[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ígor de Kíiv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÍgor de Kíiv

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento878 Editar o valor en Wikidata
Morte945 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Iskorosten, Ucraína (en) Traducir, circa Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, traumatic amputation (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaKurgan No 2728, Nemyrivka (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Gran Príncipe de Kíiv
912 – 945
← Oleg de KíivSviatoslav I de Kíev →
Gran Príncipe de Nóvgorod
879 – 945
← RúrikSviatoslav I de Kíev → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónSlavic religion (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra rus'-bizantina de 941 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloGran Príncipe de Kíiv (912–945)
Gran Príncipe de Nóvgorod (879–945) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Rurícovich Editar o valor en Wikidata
CónxuxeOlga de Kiev (–945) Editar o valor en Wikidata
FillosUleb Igorevich, Sviatoslav I de Kíev Editar o valor en Wikidata
PaisRúrik Editar o valor en Wikidata  e Efanda Editar o valor en Wikidata
ParentesOleg de Kíiv, maternal uncle Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
945Drevlian revolt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Russian Biographical Dictionary (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Рюрикович-1

Ígor (en nórdico antigo: Ingvar), nado contra 878, tamén coñecido como Ígor I e Ígor o Vello, foi un monarca varego da Rus de Kíiv que reinou entre o anos 912 e 945.

Coñécense moi poucos datos da súa vida e do seu goberno, a maioría dos cales extraéronse da Crónica de Néstor, a primeira crónica sobre os rus'. Suponse que mon se van poder obter moitos rexistros daqueles momentos debido ao dominio dos kházaros.

De feito, dubídase se Ígor fora descendente do fundador da dinastía, Rúrik. Probabelmente fora un cuñado,[1] pero certamente era un varego de orixe (é dicir, un viquingo orixinario de Suecia), que tomou a herdanza de Rúrik, a dirección dos asuntos da Rus.

Ígor sitiou dúas veces a cidade de Constantinopla, en 941 e en 944. Pero a destrución do seu exército polos gregos obrigou ao príncipe a asinar un tratado de paz co emperador bizantino, tratado que se recolle na citada Crónica de Néstor.

Por outra parte, os rus' de Kíiv saquearon nos anos 913 e 944 as poboacións musulmás do mar Caspio a través de varias expedicións á zona ordenadas por Ígor.

Porén, en contra destes escritos, segundo o historiador francés Constantine Zuckerman, a cronoloxía que recolle a Primeira Crónica pon de relevo o feito de que Ígor só reinou a rus de Kíiv durante tres anos, desde o verán de 941 até a súa morte, en 945. De feito, ningunha crónica recolle o seu nome en datas anteriores de 941, aínda que coñecemos a data da morte do seu predecesor no trono, Oleg, 912.

Morte e sucesión

[editar | editar a fonte]

O príncipe Ígor encontrou a morte en 945, mentres recadaba os tributos dos drevlianos. Segundo o historiador bizantino León o Diácono, "conseguiron amarrar ao príncipe a dúas árbores que foran inclinadas. Deixándoas que recuperasen a súa posición, esnaquizaron o corpo do príncipe". A Crónica de Néstor busca a causa deste asasinato no feito de que Ígor tratou de cobrar os impostos até dúas veces nun mesmo mes.

Como resultado deste feito, a sucesora no trono, a súa esposa Olga, cambiou de arriba a abaixo o sistema de recadación de impostos (poliudie) no que se pode chamar a primeira reforma legal da que se ten memoria na Europa do Leste.

Predecesor:
Oleg
Gran Príncipe de Kíiv

Rus de Kíiv
912-945

Sucesor:
Olga
  1. Considerouse en ocasións como fillo de Rúrik como, por exemplo en Lelorrain, Anne-Marie (dir.) (2005). El imperio carolingio y la llegada del feudalismo 814-1147. Larouse. ISBN 84-8332-629-9. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Christian, David (1998). A History of Russia, Central Asia and Mongolia, Vol. 1. Blackwell. 
  • Dunlop, D.M. (1954). History of the Jewish Khazars. Princeton: Princeton Univ. Press. 
  • Gregoire, H. (1937). 'Le "Glozel' khazare. Revue des Études Byzantines 12. 
  • al-Miskawaihi (1921). The Eclipse of the 'Abbasid Caliphate (Tradución de D. S. Margoliouth ed.). Oxford. 
  • Mosin, V. (1931). Les Khazars et les Byzantins d'apres l'Anonyme de Cambridge. Revue des Études Byzantines 6. pp. 309–325. 
  • Zuckerman, Constantine (1995). On the Date of the Khazar’s Conversion to Judaism and the Chronology of the Kings of the Rus Oleg and Igor. Revue des Études Byzantines 53. pp. 237–270. 
  • Kendrick, T. D. (2004). A History of the Vikings. Courier Dover Publications. pp. 151–152. ISBN 0-486-43396-X. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]