Dwynwen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V Aberhonddu, Reino Unido |
Morte | 460 (Gregoriano) |
Actividade | |
Ocupación | líder relixioso |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 25 de xaneiro |
Familia | |
Pai | Brychan Brycheiniog |
Irmáns | Gwladys Cain Eluned Tydfil Cynog ap Brychan Dingad of Llandingat Arianwen Rhiangar Lluan Saint Tybie Saint Bilo Nefyn ach Brychan Ceinwen Nectan of Hartland Dyfnan Menefrida |
Saint Dwynwen (en pronuncia galesa [ˈdʊɨnwɛn]), ás veces coñecida como Touina, Dwyn ou Donwen, é a patroa galesa dos namorados. Ela celébrase en todo Gales o 25 de xaneiro.
Historia e lenda
[editar | editar a fonte]O conto orixinal mesturouse con elementos de contos populares e historias celtas, polo que hai unha serie de variacións sobre o mesmo. Crese que Dwynwen era filla do rei Brychan Brycheiniog, que viviu no século V; [1] a súa nai puido ser Rigrawst. Dwynwen viviu na illa de Anglesey.
No conto que se conta dela, ou ben un mozo chamado Maelon Dafodrill namórase dela, pero ela rexeita os seus avances; ou non pode casar con el porque o seu pai prohibiu o matrimonio e xa llo prometera a outra persoa.[1] Angustiada polo seu amor por Maelon, Dwynwen rezou para que se namorase del. Un anxo ofrécelle unha apócema e Maelon converteuse en xeo. Deus concedeulle entón tres peticións: que Maelon sexa liberado; que, a través dela, Deus coide de todos os verdadeiros amantes; e que siga solteira. Como mostra do seu agradecemento, retirouse á soidade de Ynys Llanddwyn fronte á costa oeste de Anglesey para converterse en eremita até a súa morte, cara ao ano 460; aínda que nalgúns textos se escribiu que ela fuxira alí polo seu medo a Maelgwn Gwynedd.[2]
Dwynwen estudou as propiedades curativas das herbas locais e, polo tanto, puido curar moitas enfermidades de persoas que a buscaban de todo Gales.[1]
Ynys Llanddwyn
[editar | editar a fonte]Dwynwen retirouse a unha pequena illa de mareas na costa suroeste de Anglesey; Newborough é a cidade máis próxima. En Anglesey construíu unha igrexa; que pasou a ser coñecida como Llanddwyn ("Igrexa de Dwynwen"). Os seus restos aínda poden verse en Ynys Llanddwyn.[1]
Veneración
[editar | editar a fonte]A igrexa de St Dwynwen en Ynys Llanddwyn converteuse nun santuario importante durante a Idade Media. O pozo sagrado converteuse nun lugar de peregrinación, no que se cría que o movemento dos peixes sagrados nas súas augas indicaba os destinos dos amantes.[1] A lenda é similar á da troita do Castro de Viladonga en Castro de Rei.[3]
Os poetas galeses Dafydd ap Gwilym, do século XIV, e Dafydd Trefor, que escribiu entre finais do século XV e principios do XVI, escribiron sobre a santa e os peregrinos que visitaron Ynys Llanddwyn. En Irlanda existe o ritual de lanzar frechas cara ao Mar Céltico, e o mesmo se fai en Gales no día de St. Dwynwen cara ao Atlántico, ao que os galeses chaman Mor Iago (Mar de Iago ou Santiago). En base aos versos de Trefor, o galés Howard Huws e o divulgador Manuel Gago Mariño afirman que o ritual era feito antes desde terras galegas (desde Grwyn).[4]
Despois da Reforma, as devocións no seu santuario foron suprimidas, e o sitio en si caeu rapidamente en mal estado debido aos efectos de numerosas tormentas de area. Os peregrinos que aínda viñan rezar pola zona visitaron o Pozo de San Elián.[5] Durante o século XIX, a Igrexa Anglicana redescubriu as devocións tradicionais, durante as cales no '60º ano da raíña Vitoria, probablemente 1879, erixiuse unha cruz lisa duns catorce pés (4,2 m) de altura en memoria de Dwynwen.[6]
En 1903 ergueuse preto das ruínas da igrexa unha cruz celta polo barón Wynn de Glynllivon, tamén en memoria da súa patroa.[7] O lugar agora forma parte dunha reserva natural.[5]
Padroado
[editar | editar a fonte]Alén dos namorados, Dwynwen tamén é a patroa dos animais enfermos.
