[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Daniil Kvyat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniil Kvyat

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Дании́л Квят Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Даниил Вячеславович Квят Editar o valor en Wikidata
26 de abril de 1994 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Ufa, Rusia Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia
Rusia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
2016-Scuderia Toro Rosso Editar o valor en Wikidata
Participou en
20112011 Formula Renault 2.0 NEC season (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaKelly Piquet (2017–2020) Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Páxina weben.kvyat.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: daniil.kvyat.1 Twitter: kvyatofficial Instagram: danydk1 Editar o valor en Wikidata

Daniil Vyacheslavovich Kvyat (ruso Дании́л Вячесла́вович Квят), nado o 26 de abril de 1994 en Ufa, Bashkortostán, Rusia, é un piloto ruso.

Foi subcampión na Eurocup Formula Renault 2.0 e campión nas Formula Renault 2.0 Alps Series de 2012 e GP3 Series de 2013. Fixo o seu debut na Fórmula 1 como piloto de Toro Rosso en 2014 e finalizou 15º no Campionato do Mundo. Logo pasou a Red Bull Racing como compañeiro Daniel Ricciardo para a tempada 2015. Logrou o seu primeiro podio na Fórmula Un no Gran Premio de Hungría de 2015, terminando segundo por detrás de Sebastian Vettel. Na súa primeira tempada con Red Bull Racing, Kvyat terminou 7º no Campionato de Pilotos, por diante do seu compañeiro de equipo. Comezou a tempada 2016 con Red Bull Racing, logrando o seu segundo podio, terminando terceiro no Gran Premio da China de 2016. No entanto, tras a polémica colisión durante a volta inicial da súa carreira na casa de Sochi, Kvyat volveu a Scuderia Toro Rosso antes do Gran Premio de España de 2016, onde terminou a tempada e foi retido polo equipo para a seguinte. Aínda que demostrou de forma consistente sólidas actuacións nas cualificacións do 2017, a súa tempada estivo chea de varios problemas, incluíndo varias retiradas en carreiras onde puido puntuar. Despois do Gran Premio dos Estados Unidos de 2017, onde logrou os seus últimos puntos de F1, Kvyat e Red Bull separáronse, terminando efectivamente o seu contrato. En xaneiro de 2018, anunciouse que Kvyat unírase a Scuderia Ferrari como piloto de desenvolvemento. En 2019 volveu a competir con Toro Rosso e na tempada 2020 competiu con Scuderia Alpha Tauri.

Karting (2009)

[editar | editar a fonte]

Kvyat foi corredor de karting en Rusia e Italia. En 2009, terminou terceiro na categoría KF3 do Campionato de Europa e subcampión da Serie Internacional WSK.

Fórmula BMW (2010)

[editar | editar a fonte]
Kvyat durante a carreira 1 da tempada 2010 de Fórmula BMW Pacífico no Circuíto Internacional de Sepang.

Kvyat comezou a súa carreira como piloto de fórmula na tempada 2010 na Fórmula BMW Pacífico con EuroInternational no Circuíto Internacional de Sepang. Na súa primeira carreira comezou na sexta posición, pero terminou dezanove.[1] e terminou quinto na segunda carreira. Durante a tempada, uniuse á Red Bull Junior Team e fixo a súa estrea na tempada 2010 na Fórmula BMW Europa co mesmo equipo.[2]. Rematou en décima posición cun segundo lugar en Monza.

Toyota Racing Series (2011)

[editar | editar a fonte]

Kvyat disputou en 2011 a Toyota Racing Series en xaneiro e febreiro de 2011 con Victory Motor Racing, terminando quinto no campionato cunha vitoria no Dan Higgins Trophy en Manfield e outros cinco podios.[3]

Fórmula Renault (2010-2012)

[editar | editar a fonte]

Logo de dúas carreiras con Koiranen Bros. Motorsport na tempada 2010 da Eurocup Formula Renault 2.0, Kvyat disputou co seu compañeiro en Red Bull Junior Carlos Sainz Jr. á tempada 2011 da Fórmula Renault 2.0 Northern European Cup. Acabou en segunda posición detrás de Sainz Jr. no campionato, con 7 vitorias (incluíndo un hat-trick en Monza). Na Eurocup foi superado polo seu ex rival na Fórmula BMW Robin Frijns e Sainz Jr , anotando dúas vitorias en Spa e Nürburgring.

