[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Gránulo (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un leucocito neutrófilo no centro rodeado de glóbulos vermellos. Poden verse moitos gránulos citoplasmáticos tinguidos con Giemsa.

En bioloxía celular chámase gránulo a unha pequena partícula. Pode ser un gránulo calquera estrutura visible con microscopio óptico, pero o termo úsase principalmente para describir as vesículas secretoras que se encontran no citoplasma de moitas células.

Exemplos de células que teñen gránulos moi evidentes no seu citoplasma son os leucocitos granulocitos. Os gránulos dos leucocitos clasifícanse en azurófilos e específicos[1][2]. O contido dos seus gránulos é encimático e xoga un papel importante na función lítica desas células, xa que o seu contido se libera en resposta a estímulos inmunitarios, proceso chamado desgranulación. As plaquetas tamén teñen gránulos, denominados gránulos densos e gránulos alfa, que conteñen ATP, calcio e diversos factores de crecemento[3].

  1. "Definition: specific granule from Online Medical Dictionary". 
  2. Okuda M, Takenaka T, Kawabori S, Ogami Y (1981). "Ultrastructural study of the specific granule of the human eosinophil". J. Submicrosc. Cytol. 13 (3): 465–71. PMID 7334549. 
  3. Harrison P, Cramer E (1993). "Platelet alpha-granules.". Blood Rev 7 (1): 52–62. PMID 8467233. doi:10.1016/0268-960X(93)90024-X. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]