[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sancho Ramírez de Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sancho I de Aragón»)
Modelo:BiografíaSancho Ramírez de Aragón

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1045 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
MorteDespois de 4 de xuño de 1094 Editar o valor en Wikidata (978/979 anos)
Huesca, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPanteão dos Reis de San Juan de la Peña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei de Pamplona
1076 – 1094
← Sancho Garcés IV de NavarraPedro I de Aragón e Pamplona →
Conde de Ribagorza
1063 (Gregoriano) – 1085 (Gregoriano)
← Ramiro I de Aragão (pt) TraducirPedro I de Aragón e Pamplona →
Monarca do Reino de Aragón
1063 – 1094
← Ramiro I de Aragão (pt) TraducirPedro I de Aragón e Pamplona → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Aragón
Rei de Pamplona
Conde de Ribagorza Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Ximena e Casa de Aragón Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFelicia de Roucy (1063 (Gregoriano)–)
Isabella of Urgell Editar o valor en Wikidata
FillosPedro I de Aragón e Pamplona
 () Isabella of Urgell
Fernando Sánchez
 () Felicia de Roucy
Afonso I de Aragón
 () Felicia de Roucy
Ramiro II de Aragón
 () Felicia de Roucy Editar o valor en Wikidata
PaisRamiro I de Aragão Editar o valor en Wikidata  e Ermesinda de Foix Editar o valor en Wikidata
IrmánsGarcía Ramírez de Aragón
Sancha de Aragão, Condessa de Urgel
Sancho Ramírez
Teresa of Aragon
Urraca of Aragon Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1726235 WikiTree: Aragón-344 Find a Grave: 88149714 Editar o valor en Wikidata

Sancho Ramírez rei de Aragón entre 1063-1094 e de Pamplona entre 1076-1094. Coñecido como Sancho I de Aragón e como V de Pamplona.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Ramiro I e Ermesinda de Foix. casou en primeiras nupcias, posibelmente en 1065, con Isabel de Urgell da que nacería o futuro rei Pedro I.

Sucedeu ao seu pai á idade de 18 anos. Tomou Barbastro aos musulmáns, en 1064, en unión con Armengol III, conde de Urgell, que morreu na liorta, aínda que ao ano seguinte, Al-Muqtadir, rei da taifa de Zaragoza, reaccionou solicitando a axuda de todo Al-Andalus, chamando á súa vez á xihad e volvendo recuperar Barbastro en 1065. Hai que recordar que Barbastro era capital do distrito nordés do reino de Zaragoza, e chave da rica veiga do Cinca, ademais de sede dun importante mercado.

En 1068 Sancho Ramírez viaxa a Roma para consolidar o novo Reino de Aragón ofrecéndose en vasaiaxe ao Papa. Este vínculo está documentado ata na contía do tributo de 600 marcos de ouro ao ano que debía pagar ao Estado Pontificio o Reino de Aragón. Aduciuse unha posible relación desta relación feudo-vasaiática coas armas de liñaxe e a cor dos fíos das cintas de lemnisco das que pendían os selos papais co emblema de paus ouro e goles que constituirá, a partir de Afonso II, o sinal real do rei de Aragón.

O rei de Navarra, Sancho Garcés, primo de Sancho Ramírez, foi asasinado polo seu propio irmán Ramón, que nunha partida de caza precipitouno dunha elevada roca. Os navarros, non querendo ser gobernados polo fratricida, elixiron polo seu rei a Sancho Ramírez, o cal incorporou a coroa de Pamplona á de Aragón.

En 1078 tallou os campos de Zaragoza, construíu a fortaleza de Castellar, máis tarde fixo tributario ao rei musulmán daquela cidade. En 1083 apoderouse do castelo de Graus, de Piedratallada e de Ayerbe que mandou repoboar. A conquista do chairo íase asegurando coa construción de castelos que servían de lanzadeira e logo como protección da terra conquistada. Construíu Sancho Ramírez os castelos de Loarre, Obanos, Montearagón, Artasona, Castiliscar etc.

No ano 1086, gañado Monzón, deu esta praza con título de rei ao seu fillo Don Pedro, que xa o era de Sobrarbe e Ribagorza.

Para establecer relacións cordiais con Castela, axudou a Afonso VI na batalla de Sagrajas (1086) e na defensa de Toledo (1090) e, finalmente, concertou un tratado de axuda mutua co O Cid Campeador (1092).

Completou o cerco de Huesca fortificando Abiego, Labata e Santa Eulalia la Mayor (1092).

Morreu o 4 de xuño do ano 1094 dun frechazo que recibiu cercando Huesca. O seu corpo foi levado ao mosteiro de Monte-Aragón, e trasladado despois ao de San Juan de La Peña.

Durante o seu reinado introduciuse o rito romano en diversos mosteiros baixo a súa xurisdición (1071).

A súa segunda muller foi Felicia de Roucy, da que tivo ao infante D. Fernando de Navarra, Afonso I e a Ramiro II.

Casou en primeiras nupcias, posiblemente en 1065, con Isabel de Urgell, filla do conde Armengol III de Urgell. Divorciouse dela en 1071. Desta unión naceu:

  • Pedro I Sánchez "o Católico" (n.1070–†1104), rei de Pamplona e Aragón en 1094-1104.

Casou en segundas nupcias en 1076 con Felicia de Roucy, filla do conde Hilduin III de Roucy. Desta unión naceron:

  • Fernando Sánchez de Aragón (n.1078)
  • Afonso I Sánchez "o Batallador" (n.1073–†1034), rei de Pamplona e Aragón en 1104-1134.
  • Ramiro II Sánchez "o Monxe" (n.1075-?1157), rei de Aragón en 1134-1137.

Da súa mocidade na corte catalá, cara a 1060, tivo un fillo ilexítimo chamado máis tarde

  • Don Vela de Aragón e fundador da Casa de Ayala, emparentado coa Casa de Biscaia,

a cal estaba aliada con Castela.