No ano seguinte Kvyat permaneceu na categoría Fórmula Renault, competindo tanto nas series Formula Renault 2.0 Alps e Eurocup Formula Renault 2.0. O seu debut na serie Alps estivo marcado pola dobre vitoria en Monza.[4] En maio regresou á Eurocup, e rexistrou un dobre triunfo na rolda de apertura da tempada en Alcañiz.[5] Finalmente logrou o título na Alp e acabou como subcampión na Eurocup, tras un final de tempada espectacular en Cataluña, cando logo de liderar a carreira baixo unha intensa choiva, perdeu todo o agarre dos seus pneumáticos durante as últimas voltas. Kvyat perdeu o título por 10 puntos, pero quedou con Red Bull Junior Team para disputar á tempada 2013 da GP3 Series.

GP3 e a Fórmula 3 Europea (2013)

[editar | editar a fonte]

Kvyat pasou 2013 competindo na GP3 Series con MW Arden e o Campionato de Europa de Fórmula 3 con Carlin Motorsport.

O seu progreso na GP3 foi rápido tamén. Kvyat comezou mal a tempada, pero recuperouse de inmediato, finalmente, gañou o campionato no seu ano de debut. A súa actuación nas dúas carreiras finais en Monza e Yas Marina foi notable: Kvyat anotou a pole, a vitoria, liderou todas as voltas e rexistrou a volta rápida, obtendo o máximo de puntos posibles en ambas carreiras .

Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

Toro Rosso (2013-2014)

[editar | editar a fonte]
Kvyat no Gran Premio da China de 2014.

En outubro de 2013, Kyvat foi presentado como o segundo piloto do equipo Toro Rosso para a tempada de Fórmula 1 de 2014, xunto co francés Jean-Eric Vergne.[6] Kvyat tomara o posto deixado vacante por Daniel Ricciardo, a raíz da promoción deste último para o equipo pai Red Bull Racing.[7] De acordo co director Toro Rosso Franz Tost, o equipo considerou tamén António Félix da Costa e Carlos Sainz Jr., para o asento, pero Kvyat impresionounos cun forte rendemento, foi máis consistente que Félix da Costa ata o 2013, e tivo mellores resultados en GP3 que Sainz.[8]

Como piloto de probas para STR, participou nos adestramentos do venres para a final de dous Grandes Premios da tempada 2013, en Estados Unidos e Brasil.[9] Kvyat fixo o seu debut na F1 con 19 anos de idade no Gran Premio de Australia de 2014, onde terminou noveno, rompendo a marca de Sebastian Vettel como o piloto máis novo en anotar puntos na Fórmula Un.[10] Tamén logrou puntuar en Malaisia, China, Reino Unido e Bélxica,[11] terminando 15º no Campionato do Mundo. En setembro, os organizadores do primeiro Gran Premio de Rusia anunciaron a súa intención de nomear a un stand no Circuíto de Sochi co seu nome.[11]

En outubro de 2014 anunciouse que Kvyat pasaría a Red Bull na tempada 2015, para substituír o cuádruplo campión do mundo Sebastian Vettel.[12]

Red Bull (2015–2016)

[editar | editar a fonte]
Kvyat (dereita) no Gran Premio de Bahrain de 2016.

