[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

O silencio dos cordeiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O silencio dos cordeiros
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Silence of the Lambs
DirectorJonathan Demme
ProdutorKenneth Utt
Edward Saxon
Ron Bozman
GuiónTed Tally
Baseado enThe Silence of the Lambs
IntérpretesJodie Foster
Anthony Hopkins
Scott Glenn
Ted Levine
MúsicaHoward Shore
FotografíaTak Fujimoto
MontaxeCraig McKay
EstudioStrong Heart/Demme Productions
DistribuidoraOrion Pictures
Estrea 14 de febreiro de 1991
Galicia 18 de xaneiro de 2011 (TVG)
Duración118 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense
Orzamento$19 000 000[1]
Recadación$272 700 000[1]
Filme anteriorRed Dragon
Filme seguinteHannibal
Na rede
IMDB: tt0102926 Filmaffinity: 768790 Allocine: 6641 Rottentomatoes: m/silence_of_the_lambs Mojo: silenceofthelambs Allmovie: v44663 TCM: 90121 Metacritic: movie/the-silence-of-the-lambs TV.com: movies/the-silence-of-the-lambs BNE: XX3725410 Netlix: 14546747 Editar o valor en Wikidata

O silencio dos cordeiros (en inglés: The Silence of the Lambs) é un filme estadounidense dirixido por Jonathan Demme que se estreou en 1991. Está protagonizado por Jodie Foster, Anthony Hopkins e Scott Glenn. Baséase na novela de Thomas Harris The Silence of the Lambs (1988), o segundo título sobre a personaxe de Hannibal Lecter, un brillante psiquiatra e asasino en serie caníbal.

No filme, Clarice Starling, unha estudante do FBI, busca o consello do Dr. Lecter encarcerado para capturar a outro asasino en serie, coñecido como "Buffalo Bill".

O silencio dos cordeiros foi estreado o 14 de febreiro de 1991, e recadou $272,7 millóns en todo o mundo sobre un orzamento de $19 millóns. Foi o terceiro filme, despois de It Happened One Night e Alguén voou sobre o niño do cuco, en gañar cinco Premios Óscar nas cinco grandes categorías: mellor filme, mellor director, mellor actor, mellor actriz e mellor guión adaptado, ademais de ser candidata a outros dous. É o primeiro (e único) filme de terror en gañar o premio ó mellor filme do xénero de terror, habendo só tres nomeados na historia, O exorcista en 1973 e Tiburón en 1975.[2] O filme está considerado "cultural, histórica e esteticamente" significativo pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e foi seleccionada para a súa conservación no National Film Registry no 2011.[3]

Estreouse en galego na TVG o 18 de xaneiro de 2011.[4]

A película inicia cunha conversa entre Clarice Starling, unha nova axente do FBI, e Jack Crawford, a cabeza da división do FBI en perfís psicolóxicos de asasinos en serie. Starling é encargada de presentar un cuestionario ó psiquiatra Hannibal Lecter, confinado no psiquiátrico Baltimore por crimes de canibalismo, cuxa colaboración procura para resolver a morte de varias mozas a mans do asasino alcumado Buffalo Bill. Lecter, no entanto, a pesar de mostrarse educado e cordial en todo momento con Starling, rexeita axudala co caso.

Durante a autopsia dunha nova vítima de Bill atopan dentro da súa boca a crisálide dunha bolboreta Esfinxe da Caveira (Acherontia atropos), propia dalgunhas zonas de Asia e os Estados Unidos. Máis adiante en Memphis, Tennessee, Catherine, a filla da senadora Ruth Martin é secuestrada por Bill. Starling ofrécelle a Lecter un trato: se el lle axuda a rescatar á moza, a senadora Martin transferirao a unha nova institución onde terá máis liberdade e unha fiestra con vistas ó exterior. Lecter, proponlle outro trato a Starling: se ela participa nun quid prol quo con el e lle ofrece información súa persoal, el daralle a cambio respostas sobre Buffalo Bill. O trato é aceptado e Lecter comeza facéndolle preguntas á axente sobre os seus recordos da infancia e a morte do seu pai. Despois, Hannibal explícalle que o que Bill busca é cambiarse a si mesmo e que é presa dunha obsesión que lle fai crer que é transexual, o cal se reflicte coa metamorfose da crisálide de bolboreta. Tamén engade que Bill non naceu criminal, senón que se converteu niso ó sufrir anos sistemáticos de abuso, e que probablemente a procura de cambio se debe ó odio que sente por si mesmo.

