[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lago Issyk-Kul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaLago Issyk-Kul
Imaxe
Tipolago endorreico
lago Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaKirguizistán Editar o valor en Wikidata
División administrativaRexión de Isiq-Köl, Kirguizistán Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°25′00″N 77°15′00″L / 42.416666666667, 77.25
Afluentes
Características
Altitude1.606 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade668 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións60 (ancho) × 182 (lonxitude) km
Perímetro688 km Editar o valor en Wikidata
Superficie6.236 km² Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica21.900 km² Editar o valor en Wikidata
Sitio Ramsar
Medicións
Volume físico1.738 km³ Editar o valor en Wikidata

O lago Issyk-Kul, tamén chamado Ysyk Köl (en kirguiz: Ысык - Көл; en ruso: Иссык-Куль) é un lago endorreico de Asia Central, situado no límite nororiental do Tian Shan, ao nordés de Kirguizistán. É o sétimo lago máis profundo do mundo, o décimo con maior volume e o segundo lago salgado tralo mar Caspio. Issyk-Kul significa "lago quente" en kirguiz; aínda que está arrodeado de picos nevados, nunca xea.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Ten unha lonxitude de 182 km, e un largo de 60 km, cunha superficie total de 6280 km², que o converten no segundo lago de montaña máis grande do mundo, despois do lago Titicaca. A súa altura media é de 1609 metros sobre o nivel do mar[2] e a súa profundidade máxima é de 702 m.[3][2] A súa profundidade media é de 278,4 m[2]Ocupa unha conca pechada de orixe tectónica. Ten unha capacidade de 1738 km³ de auga.[4][3]

O lago é levemente salino, e permanece libre de xeo durante o invierno. É alimentado por mananciais e polo desxeo na primavera. A súa beira sur está dominada pola cordilleira o Tian Shan.

Durante a era soviética, o lago converteuse nun popular destino de vacacións, con numerosos sanatorios e casas de vacacións na beira norte, moitas concentradas na cidade de Cholpon-Ata e os seus arredores. Entrou en decadencia coa disolución da Unión Soviética, mais posteriormente volveron abrirse complexos hoteleiros e casas para alugar.

Lápida nestoriana con inscricións en uigur atopada en Issyk-Kul, datada en 1312

O lago Issyk-Kul era unha parada da ruta da seda que unía extremo oriente e Europa. O lago foi propiedade da dinastía Qing da China e posteriormente cedido a Rusia xunto que territorio circundante tralo tratado de Tarbagatai. Moitos historiadores cren que o lago foi o punto de orixe da peste negra que asolou Europa e Asia a principios e mediados do século XIV.[5]

Segundo un mapa medieval empregado por mercadores venecianos da ruta da seda, na beira nordeste do lago existía un mosteiro armenio do século XIV.

O nivel do lago é 8 metros máis alto que na Idade Media. En 2007, unha expedición atopou baixo as súas augas restos dunha cidade duns 2500 anos de antigüidade.[6][7]

En 1916 o mosteiro de Issyk-Kul foi atacado por rebeldes kirguiz que asasinaro sete monxes.[8]

Durante a época soviética, as súas augas, cunha salinidade comparable á do océano, serviron como base secreta de experimentación con torpedos.[9]

Medio natural

[editar | editar a fonte]

A troita de Sevan, un peixe endémico do lago Sevan en Armenia, foi introducida no lago Issyk-Kul durante a década de 1970. Se ben no seu lago de orixe é unha especie en perigo, ten maiores posibilidades de supervivencia no lago Issyk-Kul, onde está a desprazar as especies autóctonas.

O 12 de novembro de 2002, a Reserva Estatal Isyk-Kul foi designada como a primeira zona húmida de importancia internacional de Kirguizistán e foi incluído na listaxe Ramsar (n.º ref. 1231), cunha área de protección de 623 600 ha (anteriormente, o lago fora incluído pola antiga Unión Soviética, co n.º de ref. 109).

  1. Nihoul, Jacques C.J.; Zavialov, Peter O.; Micklin, Philip P. (2012). Dying and Dead Seas Climatic Versus Anthropic Causes. Springer Science+Business Media. p. 21. Consultado o 4 de decembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Savvaitova, K.; Petr, T. (decembro de 1992). "Lake Issyk-Kul, Kirgizia". International Journal of Salt Lake Research 1 (2): 21–46. doi:10.1007/BF02904361. 
  3. 3,0 3,1 Hofer, Markus; Peeters, Frank; Aeschbach-Hertig, Werner; Brennwald, Matthias; Holocher, Johannes; Livingstone, David M.; Romanovski, Vladimir; Kipfer, Rolf (11 de xullo de 2002). "Rapid deep-water renewal in Lake Issyk-Kul (Kyrgyzstan) indicated by transient tracers" (PDF). Limnology and Oceanography 4 (47): 1210–1216. doi:10.4319/lo.2002.47.4.1210. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  4. Kodayev, G.V. (1973). "Морфометрия озера Иссык-Куль" [Morphometry of Lake Issyk-Kul]. News of the All-Union Geographic Society (Izvestiya VGO) (en ruso). 
  5. The Silk Route – Channel 4
  6. "Descubren huellas de civilización antigua en lago montañoso en Asia Central (11 de xaneiro de 2008)". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2008. Consultado o 15 de xaneiro de 2008. 
  7. Remains of ancient civilization discovered on the bottom of a lake (27 de decembro de 2007) Arquivado 25 de maio de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
  8. Islam in the Russian Federation and the Post Soviet Republics: a Historical perspective por Spyros Plakoudas, páx. 10
  9. Kommersant-Vlast, 'Vys Rossiya Armia', 2005

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]