Kvyat correu para Red Bull na tempada 2015, xunto a Daniel Ricciardo, logo de ser promovido despois da marcha do catro veces campión do mundo Sebastián Vettel a Ferrari.[13] Logrou o seu primeiro podio no deporte terminando nun segundo lugar Gran Premio de Hungría de 2015, o final máis alto para un piloto ruso na Fórmula 1.[14] En consecuencia, Kvyat converteuse no segundo piloto máis novo en lograr un podio na categoría a idade de 21 anos e 91 días só por detrás de Vettel. Na cualificación para o Gran Premio do Xapón de 2015, Kvyat estrelouse fortemente nas barreiras, en última instancia, envorcando o coche.[15] Saíu ileso e terminou 13º na carreira ao día seguinte. Kvyat terminou a tempada de 2015 con 95 puntos e no sétimo lugar no Campionato Mundial de Pilotos vencendo ao seu compañeiro de equipo Daniel Ricciardo por 3 puntos.[16]

Toro Rosso (2016 - 2017)

[editar | editar a fonte]

O 5 de maio de 2016, Red Bull anunciou que o piloto Max Verstappen de Toro Rosso substituiria a Kvyat a partir do Gran Premio de España de 2016 e que Kvyat volvería a Toro Rosso xunto a Carlos Sainz. De acordo co director de Red Bull Christian Horner, "Dany poderá continuar o seu desenvolvemento en Toro Rosso, un equipo que coñece, dándolle a oportunidade de recuperar a súa forma e mostrar o seu potencial".[17] Antes do Gran Premio dos Estados Unidos de 2016 anunciouse que Kvyat renovara con Toro Rosso para 2017 logo de moitas especulacións.[18]

O 26 de setembro de 2017, Toro Rosso anunciou a decisión de substituír a Kvyat para o seguinte Gran Premio de Malaisia de 2017 polo francés Pierre Gasly, tras unha decepcionante racha consecutiva do ruso. Mentres confirmou a decisión de manter parado a Kvyat, nun comunicado, Toro Rosso agregou que a interrupción do piloto non debería considerarse unha separación permanente do equipo, e dixo: "Este non é un caso de despedida para Daniil, xa que aínda permanece como parte da familia Red Bull."[19] Kvyat volveu a competir con Toro Rosso no Gran Premio dos Estados Unidos de 2017, logo do pase do seu compañeiro de equipo Carlos Sainz a Renault. Malia lograr puntuar no GP dos Estados Unidos non foi suficiente para asegurar o seu asento unha vez máis, xa que Toro Rosso elixiu continuar co neozelandés Brendon Hartley e dar a benvida ao regreso de Pierre Gasly para completar o dúo do equipo na preparación para México.[20] O 25 de outubro de 2017, Helmut Marko confirmou que Kvyat non volvería ao equipo e sería substituído por Brendon Hartley e Pierre Gasly para o resto da tempada 2017.

O 29 de outubro de 2017, o director técnico de Williams Paddy Lowe dixo que Williams considerábao como unha opción para a tempada 2018.[21]

Ferrari (2018)

[editar | editar a fonte]

Despois de non lograr un asento para a tempada 2018, Kvyat converteuse no terceiro piloto de Ferrari.[22] Aínda que se centrou principalmente no simulador do equipo en Maranello. Kvyat pilotou o Ferrari SF71H por primeira vez en Fiorano, durante unha proba en mollado de Pirelli en abril de 2018.[23]

Toro Rosso terceira tempada (2019)

[editar | editar a fonte]
Kvyat no Gran Premio de Austria de 2019

Kvyat reincorporouse a Toro Rosso como piloto para a tempada 2019, substituíndo ao Pierre Gasly, vinculado a Red Bull. Isto fixo que Kvyat correse para o equipo co que debutou na Fórmula Un por terceira vez na súa carreira.[24] Inicialmente corría xunto ao piloto tailandés Alexander Albon, que viña do Campionato da FIA de Fórmula 2.[25] Kvyat fixo grandes actuacións durante a primeira metade da tempada, logrando seis puntos en doce carreiras. Non obstante, sufriu retiradas consecutivas en China e Acerbaixán, ambas as dúas como resultado de danos por colisión. Os seus puntos incluíron o 7º posto en Mónaco, un 9º posto en Gran Bretaña despois de comezar dende a última fila da grella e un sorprendente 3º posto no podio no chuvioso Gran Premio de Alemaña. Isto ocorreu despois dunha estratexia para cambiar a pneumáticos de seco antes do resto da pista e adiantar a Lance Stroll. Isto marcou o terceiro podio de Kvyat e o primeiro podio de Toro Rosso desde que gañou o Gran Premio de Italia de 2008.[26]

