[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Canibalismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Canibalismo no Brasil, descrito por Hans Staden (1557)

O canibalismo é o acto ou a práctica de alimentarse de membros da propia especie. O termo aplícase a calquera animal, aínda que se adoita empregar o termo caníbal para referirse ó ser humano que se alimenta ou come a outro ser humano (antropofaxia).

O termo provén da deformación da palabra caribe caniba ou cariba da lingua taína.[1] Para os caribes, significaba «ousado», «audaz»; para os arauacos, «inimigo»; e para os europeos, «comedores de carne humana». Nativos de América que Cristovo Colón atopou na illa de A Española na súa primeira viaxe e que practicaban a antropofaxia, os caribes atacaban ós arauacos para conseguir botíns e de paso capturaban nenos ós cales castraban e criaban para comelos.

Os casos illados nas sociedades occidentais, relaciónanse actualmente con situacións extremas de fame, actos criminais ou persoas con profundos problemas psicolóxicos.

  1. Vignolo, P (2005) «Hic sunt caníbales: El canibalismo del nuevo mundo en el imaginario europeo (1492-1729)». Anuario colombiano de la historia social y de la cultura, núm. 3, p. 151-188