[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Wings (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wings
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalWings
DirectorWilliam A. Wellman
ProdutorLucien Hubbard
Adolph Zukor
Jesse L. Lasky
B. P. Schulberg
Otto Hermann Kahn
GuiónHope Loring
Louis D. Lighton
IntérpretesClara Bow
Charles "Buddy" Rogers
Richard Arlen
Gary Cooper
MúsicaJ.S. Zamecnik
FotografíaHarry Perry
MontaxeE. Lloyd Sheldon
EstudioFamous Players-Lasky
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea12 de agosto de 1927
DuraciónEstrea orixinal:
111 minutos[1]
Restauración:
144 minutos[2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama, bélica
Orzamento$2 200 000[3]
Na rede
IMDB: tt0018578 Filmaffinity: 415986 Allocine: 7113 Rottentomatoes: m/wings Allmovie: v54791 TCM: 504086 Metacritic: movie/wings TV.com: movies/wings Netlix: 60011584 Editar o valor en Wikidata

Wings é un filme mudo estadounidense ambientado durante a primeira guerra mundial producido por Lucien Hubbard, dirixido por William A. Wellman e estreado por Paramount Pictures. Está protagonizado por Clara Bow, Charles "Buddy" Rogers e Richard Arlen. Gary Cooper aparece nun pequeno papel que axudou a lanzar a súa carreira en Hollywood.

O filme, unha historia romántica e bélica, foi rescrito polos guionistas Hope Loring e Louis D. Lighton a partir dunha historia de John Monk Saunders para acomodar a Bow, a meirande estrela de Paramount naquela época. Wellman foi contratado por ser o único director en Hollywood que tiña experiencia como piloto de combate na primeira guerra mundial, malia que Richard Arlen e John Monk Saunders tamén serviran na guerra como aviadores. O filme contou cun orzamento de $2 millóns e rodouse en Kelly Field, en San Antonio, Texas entre o 7 de setembro de 1926 e o 7 de abril de 1927. Centos de extras e máis de 300 pilotos estiveron involucrados na rodaxe, incluíndo pilotos e avións do Corpo Aéreo do Exército dos Estados Unidos.

Aclamado pola súa habelencia técnica e o seu realismo, o filme converteuse no exemplo contra o que se mediron os futuros filmes de aviación, principalmente polas súas realistas secuencias de combate. Gañou o primeiro Óscar ó mellor filme na 1ª edición dos premios que celebrou a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas,[4] sendo o único filme mudo en conseguilo. Tamén gañou o Oscar ós mellores efectos de enxeñaría (Roy Pomeroy). Wings foi un dos primeiros filmes en amosar dous homes bicándose, e tamén un dos primeiros filmes comerciais en amosar espidos. En 1997, Wings foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Famous Lasky Film Service (ed.). "WINGS (A)". British Board of Film Classification, 12 de xaneiro de 1928. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2014. Consultado o 7 de maio de 2014. 
  2. Paramount Pictures (ed.). "WINGS (PG)". British Board of Film Classification, 22 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2014. Consultado o 7 de maio de 2014. 
  3. Bennett, Carl. "Progressive Silent Film List: Wings." Silent Era, 2012. Consultado o 27 de febreiro de 2012.
  4. Variety, ed. (17 de setembro de 2009). "Dorothy Wellman dies at 95". Consultado o 2 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]