Oleg de Kíiv
(1899) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 845 (<879) Suecia |
Morte | 912 (66/67 anos) Kíiv, Ucraína |
Causa da morte | morte por desventura, Trabada de serpe |
Lugar de sepultura | Schekavytcya (en) Staraya Ladoga mounds (en) |
Gran Príncipe de Kíiv | |
882 – 912 ← Ascoldo de Kiev (pt) , Dir de Kiev (pt) – Ígor de Kíiv → | |
Rexente Estado de Rurik (pt) | |
Representa: Ígor de Kíiv 879 – 912 | |
Datos persoais | |
Relixión | Paganismo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Rus de Kíiv |
Ocupación | rexente |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra rus'-bizantina de 907 (pt) |
Outro | |
Título | Gran Príncipe de Kíiv (882–912) |
Irmáns | Efanda (disputado) |
Parentes | Rúrik, cunhado Ígor de Kíiv, fillo da irmá |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Олег Вещий) Enciclopedia militar Sytin Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Oleg de Kíiv ou de Nóvgorod, tamén chamado Oleh (eslavo: Олег; nórdico antigo: Helgi; kházaro: posibelmente, Helgu),[1] e nas nacións eslavas coñecido como Oleg o Sabio (ruso: лег Вещий; ucraíno: Олег Віщий), nado en data descoñecida e finado en 912, foi un príncipe varego do Rus de Kíiv, da dinastía dos ruríkidas que reinou de 882 a 921.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Parente e sucesor de Rúrik, o príncipe de Nóvgorod, probabelmente un cuñado,[2] era un varego de orixe (é dicir, un viquingo orixinario de Suecia), que tomou a herdanza de Rúrik, a dirección dos asuntos da Rus.
Reinaría trinta e tres anos na Rus de Kíiv, primeiro como príncipe de Nóvgorod, de 879 a 912, e despois como príncipe e Kíiv desde 882, ano en que traslada a súa capital á cidade de Kíiv, fundando o poderoso Estado da Rus de Kíiv.
Segundo as crónicas eslavas orientais, como a Crónica de Néstor, tivo o dominio absoluto da rexión durante os anos do seu reinado, datas que non concordan coa Carta de Schechter,[1] na que se mencionan as actividades de certo Gran Khan dos rus nos anos 940.
O seu sucesor foi Ígor de Kíiv.
Predecesor: Rúrik |
Príncipe de Nóvgorod 879 - c. 912-913 |
Sucesor: Ígor |
Predecesor: Askold e Dir |
Príncipe de Kíiv | Sucesor: Ígor |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 O texto da Carta de Schechter dase en Golb, pp. 106-121. Cítase neste por folio e liña, por exemplo SL de Schechter Letter, Carta de Schechter en inglés Fol. x:x). Este é un documento escrito por un kházaro xudeu contemporáneo de Romano I, no que se describen as actividades dun señor da guerra rus chamado Hlgw (hebreo: הלגו), normalmente transcrito como "Helgu". (SL Fol. 2º, 15-16; 17). O autor da carta describe Khazaría como a "nosa terra". (SL Fol. 1º: 19, 2v: 15,20.
- ↑ Considerouse en ocasións como fillo de Rúrik como, por exemplo en Lelorrain, Anne-Marie (dir.) (2005). El imperio carolingio y la llegada del feudalismo 814-1147. Larouse. ISBN 84-8332-629-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oleg de Kíiv |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Christian, David (1998). A History of Russia, Central Asia and Mongolia, Vol. 1. Blackwell.
- Dunlop, D.M. (1954). History of the Jewish Khazars. Princeton: Princeton Univ. Press.
- Gregoire, H. (1937). 'Le "Glozel' khazare. Revue des Études Byzantines 12.
- al-Miskawaihi (1921). The Eclipse of the 'Abbasid Caliphate (Tradución de D. S. Margoliouth ed.). Oxford.
- Mosin, V. (1931). Les Khazars et les Byzantins d'apres l'Anonyme de Cambridge. Revue des Études Byzantines 6. pp. 309–325.
- Zuckerman, Constantine (1995). On the Date of the Khazar’s Conversion to Judaism and the Chronology of the Kings of the Rus Oleg and Igor. Revue des Études Byzantines 53. pp. 237–270.
- Kendrick, T. D. (2004). A History of the Vikings. Courier Dover Publications. pp. 151–152. ISBN 0-486-43396-X.