Laurus
Loureiros (xénero Laurus) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Loureiro dos Azores (Laurus azorica), Los Tilos, La Palma | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|
Laurus, os loureiros, é un xénero de arboriñas sempreverdes da familia das lauráceas. Téñense descrito 331 especies, das cales só 3 son aceptadas; o resto corresponde a 128 sinónimos e 200 táxones taxonomicamente sen arranxar.[1] En Galicia atopamos unha especie silvestre, o loureiro común, con todo xeneticamente o loureiro que atopamos bravo nos regueiros galegos ten certa semellanza xenética con Laurus azorica (o loureiro dos Azores).
Descrición
[editar | editar a fonte]Árboriñas e arbustos moi recendentes, a maioría tropicais. As follas perennes, teñen glándulas brillantes de aceite. Polo xeral, as flores están dispostas en cimas axilares; son unisexuais, pequenas e amareladas averdadas. Pétalos en número de 4. Teñen 8-12 estames e o ovario único. O froito é unha baga.[2]
Especies aceptadas
[editar | editar a fonte]- Laurus azorica (Seub.) Franco, sin. Persea azorica Seub. Coñecido como loureiro dos Azores, ou polos seus nomes en portugués Louro, Loureiro-dos-Açores, Louro-da-terra, e Louro-de-cheiro, é nativo das laurisilvas dos Azores e a Illa de Madeira, e de Marrocos.[3]
- Laurus novocanariensis, o loureiro das Canarias, antes considerada unha variedade da especie anterior, dende 2006 considérase unha especie distinta endémica das Illas Canarias.
- Laurus nobilis L., o loureiro común, medra bravo en Galicia en cavorcos e lugares húmidos. É a fonte do coñecido condimento. Coas súas franzas facíase a coroa de loureiros na Grecia antiga.
Outras
[editar | editar a fonte]Orixe
[editar | editar a fonte]Os fósiles achados datan de antes das glaciacións wurmienses, mostrando que as especies de Laurus se distribuían máis amplamente no Mediterráneo e o norte de África, cando o clima era máis húmido e temperado ca o actual. Acéptase que as secas no Mediterráneo durante as eras glaciais causaron o retroceso de Laurus a refuxios climáticos máis temperados, sur de España e as illas macaronésicas. Coa fin da última glaciación, L. nobilis recuperou o seu rango no Mediterráneo.
Un estudo recente encontrou que as estacións nativas clasificadas como L. nobilis no norte de España (en Galicia por exemplo) estaban máis preto xenética e morfoloxicamente de L. azorica que da poboación de L. nobilis nativa en Francia e Italia[4] É certo que en Galicia os loureiros acostuman medrar en ambientes moi húmidos, moito máis ca nos que medra o loureiro común mediterráneo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Laurus en The Plant List
- ↑ O. Polunin. Guía de campo de las flores de Europa. Ediciones Omega, SA, Barcelona, 1977, p.263.
- ↑ Barbero, M., Benabid, A., Peyre, C. & Quezel, P. (1981). Sur la présence au Maroc de Laurus azorica (Seub.) Franco. Anales Jard. Bot. Madrid 37 (2): 467-472. [1] Arquivado 01 de outubro de 2008 en Wayback Machine..
- ↑ Arroyo-García, R., Martínez-Zapater, J.M., Fernández Prieto, J.A., & Álvarez-Arbesú R. (2001). AFLP evaluation of genetic similarity among laurel populations. Euphytica 122 (1): 155-164.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Laurus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Laurus |