Década de 1080
Aparencia
Segundo milenio | |||||
Século XI | |||||
| |||||
|
1080
- Artigo principal: 1080.
- Tzakhas, un aventureiro turco instálase en Esmirna, autoproclámase emir e comeza, con axuda dunha frota, que acolle incluso bizantinos, a conquistar illas e territorios costeiros do mar Exeo (até que é derrotado por Alexo I Comneno cara 1090).
- O rabbino Josef ibn Ferrusel «Cidiello» é elevado a conselleiro e médico do rei Afonso VI (até 1095).
- Concilio de Burgos: adóptase para os reinos casteláns na liturxia o rito romano, en substitución do rito hispano (tamén denominado "mozárabe").
- O papa Gregorio VII escomunga ao emperador xermano Henrique IV, por segunda vez.
- Al-Mutamid ben Abet, rei taifa de Sevilla, toma a cidade de Córdoba.
1081
- Artigo principal: 1081.
- Comeza o reinado de Alexo I, que inaugura en Bizancio a dinastía Comneno
1082
- Artigo principal: 1082.
1083
- Artigo principal: 1083.
- Sancho I de Aragón conquista Graus.
1084
- Artigo principal: 1084.
1085
- Artigo principal: 1085.
- Afonso VI de León conquista Toledo.
1086
- Artigo principal: 1086.
- O rei de Castela Afonso VI é derrotado polos mouros na batalla de Zalaca
- Redacción en Inglaterra do "Domesday Book", catastro das propiedades territoriais e das rendas que ingresan.
- Asemblea de Salisbury: a fidelidade vasalática dos señores menores fica ligada ao respecto da vasalaxe debida en primeiro lugar ao rei de Inglaterra.
- O emperador do Sacro Imperio Henrique IV recoñece a monarquía de Bratislav I en Bohemia.
1087
- Artigo principal: 1087.
Europa
- 9 de setembro - Roberto II convértese en duque da Normandía, sucedendo a Guillerme o Conquistador.
- Guillerme II convértese en rei de Inglaterra, sucedendo a Guillerme o Conquistador.
- 9 de maio - Os restos de San Nicolao chegan a Bari (Italia).
- Primeira vida de Raimundo de Borgoña á Península Ibérica para os esponsorios con Urraca de León, filla de Afonso VI de León.
- Primeira cita documentar da cidade galega de Ferrol.
- Londres sofre un incendio que destrúe o centro da cidade e a Catedral de San Paulo.
- Liderada polo conde Rodrigo Ovéquiz e o bispo de Compostela Diego Páez a nobreza galega inicia unha revolta contra Afonso VI.
Asia
- Remata o reinado formal do Emperador Shirakawa, mais non do seu goberno enclaustrado.
- O Emperador Horikawa ascende ao trono xaponés.
1088
- Artigo principal: 1088.
- 12 de marzo: Comeza o pontificado de Urbano II.
- Fundación da Universidade de Boloña.
- Concilio de Husillos (hoxe na provincia de Palencia) no cal, entre outros asuntos, trátase da deposición do bispo de Compostela, Didacus Pelagici (Diego Páez), e dos límites da diocese de Osma.
- Raimundo de Borgoña e a súa esposa, Urraca, filla do rei Afonso VI de León, son nomeados condes de Galiza.
- O conde Pedro Froilaz casa con Urraca Froilaz de Traba unindo os seus patrimonios territoriais no denominado condado de Trastámara.
1089
- Artigo principal: 1089.
- Ladislau I de Hungría derrota os cumanos, pobo nómade turco.
- Conquista de Creta polos bizantinos.