Durante o parón estival previo ao Gran Premio de Bélxica, o compañeiro de equipo de Kvyat, Albon, ascendeu a Red Bull en agosto para substituír a [[Pierre Gasly], que foi degradado de novo a Toro Rosso. Algúns cuestionaron a decisión de non promocionar a Kvyat, xa que superou a Albon durante a primeira metade da tempada. Red Bull xustificou o movemento dicindo que desexaban probar a Albon o resto da tempada para decidir quen sería o compañeiro de Max Verstappen no equipo en 2020.[27] Kvyat realizou unha excelente condución en Bélxica para rematar no sétimo lugar despois de comezar no 19º posto debido ás sancións polas unidades de potencia. A súa terceira retirada da tempada chegou na seguinte carreira en Italia despois de sufrir unha fuga de aceite. Kvyat logrou tres puntos máis no que quedaba de tempada, dous décimos postos en Xapón e Brasil, e un 9º posto en Abu Zabi. Tamén terminou nos puntos en México e nos Estados Unidos, pero recibiu penalizacións posteriores á carreira por causar colisións na última volta nas dúas carreiras, caendo fóra dos puntos. Kvyat terminou a tempada no 13º posto do campionato con 37 puntos.

AlphaTauri (2020)

[editar | editar a fonte]
Kvyat no Gran Premio da Toscana de 2020

AlphaTauri (anteriormente Toro Rosso) retivo a Kvyat e Gasly para a Tempada 2020.[28] Kvyat retirouse da primeira carreira da tempada (o Gran Premio de Austria de 2020) debido a un fallo na suspensión. Logrou o seu primeiro punto da tempada no Gran Premio de Estiria cun décimo posto final.[29] Retirouse no Gran Premio de Gran Bretaña despois dun forte choque contra as barreiras provocado por un fallo dos pneumáticos.[30] Kvyat quedou cuarto no Gran Premio da Emilia-Romaña de 2020 despois dunha sucesión de adiantamentos a Alexander Albon, Sergio Pérez Mendoza e Charles Leclerc despois do reinicio tralo Coche de seguridade. Yuki Tsunoda substituíu a Kvyat en AlphaTauri para 2021.[31]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Daniil Kvyat viviu en Ufa Rusia ata a idade de seis anos cando a súa familia trasladouse a Moscova. Aquí é onde primeiro competiu en go-karts antes de irse a Europa para iniciarse na competición.[32] Kvyat vive actualmente en Mónaco. Ademais do seu ruso nativo, tamén fala con fluidez italiano, español, inglés e ten certa habilidade para falar finlandés.[33][34]

As regras introducidas para a tempada de Fórmula 1 de 2014 permitiron aos pilotos elixir os seus propios números de carreiras que levaran con eles para o resto das súas carreiras. Cando se lle preguntou que número quería, Kvyat revelou que o 26 era o número que elixira, xa que non tiña ningunha conexión previa con el, e que quería que fora exitosa.[35]

As afeccións de Kvyat inclúen o tenis de mesa, fútbol, wakeboard e esquí.[36]

Ata o novembro de 2015, Kvyat era un dos poucos pilotos no automobilismo que tiña unha super licenza da FIA, pero non tiña permiso de conducir regular na súa Rusia natal.[37]

Rexistros na súa andaina

[editar | editar a fonte]

