Bastavales, Brión
San Xulián de Bastavales | |
---|---|
Concello | Brión[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°49′19″N 8°39′50″O / 42.822, -8.6639 |
Área | 14,4 km² |
Poboación | 1.397 hab. (2018) |
Densidade | 97,01 hab./km² |
Entidades de poboación | 24[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xulián de Bastavales[1] é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 1 397 habitantes (649 homes e 748 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 382 habitantes.
Xentilicio
[editar | editar a fonte]O seu xentilicio é bastavaleiro[2].
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo a mitoloxía popular no castro de Beca tiña a súa residencia a Raíña Lupa na época en que o Apóstolo Santiago foi enterrado en Compostela. Este castro Lupario, ou castro de Beca, puido ser a capital da tribo prerromana dos Amaeos, pertencente ao pobo dos Caparos.
En San Xulián de Bastavales publicouse entre 1932 e 1933 o periódico O Vencello Mahián, centrado no Sindicato Agrícola da parroquia.
No arquivo parroquial gárdanse os escritos do párroco José Pumar Gándara, que polos anos 60 e 70 escribiu unha Historia Inédita de Bastavales, 12 tomos encadernados en pel nos que trata tamén temas como a etnoloxía ou léxico do lugar.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial foi construída na metade do século XVII sobre un templo románico anterior. Aparece mencionada no poema de Rosalía de Castro "Campanas de Bastavales", do libro Cantares gallegos.
Campanas de Bastavales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ponte dos Mouros ou de Paradela.
-
Castro Lupario.
-
Efectos da treboada Gordon.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Xulián de Bastavales
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Bastavales no concello de Brión (A Coruña) | |
---|---|
Babenzo | Bastavaliños | Beca | Bemil | Casaldoeiro | Caxusa | Chave de Carballo | Chave de Ponte | Coruxido | Fontao | A Igrexa | Osebe | O Outeiro | Reboredo Grande | Romarís | O Rubial | Sabaxáns | Saíme | Soigrexa | A Telleira | Valiño | Vidaloíso | Vilas | Xinzo |
Parroquias de Brión
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 26. Consultado o 22 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bastavales, Brión |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- San Xulián de Bastavales na web do concello de BriónArquivado 12 de xuño de 2010 en Wayback Machine.