Acrobátidos
Acrobátidos Acrobatidae | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Acrobates pygmaeus | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||||
|
A dos acrobátidos (Acrobatidae) é unha pequeba familia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeriformes e superfamilia dos petauroideos. Comprende tan só dous xéneros con cadansúa especie,[1] unha propia de Australia e a outra de Nova Guinea.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1987 polo biólogo australiano Kenneth P. Aplin, investigador asociado ao Instituto Smithsoniano.[1][2]
No pasado, os acrobátidos foron clasificados dentro da familia dos burramíidos. Evidencias recentes suxiren que poden estar relacionados máis proximamente con Tarsipes rostratus, a única especie dos tarsipédidos.[3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico da familia, Acrobatidae, está formado, como é a norma, sobre a raíz do nome so seu xénero tipo, Acrobates, coa adición da desidencia do latín científico -ĭidea, propia dos nomes das familias de animais.
Polo que respecta a Acrobates, deriva do grego antigo ἀκροβάτης akrobátēs, 'acróbata'.
Clasificación
[editar | editar a fonte]A familia comprende tan só dous xéneros, con cadansúa especie, como quedou dito:
Familia Acrobatidae Aplin, 1987
- Xénero Acrobates Desmarest, 1818 [4]
- Acrobates pygmaeus Shaw, 1793
- Xénero Distoechurus Peters, 1874 [5]
- Distoechurus pennatusPeters, 1874
Características
[editar | editar a fonte]Son dous pequenos animais caracterizados por posuíren unha membrana que une as extremidades anteriores e posteriores a cada lado do corpo, desde os pulsos até os tornecelos, o que lles permite planar dunha árbore a outra. A súa cola, prénsil, está cubierta de pelos curtos.
Os acrobátidos son moi pequenos; de feito, Acrobates pygmaeus é o planador máis pequeno do mundo, e pesa tan só de 10 a 14 g. Distoechurus pennatus é lixeiramente máis grande, chegando a pesar ao redor de 50 g.[3]
Ambas as especies aliméntanse principalmente de néctar, e ambas as dúas teñen unha longa lingua rematada nunha especie de pincel para recoller o néctar e o pole das flores. Tamén poden comeren alúgns insectos.[3]
A súa fórmula dentaria é 3/2, 1/0, 2-3/3, 3/3. Os seus molares son bunodontes e cuadrituberculados; os premolares superiores son secodontes.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Acrobatidae en MSW.
- ↑ Ken P. Aplin Arquivado 10 de outubro de 2016 en Wayback Machine. na web do National Museum of Natural History da Smithsonian Institution.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Acrobatidae na ADW.
- ↑ Acrobates no MSW.
- ↑ Distoechurus no MSW.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acrobátidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Acrobátidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
- Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
- Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Acrobatidae Aplin, 1987 Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Acrobatidae Aplin, 1987 no ITIS.
- Acrobatidae na ADW. Con información, imaxes e bibliografía (en inglés).
- Acrobatidae na EOL.