Resumo das súas carreiras

[editar | editar a fonte]
Tempada Series Equipo Carreiras Gañadas Poles V/rápida Podios Puntos Posición
2010 Formula BMW Europe EuroInternational 16 0 0 0 1 138 10º
Formula BMW Pacific 8 2 2 0 5 0 NC†
Formula Renault UK Winter Series Koiranen Bros. Motorsport 6 0 1 0 2 109
Eurocup Formula Renault 2.0 2 0 0 0 0 0 NC†
2011 Eurocup Formula Renault 2.0 Koiranen Motorsport 14 2 2 3 6 155
Formula Renault 2.0 NEC 20 7 2 5 13 431
Formula Renault UK Finals Series 6 0 0 1 2 111
Toyota Racing Series Victory Motor Racing 12 1 1 3 6 138
2012 Eurocup Formula Renault 2.0 Koiranen Motorsport 14 7 3 5 9 234
Formula Renault 2.0 Alps 14 7 4 4 8 217
2013 GP3 Series MW Arden 16 3 2 4 5 168
FIA European Formula 3 Championship Carlin 21 1 5 1 7 0 NC†
2014 Fórmula 1 Scuderia Toro Rosso 19 0 0 0 0 8 15º
2015 Fórmula 1 Infiniti Red Bull Racing[38] 19 0 0 0 1 95
2016 Fórmula 1 Red Bull Racing 4 0 0 0 1 25 14º
Scuderia Toro Rosso 17 0 0 1 0
2017 Fórmula 1 Scuderia Toro Rosso 15 0 0 0 0 5 19º
2018 Fórmula 1 Scuderia Ferrari Piloto de desenvolvemento
2019 Fórmula 1 Scuderia Toro Rosso 21 0 0 0 1 37 13º
2020 Fórmula 1 Scuderia Toro Rosso 17 0 0 0 0 32 14º

† – como Kvyat era un piloto invitado, non puntuaba.

Resultados completos na GP3 Series

[editar | editar a fonte]

(key) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos
2013 MW Arden ESP
FEA

20
ESP
SPR

Ret
VAL
FEA

4
VAL
SPR

5
GBR
FEA

4
GBR
SPR

4
GER
FEA

Ret
GER
SPR

16
HUN
FEA

3
HUN
SPR

7
BEL
FEA

1
BEL
SPR

6
ITA
FEA

1
ITA
SPR

2
ABU
FEA

1
ABU
SPR

5
168

Resultados completos no Campinato de Europa de Fórmula 3 da FIA

[editar | editar a fonte]

(key)

Ano Equipo Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Pos. Puntos
2013 Carlin Volkswagen MNZ
1

MNZ
2

MNZ
3

SIL
1

SIL
2

SIL
3

HOC1
1

10
HOC1
2

12
HOC1
3

3
BRH
1

10
BRH
2

12
BRH
3

14
RBR
1

2
RBR
2

2
RBR
3

2
NOR
1

Ret
NOR
2

12
NOR
3

Ret
NÜR
1

9
NÜR
2

13
NÜR
3

16
ZAN
1

1
ZAN
2

3
ZAN
3

4
VAL
1

4
VAL
2

3
VAL
3

7
HOC2
1

HOC2
2

HOC2
3

NC 0

Notas:

  • ‡ − Como Kvyat era un piloto invitado, non puntuaba.

