[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Bluetooth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bluetooth
Logo
Tipoestándar de facto, comunicación de campo achegado e protocolo de comunicacións
Nomeado en referencia aHaroldo I da Dinamarca
Na rede
https://www.bluetooth.com/
editar datos en Wikidata ]

Bluetooth é un protocolo de comunicación sen fíos de curto alcance. Permite conectar gran cantidade de pequenos dispositivos electrónicos sen necesidade de cables.
Comezou a ser desenvolvida por Ericsson en 1994, e dende 1998 por Bluetooth Special Interest Group (SIG), consorcio inicialmente establecido por Sony, Ericsson, IBM, Intel, Toshiba e Nokia, pero que hoxe inclúe a máis de 2000 empresas, xa que a tecnoloxía Bluetooth comprende hardware, software e requirimento de interoperatibilidade polo que é preciso para o seu desenvolvemento a participación dos principais fabricantes dos sectores das telecomunicacións e a informática. A última versión dispoñible e a 2.0, pero a máis popular é aínda a anterior, a 1.2 .
O nome procede do rei danés Harald Blåtand que traducido ao inglés sería Harold Bluetooth. A icona de Bluetooth son as runas das iniciais do nome e apelido.  a (Hagall) e a  (Berkana), coñecido como 'dente azul' ('bluetooth') fóra dos seus dominios.[1]

Norma Versión Ancho de banda
IEEE 802.15.1-2002 Versión 1.1
IEEE 802.15.1-2005 Versión 1.2 1 Mbit/s
Versión 2.0 + EDR 3 Mbit/s
IEEE 802.11 Versión 3.0 + HS 24 Mbit/s
Versión 4.0 24 Mbit/s
  1. "Twuiteado por Mattia Peretti". Twitter. Consultado o 2021-04-29.