[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Hedy Lamarr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHedy Lamarr

(1944) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Hedwig Kiesler Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Hedwig Eva Maria Kiesler Editar o valor en Wikidata
9 de novembro de 1914 Editar o valor en Wikidata
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xaneiro de 2000 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Casselberry, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza cardiovascular Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio central de Viena, 33G - 80 48°09′03″N 16°26′24″L / 48.15094444, 16.43997222 Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosNegro Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCine, FHSS (pt) Traducir, Actuación e discoveries and inventions (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz, produtora, música, modelo, actriz de cinema, autobiógrafa, guionista, inventora, animadora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1930 Editar o valor en Wikidata - 1958 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLewis J. Boies (1963–1965)
W. Howard Lee (1953–1960)
Teddy Stauffer (1951–1952)
John Loder (1943–1947)
Gene Markey (1939–1941)
Fritz Mandl (1933–1937) Editar o valor en Wikidata
FillosJames Loder
 ()
Denise Loder-DeLuca
 () John Loder
Anthony Loder
 () John Loder Editar o valor en Wikidata
PaisEmil Kiesler Editar o valor en Wikidata  e Gertrud Kiesler Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Deutsches Biographisches Archiv (en) Traducir
Dictionary of Women Worldwide Editar o valor en Wikidata
Páxina webhedylamarr.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001443 Allocine: 16349 Rottentomatoes: celebrity/hedy_lamarr Allmovie: p40114 68054 TV.com: people/hedy-lamarr
BNE: XX1081745 Musicbrainz: 67980dcd-ce48-400c-adfa-8ca463a21f95 Discogs: 2589280 WikiTree: Kiesler-4 Find a Grave: 20841 Editar o valor en Wikidata

Hedwig Eva Maria Kiesler, nada en Viena o 9 de novembro de 1914 e finada en Casselberry (Florida) o 19 de xaneiro de 2000, foi unha actriz e inventora austríaca.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e cinema

[editar | editar a fonte]

Hedy foi filla única dunha pianista, Gertrud "Trude" Kiesler (nacidad Lichtwitz) e un banqueiro xudeu, Emil Kiesler. O seu pai procedía de Lemberg, no reino de Galicia e Lodomeria, daquela parte do Imperio Austríaco (agora Lviv en Ucraína) e era, na década de 1920, vicedirector do Wiener Bankverein e, nos seus últimos anos, director do Creditanstalt-Bankverein. A nai de Hedy Lamarr, pianista e natural de Budapest, proviña dunha familia de clase alta xudeu-húngara. Convertérase ao catolicismo e, como «cristiá practicante», educou a súa filla no cristianismo, aínda que Hedy non foi bautizada formalmente.

De nena, Lamarr mostrou interese por actuar e fascinábanlle o teatro e o cinema. Con doce anos gañou un concurso de beleza en Viena. Tamén lle interesaban as invencións tecnolóxicas, e o seu pai explicáballe como funcionaban durante paseos polo campo.

Cando tiña dezaoito anos protagonizou o filme Ekstase, de Gustav Machatý, no que interpretaba unha moza casada cun home vello e indiferente. O filme foi famoso por unha escena na que Lamarr nada e corre espida polo bosque. O primeiro marido de Lamarr, Friedrich Mandl, o terceiro home máis rico de Austria, tratou de comprar todas as copias do filme que puido. Malia ser medio xudeu, Mandl vendeu munición a Italia e Alemaña. Na súa autobiografía indica que Adolf Hitler e Benito Mussolini acudiron a festas na súa casa.

Finalmente Lamarr non soportou o control á que a sometía o seu marido e decidiu separarse. Disfrazouse ela e a súa asistenta (aínda que ela mesma dixo que algunha anécdota da súa autobiografía fora inventada por un “negro”) e voaron a París. Pouco despois en Londres coñeceu a Louis B. Mayer, quen a contratou e lle deu o seu nome artístico.

En Hollywood interpretou personaxes arquetípicas: mulleres glamurosas e sedutoras de orixe exótica, como Dalila en Samson and Delilah. A partir de 1950 a súa carreira declinou e apareceu só esporadicamente en filmes.

O compositor George Antheil era veciño de Lamarr en California e experimentara con instrumentos musicais de control automático. Durante a segunda guerra mundial Lamarr e Antheil falaban da posibilidade de crear torpedos controlados por radio. Lamarr aprendera sobre armamento asistindo a conferencias co seu primeiro marido. Ambos desenvolveron a idea de usar unha especie de piano que empregaba unha temperá versión do salto en frecuencia. Porén, a mariña estadounidense non adoptou o sistema ata a crise dos mísiles de Cuba en 1962, cando a patente xa expirara. Hedy Lamarr intentou entrar no National Inventors Council, mais algúns membros como Charles F. Kettering indicaron que axudaría máis se empregaba a súa sona para a promoción de bonos de guerra.

As ideas de Lamarr e Antheil serviron de base para os modernos sistemas de comunicación, como o Bluetooth, o COFDM e o CDMA. Na actualidade celébrase no Día do Inventor o aniversario do nacemento de Lamarr.

Pasamento

[editar | editar a fonte]

Tras anos de reclusión na súa casa, finou en 2000. O seu fillo Anthony Loder esparexeu as súas cinzas nos bosques de Viena, de acordo co desexo da súa nai.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Filme
1930 Geld auf der Straße
1931 Sturm im Wasserglas
1931 Die Koffer des Herrn O.F.
1932 Man braucht kein Geld
1933 Ekstase
1938 Algiers
1939 Lady of the Tropics
1940 I Take This Woman
1940 Boom Town
1940 Comrade X
1941 Come Live with Me
1941 Ziegfeld Girl
1941 H.M. Pulham, Esq.
1942 Tortilla Flat
1942 Crossroads
1942 White Cargo
1944 The Heavenly Body
1944 The Conspirators
1944 Noite na alma
1945 Her Highness and the Bellboy
1946 The Strange Woman
1947 Dishonored Lady
1948 Let's Live a Little
1949 Samson and Delilah
1950 A Lady Without Passport
1950 Copper Canyon
1951 My Favorite Spy
1953 The Lovers of Paris
1957 The Story of Mankind
1958 The Female Animal

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]