O Doutor Chilton, administrador do psiquiátrico, que estivo escoitando a conversa, advírtelle a Lecter que a proposta de Crawford é mentira e ofrécelle unha nova: se revela a identidade de Buffalo Bull, será transferido a outro psiquiátrico, pero só se Chilton obtén créditos a cambio. Lecter insiste en que unicamente proporcionará esa información á senadora en persoa, e Chilton acepta. Sen que o médico o saiba, Lecter conseguiu ocultar o seu bolígrafo. Cando chegan a Tennessee, Lecter divírtese á conta da senadora, pero ó cabo do tempo decide darlle o nome real de Bill: Louis Friend (William Rubin na novela). O FBI emprende de novo a procura de Bill.

Ó día seguinte, Starling e Lecter manteñen unha nova conversa onde a axente lle conta unha anécdota da súa infancia, cando unha noite, no rancho do seu tío, se levantou ó oír berros dos cordeiros destinados no matadoiro e intentou en van salvar un. Hannibal pregúntalle se aínda segue oíndo eses queixumes, e se cre que salvando a Catherine logrará acalalos. Antes de que ela poida responder, Chilton aparece para previr que Lecter poida achegar á axente datos de Bill, e Starling é conducida ata a saída. Esa mesma tarde, usando só a fibela do bolígrafo que ten camuflada na man, consegue escapar do psiquiátrico, acabando cos dous oficiais encargados de supervisalo e colocándose a súa roupa. Mentres, Starling é enviada á casa da primeira vítima, que era costureira. As pezas do armario da moza asasinada teñen parches idénticos á pel arrincada da última vítima de Bill. Starling deduce que o que Bill busca é transformarse a si mesmo en muller tecendo capas de pel superpostas entre si. De inmediato telefona a Crawford, quen lle informa de que a teoría da transexualidade coincide cun dos casos do hospital Johns Hopkins: Jame Gumb, nos arredores de Chicago.

A axente vai visitar a unha muller chamada Lippman, para a que a vítima traballou. Cando chega á casa contesta un tal Jack Gordon. Starling entra na casa e ve unha Esfinxe da Caveira voando ó seu arredor. A axente saca a súa arma e intenta arrestalo, pero Bill consegue ceibarse e foxe. Ó perseguirlle, Starling atopa a Catherine pechada nun pozo aberto e pedindo axuda, pero as luces apáganse. Gumb, valéndose dunhas lentes de visión nocturna, xorde tras Starling e prepara a súa pistola. Ó oír o son do gatillo da pistola, Starling vólvese e dispara a Gumb, que cae morto. Finalmente, Starling rescata a Catherine e chama ó FBI.

Durante a súa gradación de honra como Axente Especial da Academia do FBI, Starling recibe unha chamada telefónica. Alén da liña está Lecter, quere saber se os cordeiros deixaron de gritar. Clarice esta asustada, inxenuamente pregúntalle onde está. Lecter colga o teléfono, véselle noutro país, chegando ó Dr. Chilton, o administrador do psiquiátrico, alterado, con gardacostas. Lecter ségueo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Premio Candidato
Óscar ó mellor actor Anthony Hopkins
Óscar á mellor actriz Jodie Foster
Óscar ó mellor director Jonathan Demme
Óscar ó mellor filme Edward Saxon
Kenneth Utt
Ronald M. Bozman
Óscar ó mellor guión adaptado Ted Tally
Nomeamentos:
Óscar á mellor montaxe Craig McKay
Óscar ó mellor son Tom Fleischman
Christopher Newman
  1. 1,0 1,1 Box Office Mojo (ed.). "The Silence of the Lambs (1991)". Consultado o 30 de novembro de 2014. 
  2. Hollywood.com (ed.). "15 Facts About ‘The Silence of the Lambs’ You Didn’t Know". Consultado o 12 de setembro de 2015. 
  3. BBC, ed. (28 de decembro de 2011). "Silence of the Lambs added to U.S. film archive". Consultado o 28 de decembro de 2011. 
  4. "O silencio dos cordeiros na TVG". Diario Siglo XXI. 16 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 29 de marzo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]