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 Pos Ptos.
2020 Scuderia AlphaTauri Honda AlphaTauri AT01 Honda RA620H 1.6 V6 t AUT
12
EST
10
HUN
12
GBR
Ret
70º
10
ESP
12
BEL
11
ITA
9
TUS
7
RUS
8
EIF
15
POR
19
EMI
4
TUR
12
BAH
11
SAK
7
ABU
11
14º 32
2019 Red Bull Toro Rosso Honda Scuderia Toro Rosso STR14 Honda RA619H 1.6 V6 t AUS
10
BHR
12
CHN
Ret
ACE
Ret
ESP
9
MON
7
CAN
10
FRA
14
AUT
17
GBR
9
RUS
3
HUN
15
BEL
7
ITA
Ret
SIN
15
RUS
12
XPN
10
MEX
11
USA
12
BRA
10
ABU
9
13º 37
2017 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR12 Renault
R.E. 17 1.6 V6 t
AUS
9
CHN
Ret
BHR
12
RUS
12
ESP
9
MON
14†
CAN
Ret
ACE
Ret
AUT
16
GBR
15
HUN
11
BEL
12
ITA
12
SIN
Ret
MAL
XPN
USA
10
MEX
BRA
ABU
19º 5
2016 Red Bull Racing Red Bull RB12 TAG Heuer 1.6 V6 t AUS
NTS
BHR
7
CHN
3
RUS
15
14º 25
Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR11 Ferrari 060 1.6 V6 t ESP
10
MON
Ret
CAN
12
EUR
Ret
AUT
Ret
GBR
10
HUN
16
ALE
15
BEL
14
ITA
Ret
SIN
9
MAL
14
XPN
13
USA
11
MEX
18
BRA
13
ABU
Ret
2015 Infiniti Red Bull Racing Red Bull Renault AUS
NTS
MAL
9
CHN
Ret
BHR
9
ESP
10
MON
4
CAN
9
AUT
12
RU
6
HUN
2
BEL
4
ITA
10
SIN
6
XPN
13
RUS
5
USA
Ret
MEX
4
BRA
7
ABU
10
95
2014 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR9 Renault
Energy F1-2014 1.6 V6 t
AUS
9
MAL
10
BAH
11
CHN
10
ESP
14
MON
Ret
CAN
Ret
AUT
Ret
RU
9
ALE
Ret
HUN
14
BEL
9
ITA
11
SIN
14
XPN
11
RUS
14
USA
15
BRA
11
ABU
Ret
15º 8
2013 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR8 Ferrari
056 2.4L V8
AUS
MAL
CHN
BHR
ESP
MON
CAN GBR
ALE
HUN
BEL
ITA
SIN
XPN
COR
IND
ABU
USA
TD
BRA
TD
- -
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2016. Consultado o 04 de abril de 2016. 
  2. Benso, Michele (2009-09-01). "Europe – Exclusive: Kvyat, Sainz Jr. and Frijns arrows over the 2010 Red Bull Eurointernational". stopandgo.tv (Stop&Go!). Consultado o 2009-10-22. [Ligazón morta]
  3. "Red Bull Junior Driver takes Dan Higgins Trophy". Toyota Racing Series (Toyota Racing Management). 12 de febreiro de 2011. Consultado o 8 de maio de 2012. 
  4. Borgo, Marco (25 de marzo de 2012). "Alps – Monza, Gara 2: Incontenibile Kvyat". stopandgo.tv (en Italian) (Stop&Go). Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2016. Consultado o 29 de marzo de 2012. 
  5. "Classy Kvyat at the double". World Series by Renault (Renault Sport). 6 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2013. Consultado o 6 de maio de 2012. 
  6. Noble, Jonathan; Kuntschik, Gerhard (21 October 2013). "Daniil Kvyat gets 2014 Toro Rosso Formula 1 seat". Autosport (Haymarket Media Group). Consultado o 21 de outubro de 2013. 
  7. "Daniil Kvyat Signs with Toro Rosso for 2014 Formula 1 Season". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 04 de decembro de 2013. 
  8. Mathias Brunner (23 de outubro de 2013). "Franz Tost: "Deshalb haben wir Daniil Kvyat gewählt"". Speedweek (en German). Consultado o 25 de outubro de 2013. 
  9. "Brazilian Grand Prix: Kvyat expands experience with wet session". Crash Media Group. 22 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2014. Consultado o 17 de marzo de 2014. 
  10. Benson, Andrew (16 de marzo de 2014). "Rosberg wins after Lewis Hamilton and Vettel retire". BBC Sport (BBC). Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  11. 11,0 11,1 "Kvyat honoured by Sochi circuit". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 1 Sep 2014. Consultado o 18 de novembro de 2014. 
  12. "Vettel to leave Red Bull after 2014; Kvyat to be promoted". 4 de outubro de 2014. Consultado o 4 de outubro de 2014. 
