[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Casa Museo Rosalía de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa Museo Rosalía de Castro
Casa da Matanza
Coordenadas
PaísGaliza Galiza
CidadePadrón
TipoCasa museo
AdministradorFundación Rosalía de Castro
ConstruciónRestaurada en 1971
Inauguración1947 Padroado Rosalía de Castro
1972 Converteuse na Casa-Museo
Na rede
https://rosalia.gal
editar datos en Wikidata ]

A Casa Museo Rosalía de Castro, tamén chamada Casa da Matanza, é unha casa museo situada na vivenda na que viviu Rosalía de Castro xunto co seu home Manuel Murguía e os fillos da familia desde 1883 ata a súa morte en 1885. Recolle distintas edicións das súas obras e diverso material seu, como fotografías ou recordos persoais. No segundo andar, recrea o ambiente da casa en tempos de Rosalía.

O museo é a sede da Fundación Rosalía de Castro e do Centro de Estudos Rosalianos, que teñen por obxecto divulga-la obra e a memoria da escritora.[1]

Rosalía de Castro instalouse na casa en 1883, e tras a súa morte en 1885 a familia marchou a outro lugar, co que a vivenda quedou baleira. Durante anos sucedéronse intentos de compra co obxecto de convertela en lugar de memoria da poeta,[2] moitos deles procedentes da diáspora galega en América.

En 1946 Xosé Villar Granjel e Xosé Mosquera Pérez, coa axuda da emigración na Arxentina, mercaron a casa con intención de cederlla ao Padroado Rosalía de Castro, que se constituíu en 1947. A primeira restauración, segundo proxecto de Manuel Gómez Román, levouse a cabo en 1951. Nese mesmo ano Gala Murguía de Castro visitou a casa acompañada de membros do Padroado. En 1971 inaugurouse como casa-museo, con proxecto arquitectónico de Fernández-Albalat e museístico de Xosé Filgueira Valverde. A casa quedou ao coidado de Maruxa Villanueva. Catro anos despois inaugurouse a casa para Maruxa Villanueva, hoxe arquivo da Fundación e unha sala de xuntas.

En 1985 inaugurouse o Auditorio, e en 1999 naceu o Centro de Estudos Rosalianos.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A Casa da Matanza toma o seu nome da aldea da Matanza[3], na parroquia de Iria Flavia, concello de Padrón.

Edificacións

[editar | editar a fonte]

A Casa Museo componse arestora de catro edificios:[4] a Casa da Matanza propiamente dita, un auditorio, un arquivo rosaliano e a sala de reunións para o Padroado.

O xardín

[editar | editar a fonte]

A casa ten tamén un amplo xardín, que noutrora foi horta, no que destacan distintas especies de árbores algunhas exóticas e outras cun forte compoñente simbólico. Entre outros, hai unha camelia, un loureiro, un loureiro real, un castiñeiro e un ombú.

Vista da casa. Á esquerda, dándolle sombra ás dúas persoas sentadas, a figueira de Rosalía.

De entre todas destaca, pola súa ligazón coa obra rosaliana e polo uso simbólico que se lle dá, a figueira chamada "de Rosalía". Esta situada nun costado do patio principal, preto da casa, é un exemplar moi vello para o que é normal nesta especie, calcúlase a súa idade por enriba dos 150 anos. Está incluída no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia,[5] con número de referencia 50A. No poema "Adiós ríos, adiós pontes" Rosalía canta:

Miña terra, miña terra,
terra onde me eu criéi,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantéi.

Destes versos nace o valor simbólico da árbore e o seu nome, mais non se refire á figueira da Matanza. Os versos son anteriores a 1863, cando se publicou Cantares gallegos, e Rosalía chegou á casa en 1883, polo que os versos de Rosalía poden ser só testemuño dunha "plantación literaria".

Cos fillos desta figueira orixinal a Casa de Rosalía exerce un xeito de diplomacia que lembra a presencia de poeta[6], recoñece os apoios recibidos[7] e reforza os contactos con outras institucións[8].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "A casa museo". Fundación Rosalía de Castro. 
  2. Acuña, Ana (2022). "Un novo documento para a historia da Casa da Matanza" (PDF). Follas Novas (6): 181–191. 
  3. "A Matanza: un topónimo enigmático de Padrón". Toponimia de Galicia. 
  4. "Edificios e equipamentos". Fundación Rosalía de Castro. 
  5. Catálogo de árbores senlleiras de Galicia
  6. Mar Mato (15 de outubro de 2024). "A figueira de Rosalía de Castro enraíza en Porto". Faro de Vigo. 
  7. "Teo xa ten plantada a figueira de Rosalía en Luou". Concello de Teo. 23 de febreiro de 2022. 
  8. Domingos Sampedro (24 de febreiro de 2021). "A «figueiriña» de Rosalía bota xa as súas raíces no Parlamento galego". La Voz de Galicia. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre cultura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.