AirAsia
AirAsia | ||
---|---|---|
IATA AK | OACI AXM | Indicativo RED CAP |
Fundación | 20 de decembro de 1993 | |
Inicio das operacións | 16 de novembro de 1996 | |
Aeroporto principal | aeroporto internacional de Kuala Lumpur | |
Plan de voo frecuente | BIG Loyalty Programme | |
Subsidiarias | AirAsia X Indonesia Airasia Indonesia AirAsia X Thai AirAsia | |
Frota | 92 | |
Destinos | 74 | |
Holding | Tune Group | |
Eslogan da compañía | Now Everyone Can Fly | |
Sede | aeroporto internacional de Kuala Lumpur | |
Páxina web: http://www.airasia.com |
AirAsia Berhad é unha aeroliña de baixo custo malaia coa súa sede preto de Kuala Lumpur. É a aeroliña máis grande de Malaisia por tamaó de frota e destinos. O AirAsia Group opera voos regulares domésticos e internacionais a máis de 165 destinos en 25 países.[1] O seu principal centro de conexións é o aeroporto internacional de Kuala Lumpur. As súas compañías afiliadas Thai AirAsia, Indonesia AirAsia, Philippines AirAsia e AirAsia India teñen centros de conexión nos aeroportos de Don Mueang, Soekarno-Hatta, Ninoy Aquino e Kempegowda respectivamente, mentres que a súa aeroliña irmá AirAsia X, céntrase en rutas de longo alcance.
AirAsia opera co custo unitario máis baixo do mundo de 0,023 dólares por asento dispoñible cada quilómetro, e cun factor de carga rendible do 52%. Ten cubertas o 100% das súas necedidaes de combustible para os próximos tres anos, logra un tempo de cambio dos avións de 25 minutos, ten un nivel de produtividade de tripulacións mellor que o de Malaysia Airlines e unha taxa de utilización media dos avións de 13 horas por día. No ano 2007 The New York Times describiu á aeroliña como unha "pioneira" da viaxe de baixo custo en Asia.[2] AirAsia é patrocinadora das seleccións de fútbol de Malaisia e de Singapur, e do Queens Park Rangers F.C. Tamén foi patrocinadora do Manchester United e da xira da cantante Taylor Swift The Red Tour en Asia.
Frota
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2018 a frota de AirAsia (quitando subsidiarias) estaba formada polos seguintes avións:[3]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Airbus A320-200 | 74 | — | 180 | |||
Airbus A320neo | 18 | 252 | 186 | [4] | ||
Airbus A321neo | — | 100[5] | 236 | |||
Total | 92 | 352 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Routes Online (ed.). "AirAsia". Consultado o 30 de abril de 2018.
- ↑ The New York Times (ed.). "Does Low Cost Mean High Risk?". Consultado o 30 de abril de 2018.
- ↑ Centre for Aviation (ed.). "AirAsia up-gauges with a 100 A321neo order; outlook improves and China in its sights". Consultado o 30 de abril de 2018.
- ↑ Airbus (ed.). "AirAsia receives its first A320neo". Consultado o 30 de abril de 2018.
- ↑ Aviation Week (ed.). "AirAsia Orders 100 Airbus A321neos". Consultado o 30 de abril de 2018.