Analepse
A analepse ou flashback[1] é un recurso narrativo consistente na anacronía duns feitos narrados, retrotraendo a narración a un tempo anterior ao da historia principal.
Narrativa
[editar | editar a fonte]En diversos medios como o cinema, a literatura ou a historia, unha analepse é unha escena ou episodio que se insire para mostrar acontecementos que tiveron lugar nun momento anterior.
Psicoloxía
[editar | editar a fonte]En psicoloxía, un flasback é un fenómeno no que alguén lembra unha experiencia pasada. O termo emprégase normalmente cando o recordo aparece involuntariamente e/ou cando é tan intenso que a persoa "revive" a experiencia (especialmente se o recordo se almacena principalmente na memoria procedural), sendo incapaz de identificalo plenamente como recordo[Cómpre referencia].
Cando se produce involuntariamente, o flashback pódese deber a unha desorde, como a PTSD (desorde de estrés postraumático), como en casos en que se lembra un trauma de guerra ou de abuso sexual, ou unha desorde de percepción alucinóxena persistente posibelmente relacionada co uso de drogas psicodélicas[Cómpre referencia].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para flashback.