[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Globicephala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Globicephala
Caldeiróns

Globicephala melas
Estado de conservación
Datos insuficientes[1][2]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Infraorde: Delphinida
Superfamilia: Delphinoidea
Familia: Delphinidae
Subfamilia: Globicephalinae
Xénero: Glopbicephala
Lesson, 1828 [3]
Distribución das dúas especies de Globicephala En verde: G. melas. En azul: G. macrormacrorhynchus.
Distribución das dúas especies de Globicephala
En verde: G. melas. En azul: G. macrormacrorhynchus.

Distribución das dúas especies de Globicephala
En verde: G. melas. En azul: G. macrormacrorhynchus.
Especies
Sinonimia

Véxase o texto

Globicephala macrorhynchus.

Globicephala é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos delfínidos catacterizados sobre todo poque o seu melón frontal está moi desenvolvido, o que fai que teñan a cabeza bulbosa, máis pronuciada nos machos adultos,[4] e ao que alude o nome do xénero, Globicephala, literalmente "os de cabeza en forma de globo", e que en galego coñécense como caldeiróns.[5]

Son animais sociais que se desprazan frecuentemente en grupos que oscilan entre unha decena e varios centos de individuos.[4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero Globicephala foi creado por Lesson en 1828, aparecendo por primeira vez en Compl. Oeuvres Buffon Hist. Nat., 1: 441, tomando como especie tipo a Delphinus globiceps Cuvier, 1812 (= Delphinus melas Traill, 1809).[6]

Sinonimia

[editar | editar a fonte]

Ao longo do tempo, o xénero foi coñecido polos sinónimos seguintes:[6]

  • Cetus Wagler, 1830
  • Globiceps Flower, 1884
  • Sphaerocephalus Gray, 1864

Clasificación

[editar | editar a fonte]

O xénero comprende dúas especies,[3] unha delas con dúas subespecies:[6]

Nota taxonómica

[editar | editar a fonte]

Segundo van Bree (1971), antigamente a especie denominábase Globicephala melaena, pero segundo o artigo 31b da terceira edición do Código internacional de nomenclatura zoolóxica (1985), da Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, modificouse en melas, como exemplo dun adxectivo grego que non cambia a súa terminación cando se transfire dun xénero no que previamente figuraba a outro posterior (sen modificar, por tanto, a concordancia gramatical entre nome xenérico e específico.[6]

Estado das poboacións

[editar | editar a fonte]

En 2008, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza cualificou o estado de conservación das poboacións de ambas as especies como "DD" (datos insuficientes).

No caso de Globicephala melas, en primeiro lugar, porque é tratada como unha soa especie, aínda que puidera tratarse de dúas ou máis (do que non hai de momento probas) e, se así fora, algunhas destas poboacións poderían xustificar o seu listado en categorías superiores de risco.[1]

As principais ameazas que poderían causar caídas importantes das súas poboacións son actuacións antropoxénicas, como o aumento dos ruídos dos sonares, especielmente dos militares e os empregados nas prospeccións sísmicas, e as captutras accidentais na pesca, especialmente na de luras,[1] calculándose que podería reducir a súa poboación global nun 30 % ao longo de tres xeracións.[7]

En canto a Globicephala macrorhynchus, as razóns aducidas pola UICN son as mesmas que para a especie anterior.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): Globicephala melas na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2016-1. Consultada o 24 de agosto de 2016.
  2. 2,0 2,1 Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): Globicephala macrorhynchus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2016-1. Consultada o 24 de agosto de 2016.
  3. 3,0 3,1 Globicephala Lesson, 1828 no ITIS.
  4. 4,0 4,1 Carwardine, M. (1995>), pp. 148-151.
  5. Véxase a 3ª acepción de caldeirón no dicionario da RAG Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine..
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005)
  7. Taylor, B. L., Chivers, S. J., Larese, J. and Perrin, W. F. (2007): Generation length and percent mature estimates for IUCN assessments of Cetaceans. Southwest Fisheries Science Center.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]