[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Frank Marshall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Modelo:BiografíaFrank Marshall

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Frank James Marshall Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1877
Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Morte9 de novembro de 1944
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXadrez Editar o valor en Wikidata
OcupaciónXogador de xadrez
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Participou en
1937Olimpíada de xadrez de 1937 (pt) Traducir
1935Olimpíada de xadrez de 1935 (pt) Traducir
1933Olimpíada de xadrez de 1933 (pt) Traducir
1931Olimpíada de xadrez de 1931 (pt) Traducir
1930Olimpíada de xadrez de 1930 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Marshall-27334


Frank James Marshall, nado o 10 de agosto de 1877 en Nova York e finado o 9 de novembro de 1944, foi o gañador do Campionato dos Estados Unidos de xadrez desde o ano 1909 ata o ano 1935, e foi un dos grandes xadrecistas de principio do século XX.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Marshall viviu en Montreal, Canadá, desde os 8 anos ata os 19. Aprendeu a xogar ao xadrez aos 10 anos e en 1890 xa era un dos xadrecistas destacados de Montreal. Gañou o campionato americano en 1904, pero non aceptou o título porque Harry Nelson Pillsbury non competiu. En 1906, Pillsbury morreu e Marshall non aceptou o título de campión ata que non o gañou en competición en 1909.

En 1907 disputou o Campionato do mundo de xadrez a Lasker para o título. Celebrouse en Nova York, Filadelfia, Wáshington, D.C., Baltimore, Chicago e Memphis desde o 26 de xaneiro ata o 8 de abril de 1907. Perdeu 8, non gañou ningunha partida e empatou 7.

En 1909 disputou un match cun novo xadrecista cubano. Ante a sorpresa xeneralizada, o mozo Capablanca venceu o match. Marshall perdeu 8 encontros, empatou 14 e unicamente gañou unha partida. Logo deste revés, Marshall insiste en dar o seu apoio a Capablanca para que se lle invite ao torneo internacional de Donostia en 1911. San Sebastián era un torneo elitista da época, onde só invitaban a grandes xogadores. Capablanca non só deu o talle, senón que se adxudicou o torneo.

En San Petersburgo en 1914, Marshall formou parte dos primeiros 5 grandes mestres. Os outros 4 eran Lasker, Capablanca, Alekhine e Tarrasch. En 1915 inaugurou o Club de xadrez Marshall en Nova York.

En 1936 perdeu o seu título de campión americano. Este torneo disputouse en Nova York, no club de xadrez Marshall. O club doou o trofeo e o primeiro gañador foi Samuel Reshevsky. Marshall mantivo durante 29 anos o título de campión americano.

Na década dos 30, Marshall capitaneou o equipo americano nas olimpíadas de xadrez, conseguindo 4 medallas de ouro en 4 olimpíadas. Logo dunha rolda, volveu ao taboleiro e viu como tres compañeiros seus pactaran táboas co rival. Ao finalizaren a súa partida reprendeu aos seus compatriotas. Nunca máis os equipos americanos repetiron as grandes xestas do combinado capitaneado por Marshall.

Táctica e estratexia

[editar | editar a fonte]

Marshall dominaba o xogo táctico. Aínda que na actualidade non se aprecia a súa habilidade polos finais, na súa época recoñecéuselle este mérito.

Frank Marshall dá nome a un bo número de variantes de xadrez. Logo de 60 anos seguen vixentes dúas variantes teóricas. Unha delas é o Ataque Marshall da apertura Ruy López (1.e4 e5 2.Cf3 Cc6 3.Bb5 a6 4.Ba4 Cf6 5.O-O Be7 6.Te1 b5 7.Bb3 O-O 8.c3 d5 en notación alxébrica). O ataque Marshall é moi popular tanto para xogadores mediocres, como de alto nivel. É tal o ataque incisivo das negras, que o propio Garry Kasparov rexeitou entrar no ataque Marshall.

Un importante gambito na defensa semieslava é tamén chamado Marshall. O "gambito Marshall " empeza 1.d4 d5 2.c4 c6 3.Cc3 e6 4.e4!?

Gaña contra Capablanca con negras

[editar | editar a fonte]

Aínda que Marshall presentaba unha estatística negativa contra Capablanca ( +2 -20 =28), era un dos poucos xogadores que venceu con negras ao cubano. O encontro disputouse na Habana en 1913

1. e4 e5 2. Cf3 Cf6 3. Cxe5 d6 4. Cf3 Cxe4 5. d4 d5 6. Bd3 Bg4 7. O-O Cc6 8. c3 Be7 9. Cbd2 Cxd2 10. Bxd2 O-O 11. h3 Bh5 12. Te1 Dd7 13. Bb5 Bd6 14. Ce5 Bxe5 15. Dxh5 Bf6 16. Bf4 Tae8 17. Te3 Txe3 18. fxe3 a6 19. Ba4 b5 20. Bc2 g6 21. Df3 Bg7 22. Bb3 Ce7 23. e4 dxe4 24. Dxe4 c6 25. Te1 Cd5 26. Bxd5 cxd5 27. De7 Dc8 28. Bd6 h6 29. Tf1 f6 30. Te1 Td8 31. Bc5 Rh7 32. Df7 Df5 33. Be7 Dd7 34. Rf1 Tf8 35. De6 Dxe6 36. Txe6 Te8 37. Te2 Rg8 38. b3 Rf7 39. Bc5 Txe2 40. Rxe2 f5 41. Rd3 Re6 42. c4 bxc4 43. bxc4 g5 44. g4 f4 45. Bb4 Bf6 46. Bf8 dxc4 47. Rxc4 f3 48. d5 Re5 49. Rd3 Rf4 50. Bd6 Be5 51. Bc5 Rg3 52. Re4 Bf4 53. d6 f2 0-1

Capablanca raramente perdía un final.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]