  13. Esler, William (4 de outubro de 2014). "Daniil Kvyat says he is 'honoured' by his promotion to Red Bull for 2015". SkySports.com. Consultado o 5 de outubro de 2014. 
  14. "Budapest stats - Vettel finally breaks his Hungarian hoodoo". Formula1.com (Formula One World Championship Limited). 26 de xullo de 2015. Consultado o 28 de xaneiro de 2016. 
  15. "Daniil Kvyat crashes in Japanese GP qualifying". Sky Sports (BSkyB). 26 de setembro de 2015. Consultado o 28 de xaneiro de 2016. 
  16. "2015 Driver Standings". Formula1.com. Consultado o 1 de febreiro de 2016. 
  17. "New line-up for Spain". RedBullRacing.com. 5 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2017. 
  18. "Kvyat to stay at Toro Rosso for 2017". GPUpdate.net (JHED Media BV). 22 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2016. 
  19. "Pierre Gasly to drive with Scuderia Toro Rosso". scuderiatororosso.com. Scuderia Toro Rosso. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2017. Consultado o 26 de setembro de 2017. 
  20. Benson, Andrew (23 de outubro de 2017). "Brendon Hartley: Toro Rosso driver will keep his seat for Mexican Grand Prix". BBC Sport. Consultado o 25 de outubro de 2017. 
  21. Cooper, Adam (29 de outubro de 2017). "Kvyat "in the frame" for 2018 Williams seat". Motorsport.com (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2017. 
  22. Noble, Jonathan (10 de xaneiro de 2018). "Daniil Kvyat secures Ferrari Formula 1 development role for 2018". autosport.com. Consultado o 10 de xaneiro de 2018. 
  23. "Kvyat drives Ferrari for the first time during Pirelli test". www.grandprix247.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2021. Consultado o 19 de setembro der 2018. 
  24. Mitchell, Scott. "Kvyat seals F1 return with Toro Rosso". motorsport.com. Consultado o 29 de setembro de 2018. 
  25. "Alexander Albon: Toro Rosso deal for 2019 for British-born Thai driver". BBC Sport (en inglés). 26 de novembro de 2018. Consultado o 5 de xaneiro de 2019. 
  26. "New father Kvyat caps 'surreal' weekend with surprise podium". F1.com (en inglés). 28 de xullo de 2019. Consultado o 29 de xullo de 2019. 
  27. "Red Bull drops Pierre Gasly for Alexander Albon". Motor Sport Magazine (en inglés). 12 de agosto de 2019. Consultado o 5 de xaneiro de 2020. 
  28. "Franz Tost reckons Pierre Gasly, Daniil Kvyat make up his best line-up". PlanetF1 (en inglés). Consultado o 2020-06-01. 
  29. "Formula 1 Pirelli Grosser Preis der Steiermark 2020 - Race Result". Formula1 (en inglés). Consultado o 2020-08-11. 
  30. "Kvyat out after huge 180mph crash at Maggots". PlanetF1 (en inglés). Consultado o 2020-08-11. 
  31. "Tsunoda confirmed at AlphaTauri for 2021 season". Motorsport Week (en inglés). 2020-12-16. Consultado o 2020-12-16. 
  32. https://www.youtube.com/watch?v=nLOxjCgLcDc
  33. https://twitter.com/dany_kvyat/status/709954620576178176
  34. "Biography". daniilkvyat.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2022. Consultado o 19 de novembro de 2009. 
  35. Даниил Квят выбрал номер 26 [Daniil Kvyat chose number 26]. Autosport Russian Edition (en Russian) (Haymarket Publications). 21 de decembro de 2013. Consultado o 4 de xaneiro de 2014. 
  36. "About Daniil". Red Bull. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2013. Consultado o 17 de marzo de 2014. 
  37. Daniil Kvyat takes his Russian Driving Test. YouTube (YouTube, LLC). 5 de novembro de 2015. Consultado o 28 de xaneiro de 2016. 
  38. "Daniil Kvyat". Infiniti Red Bull Racing. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2014. Consultado o 28 November 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]