ли Куан Ю)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2285412 WikiTree: 李-4 Editar o valor en Wikidata

Lee Kuan Yew, coñecido polas súas iniciais LKY e ás veces referido nos seus primeiros anos como Harry Lee, nado en Singapur o 16 de setembro de 1923 e finado na mesma cidade o 23 de marzo de 2015, foi o primeiro Primeiro Ministro de Singapur, gobernando durante tres décadas. [1][2][3]

Como cofundador e primeiro secretario xeral do Partido de Acción Popular (PAP), liderou o partido nunha vitoria esmagadora en 1959, participou na separación de Singapur da Federación Malaia en 1965 e nas transformacións dunha colonia relativamente subdesenvolvida sen recursos no primeiro mundo. Foi unha das figuras políticas máis influentes do Sueste asiático.

Baixo a administración do segundo primeiro ministro de Singapur, Goh Chok Tong, traballou como Ministro Senior. Ostentou o cargo de Ministro Mentor, un posto creado polo seu fillo, Lee Hsien Loong, que se converteu no terceiro primeiro ministro o 12 de agosto de 2004.[4][5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Descendente dunha familia adiñeirada de etnia chinesa, Lee naceu o 16 de setembro de 1923 no Singapur baixo dominio británico (92 Kampong Java Road de Singapur). Os seus pais foron Lee Chin Koon e Chua Jim Neo. En 1950 casou oficialmente con Kwa Geok Choo, con quen tivo dous fillos, Lee Hsien Loong e Le Hsien Yang, e unha filla, Le Wei Ling.[6]

Cando terminou os seus estudos en Londres, regresou a Singapur, comezou a mellorar o seu mandarín e hokkien, prestando máis interese aos valores asiáticos e entrou a militar no Partido de Acción Popular, co que foi primeiro ministro de Singapur de 1959 a 1990. Por iso, é lembrado como "o pai da patria". Exerceu un goberno estrito no social, mais profundamente capitalista, que impulsou a economía da nova nación ata convertela nun dos países máis competitivos do mundo.

Durante o seu mandato promoveu a idea dos valores asiáticos, fronte ao concepto de democracia occidental, como modelo de desenvolvemento para as sociedades de Asia Oriental. Así, o goberno do Singapur independente caracterizouse pola rixidez na aplicación das súas regulamentacións, con medidas controvertidas como a prohibición de comerciar a goma de mascar.[7] Igualmente, ás veces foron controvertidos os seus intentos de enxeñaría social, ou a idea de construír unha Gran China formada polos chineses de todo o mundo.[8] "A afinidade de raza, cultura e lingua é a base das relacións de negocios", dixo nunha ocasión.[8]

Certos observadores afirmaron que algunhas das súas medidas contribuíron ao éxito económico de Singapur, lugar famoso pola limpeza das súas rúas e os baixos índices de delincuencia. Con todo, outros denunciaron este carácter autoritario, acusando a Lee de ditador.

Lee, a pesar de deixar o cargo de primeiro ministro en 1990, seguiu no goberno como ministro sen carteira; primeiro como Senior Minister mentres Goh Chok Tong foi primeiro ministro ata 2004; e dende entón Mentor Minister, pois cando o seu fillo Lee Hsien Loong substituíu a Goh Chok Tong como primeiro ministro, este último asumiu o cargo de Senior Minister.[4][5]

Moitos aplaudiron o seu modelo de desenvolvemento económico e outros consideraron que este se acadou en detrimento dunha sociedade plenamente democrática. A comezos de 2015, foi internado de urxencia debido a unha pneumonía grave e posteriormente foi conectado a máquinas para mantelo con vida. Finalmente, faleceu o 23 de marzo á madrugada. Aínda que deixara de ser primeiro ministro en 1990, ata o seu último día mantivo o seu posto no goberno e a súa acta de parlamentario.

  1. "Condolence Messages from Our Partners". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2016. 
  2. Allison, Graham (28 de marzo de 2015). "Lee Kuan Yew: Lessons for leaders from Asia's 'Grand Master'". CNN. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  3. Weatherbee, Donald E. (2008). Historical Dictionary of United States-Southeast Asia Relations. Scarecrow Press. p. 213. ISBN 9780810864054. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Why it's no change in Singapore". The Editor (press review) (Londres: guardian.co.uk). 16 de agosto de 2004. 
  5. 5,0 5,1 "Singapore told to feel free". Londres. 13 de agosto de 2004. 
  6. "The Cabinet - Mr LEE Kuan Yew". Consultado o 26 de abril de 2008. 
  7. ""No se acaba el mundo por vivir sin chicle"". Consultado o 9 de xaneiro de 2010. 
  8. 8,0 8,1 "Primero Asia, luego, ¡el mundo!". Consultado o 9 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]