Dydd Santes Dwynwen
[editar | editar a fonte]Dydd Santes Dwynwen en galés (IPA: [ˈdɨːð ˈsantɛs ˈdʊɨnwɛn]; St Dwynwen's Day en inglés); é considerado polos galeses o equivalente ao Día dos Namorados e é celebrado no 25 de xaneiro.[8]
Os calendarios do século XV e posteriores dan o 25 de xaneiro como día de conmemoración de St Dwynwen en Gales. Nicolas Roscarrok, con todo, dá como día o 13 de xullo, e opina que 'St Dwin' é o mesmo que 'Dwinwen'. No seu Calendario indica o 25 de xaneiro como o día de 'Dwinwent' ou 'Damwent'.[7]
San Dwynwen non se conmemora oficialmente nas liturxias das Igrexas Católica ou Anglicana, pero na Igrexa Ortodoxa é listada tanto en Litúrxicas Orientais como en Santos Latinos do Patriarcado Romano; ela non aparece na edición de 2004 do Martiroloxía Romana,[9] nin no calendario católico romano de Gales,[10] nin na revisión de 1995 do calendario da Igrexa en Gales.[11]
Legado
[editar | editar a fonte]O seu nome aínda é recordado en topónimos como Ynys Llanddwyn e Porthddwyn [12] en Anglesey (derradeiro refuxio dos druídas durante a conquista romana de Britania) en Gales e na igrexa de Sen Adhwynn en Advent, Cornualla.
Benjamin Williams escribiu "Dwynwen", un coro para voces masculinas con música do compositor galés Joseph Parry, para o Llandudno National Eisteddfod de 1896.[13]
A día de hoxe
[editar | editar a fonte]Durante a década de 1960, unha estudante do University College de Bangor, Vera Williams, tentou revivir a celebración do Día de San Dwynwen encargando catro deseños para as tarxetas do Día de San Dwynwen, ao estilo dun "Día de San Valentín galés". A prensa local adoptou a idea e, en 2004, a celebración do 25 de xaneiro como festival para os amantes dos galeses estaba tan ben establecida que mesmo o Concello de Gwynedd estaba a promovela.[5]
A popularidade e celebración do día de St Dwynwen aumentou considerablemente nos últimos anos, con eventos especiais, como concertos e festas, que adoitan celebrarse e o intercambio de tarxetas de felicitación de Dydd Santes Dwynwen.[14] Mesmo que non é aínda tan popular como San Valentín en febreiro, St Dwynwen é cada vez máis coñecido entre a poboación galesa de hoxe. Un gran impulso para o día de St Dwynwen produciuse en 2003 cando o Welsh Language Board uniuse co supermercado británico Tesco para distribuír 50.000 tarxetas gratuítas en 43 das súas tendas galesas. Inseriuse unha tarxeta cun corazón especial, cuxo buscador tería dereito a un premio.[15] A directiva tamén suxeriu numerosas formas de celebrar a festa ademais de enviar tarxetas, por exemplo, organizar un concerto temático de amor, organizar unha noite de solteiros, preparar unha comida romántica e quizais compoñer un poema de amor para ler no pub local.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Venerable Dwynwen of Llanddwyn Island, Patroness of Love and Marriage. Dmitry Lapa". OrthoChristian.Com. Consultado o 2023-01-26.
- ↑ Farmer, D. H., (1978) The Oxford Dictionary of Saints. Oxford: Clarendon Press.
- ↑ "Fonte da Troita: a veciña máis lonxeva de Ramil". Progreso de Lugo. 2022-04-12. Consultado o 2023-01-26.
- ↑ "twitter.com/magago/status/1610734700850446337". Twitter. Consultado o 2023-01-28.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Santes Dwynwen / Saint Dwynwen,edición bilingüe por Catrin Stevens, 2005, Gomer Press
- ↑ 'St Dwynwen's Cross', wales_picture.cfm?p=3829 no sitio web de Stay In Wales; consultado o 10 de febreiro de 2012
- ↑ 7,0 7,1 'Llanddwyn Island', Hugh Owen, en Transactions of the Anglesey Antiquarian Society and Field Club.
- ↑ "The Welsh Academy Encyclopaedia of Wales - Literature Wales - Literati by Credo". corp.credoreference.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-01-28.
- ↑ Martyrologium Romanum, 2004, Vatican Press (Typis Vaticanis).
- ↑ "Liturgical Calendar ; National Calendar for Wales I". www.liturgyoffice.org.uk. Consultado o 2023-01-28.
- ↑ "Calendar: Church in Wales". www.oremus.org. Consultado o 2023-01-28.
- ↑ Farmer, David (2011-01-01). Dwyn (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-959660-7. doi:10.1093/acref/9780199596607.001.0001/acref-9780199596607-e-488.
- ↑ Wales, Llyfrgell Genedlaethol Cymru/National Library of (2016-01-22). "Santes Dwynwen". National Library of Wales Blog (en inglés). Consultado o 2023-01-28.
- ↑ "Dydd-Santes-Dwynwen-an-icy-day-for-lovers". festival.si.edu. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2014. Consultado o 2013.
- ↑ "Cards for rival love saint" (en inglés). 2003-01-22. Consultado o 2023-01-28.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dwynwen |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Celtas |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Adwen, o santo relacionado de Cornualla
- Día dos namorados
- Mitoloxía galesa
- Mitoloxía galega