Border Collie
Border Collie | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
O Border Collie é unha raza de can desenvolvida na rexión fronteiriza angloescocesa, criada orixinalmente para pastorear o gando, especialmente as ovellas.[1]
Considerado altamente intelixente, extremadamente enerxético, acrobático e atlético, compiten de maneira habitual en probas de pastoreo e deportes caninos.[2] A miúdo son considerados como a raza de can doméstico máis intelixente.[3] Os Border Collies continúan a ser empregados no seu traballo tradicional de pastorear gando e tamén son mantidos como mascotas.
Aparencia
[editar | editar a fonte]Polo xeral, os Border Collies son cans de tamaño medio. A súa pelaxe dobre vén en varias cores, a pesar de que a bicolor negra e branca sexa a máis común e tradicional. A coloración do seu pelo pode ser tamén tricolor negra (negro-castaño-branco), e tricolor vermella (vermello fígado-castaño-branco). A cor dos ollos varía de castaño a azul, e ocasionalmente acontecen casos de heterocromía, o que é permitido no padrón oficial en especial en cans merlé. As orellas tamén poden ter varias formas: algunhas son totalmente erectas, mentres que outras son semierectas ou caídas. A súa altura varía conforme ao sexo do animal: 48cm a 56cm na cernella para os machos, e 46 a 56cm para as femias, as cales son lixeiramente menores que os machos.
Son aceptadas todas as cores de acordo co padrón oficial da raza, inclusive o merlé a pesar do negro ser bastante común poden acontecer casos en que o branco é predominante na pelaxe.
Temperamento
[editar | editar a fonte]O Border Collie precisa de exercicio físico diario e estimulación mental, debido á súa grande enerxía, impulso de caza e gran necesidade de traballo. É considerada unha das razas máis intelixentes de cans. En xaneiro de 2011, unha investigación mostrou que esa raza pode aprender 1.022 palabras e accións. Os Border Collies frecuentemente participan e destacan en eventos de pastoreo, competicións de obediencia, agility, rally e rastreo, alén de deportes como disco e flyball.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dennis-Bryan, Kim; Baggaley, Ann; John, Katie (outubro de 2013). The dog encyclopedia (First American ed.). New York: DK Publishing, Inc. pp. 49–51. ISBN 9781465421166. OCLC 859155647.
- ↑ Hartnagle-Taylor, Jeanne Joy; Taylor, Ty (2010). Stockdog Savvy. Alpine Publications. ISBN 978-1-57779-106-5.
- ↑ Coren, Stanley (1995). The Intelligence of Dogs: A Guide To The Thoughts, Emotions, And Inner Lives Of Our Canine Companions. Bantam Books. ISBN 978-0-553-37452-0.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Border Collie |