Comiño
Comiño | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Cuminum cyminum L. |
O comiño[1] (Cuminum cyminum) é unha planta herbácea e especia. É orixinaria das costas do Mediterráneo, na actualidade atópase difundida tamén polo Novo Mundo.
Descrición da planta
[editar | editar a fonte]Trátase dunha planta herbácea anual pertencente á familia Apiaceae (antes chamadas umbelíferas). Chega a acadar unha altura de 30 cm, posúe follas lanceoladas, as súas flores son pequenas, brancas ou rosas. As chamadas sementes son, en realidade, os froitos que constitúen a especia. De forma ovoide ou fusiforme alongada.
Especia
[editar | editar a fonte]O comiño ten un característico sabor amargo e un forte sabor e arrecendo grazas ao seu alto contido en aceites. Asóciase á cociña hindú, por estar presente no curry e a outras cociñas exóticas (norteafricana, mexicana). O seu emprego tamén está moi espallado en España, especialmente na cociña do sueste español. En Galiza non é común.
Propiedades
[editar | editar a fonte]- É estomacal, carminativo e sedante con efectos semellantes aos do fiúncho, o anís ou a carvea.
- O seu aceite esencial provoca relaxación muscular.
O número de cromosomas de Cuminum cyminum (Fam. Umbelliferae) e táxones infraespecíficos (Cuminum cyminum L.) é 2n=14.[2]
- Cuminum hispanicum Mérat ex DC.
- Cuminum odorum Salisb.
- Cuminum officinale Garsault
- Cyminon longeinvolucellatum St.-Lag.
- Ligusticum cuminum Crantz
- Luerssenia cyminum (L.) Kuntze
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego en Termos esenciais de botánica Universidade de Santiago de Compostela, 2004; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; e Dicionario da Real Academia Galega A Coruña, RAG, 2012
- ↑ Proves Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Comiño |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Comiño |