[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Estreito de Johor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Estreito de Johor (Johore Strair, ao norte).

O estreito de Johor, tamén coñecido en plural como os estreitos de Johor ou o estreito de Tebrau (Johor Selat, Tebrau Selaty ou Tebrau Reach) é un longo e angosto estreito de mar do sueste asiático, localizado no extremo meridional da península malaia, que separa o estado malaisiano de Johor, ao norte, da illa de Singapur, ao sur.

O estreito ten unha lonxitude dun 60 km e a súa anchura media é de 1–2 km. Na boca oriental do estreito atópase a illa de Ubin, que o divide en dúas. A navegación ao seu través está impedida para grandes barcos pola construción dunha estrada sobre un viaduto non demasiado elevado, máis ou menos na súa parte media do percorrido.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Os principais afluentes que desembocan no estreito de Johor son os seguintes ríos:

  • Sungai Tebrau
  • Sungai Segget
  • Sungai Johor
  • Sungai Sengkuang
  • Sungai Haji Rahmat
  • Sungai Kempas
  • Sungai Sri Buntan
  • Sungai Abd Samad
  • Sungai Air Molek
  • Sungai Stulang
  • Sungai Setanggong
  • Sungai Tampoi
  • Sungai Sebulong
  • Sungai Bala
  • Sungai Pandan
  • Sungai Tengkorak
  • Sungai Plentong
  • Sungai Senibong
  • Sungai Pulai
(Nota: Sungai é a palabra malaisiana que significa río.)

Conexións no estreito

[editar | editar a fonte]
A Calzada Johor-Singapura que se estende sobre o Estreito, como se ve desde o posto de control Woodlands en Singapura.
A ponte Malaysia-Singapore Second Link

Neste momento hai dúas conexións artificiais sobre o estreito: a calzada Johor-Singapur (Johor-Singapore Causeway), coñecida simplemente como "The Causeway", que liga a cidade malaisiana de Johor Bahru e Woodlands, en Singapur; e unha ponte, coñecida como a Segunda Ligazón Malaisia-Singapura (Malaysia-Singapore Second Link), na boca oeste do estreito, que conecta Gelang Patah, en Johor, con Tuas, en Singapura.

En 2003, Malaisia quería construír unha ponte sobre o estreito para substituír a calzada existente, pero as negociacións con Singapur non tiveron éxito. As principais razóns mencionadas para o cambio foron:

  • unha ponte permitiría o fluxo de auga a través de ambos os lados do estreito, que se cortaron artificialmente en dous coa construción da calzada antes (isto permitiría aos buques eludir o porto de Singapura).
  • unha ponte axudaría a aliviar a conxestión en Johor Bahru.

En agosto de 2003, Malaisia anunciou que ía seguir adiante cun plan para construír unha nova ponte curva de suave pendente que se uniría na metade de "The Causeway" en Singapur. O plan tamén contemplaba unha ponte xiratoria para a liña ferroviaria.[1] Con todo, os plans para construír a ponte suspendéronse en 2006.

A área é tamén unha fonte de controversia debido aos proxectos de recuperación de terras de Singapur nas súas illas nororientais. Suxeriuse que a eses proxectos en curso poden afectar á fronteira marítima, ás rutas de navegación e aos ecosistemas acuáticos da malaisiana. Os proxectos de recuperación tamén pode pór en perigo o hábitat e o alimento dos dugongos, mamífero nativo dos estreitos.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]

A atracción turística máis famosa dos estreitos de Johor é a praia de Lido, situada na parte malaisiana dos estreitos, onde os visitantes poden camiñar ou pasear en bicicleta ao longo dun tramo de 2 km de praia. Tamén hai numerosos restaurantes e postos de comida.

Os estreitos de Johor foron a localización dun feito recompensado con dúas Cruces da Vitoria no transcurso da segunda guerra mundial. Os premios foron para o tenente Ian Edward Fraser e o mariñeiro James Joseph Magennis polo afundimento do cruceiro xaponés Takao de 9.850 toneladas o 31 de xullo de 1945.

  1. "Singapore objected to bridge to replace Causeway". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 20 de xuño de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]