Carnéades
Nome orixinal | (grc) Καρνεάδης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 213 a. C. Cirene, Libia |
Morte | 129 a. C. (83/84 anos) Atenas, Grecia |
Scholarch of the Platonic Academy (en) | |
década de 160 a. C. – 129 a. C. ← Hegésino (pt) | |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo |
Período de tempo | Período helenístico |
Movemento | Platonismo |
Profesores | Diógenes da Babilônia (pt) e Hegésino (pt) |
Alumnos | Metrodorus of Stratonicea (en) , Clitómaco (pt) , Hagnon of Tarsus (en) e Aristanax (en) |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Carnéades (en grego Καρνεάδης οu Κυρηναίος) (ca. 214 a. C. – ca. 129 a. C.) filósofo e orador da Antiga Grecia. Naceu na colonia grega de Cirene, converténdose máis tarde en cidadán de Atenas. Foi director da Academia desde ca. 160 a. C. até ca. 137 a. C., fundando a terceira Academia despois de ter oído as leccións de Hexésimo.
As súas doutrinas filosóficas foron difundidas polo seu discípulo Clitómaco, dado que el non as publicou. Carnéades era contrario a todo dogmatismo, sostendo tanto a imposibilidade da certeza total como da incerteza completa, así como a de chegar ao coñecemento da divindade, de igual modo negaba a posibilidade do coñecemento certo e o carácter científico das leis naturais. As súas ideas foron rebatidas con enxeño por Santo Agostiño na súa obra Contra os académicos, xa que estes académicos negaban a posibilidade de coñecer a verdade, pero afirmaban que se podían coñecer as cousas por probabilidade ou verosimilitude (é dicir, por semellanza á verdade); por iso, na obra mencionada, a un discípulo seu que defende os académicos respóndelle: «...son dignos de risa os teus académicos, que na vida queren seguir o verosímil, o semellante á verdade, ignorando esta» (II, 7, 19). Aínda que finalmente Santo Agostiño sostén que é «o segredo de Arquesilao» o que lles fai aparentar a dúbida universal ou relativa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formou parte dunha embaixada ateniense a Roma no ano 155 a. C. co propósito de intentar minorar a multa de cincocentos talentos, imposta polos romanos aos atenienses en castigo pola destrución e saqueo da cidade de Oropo. Cóntase que, grazas á súa habilidade como orador conseguiu a redución da multa, circunstancia pola cal Filóstrato o inclúe no Libro I da súa obra «Vidas dos Sofistas» como exemplo deste tipo de filósofos.
Obra
[editar | editar a fonte]En contraposición á doutrina dun coñecemento certo e verdadeiro da realidade, Carnéades propuxo a noción de probabilismo. Segundo o enfoque probabilista, a representación, o pathos ou estado da alma que un fenómeno produce, só pode ser considerada probable ou verosímil (a partir de tres condicións: non debe ser vaga ou confusa, non debe ser contradita, debe ter sido examinada en todos os seus detalles), pero non verdadeira. Esta formulación foi cuestionada en moitas ocasións ao longo da historia da filosofía afirmando que para que exista algo verosímil debe existir algunha verdade que sirva como modelo desa verosimilitude. Con todo, estas críticas non contemplaron dous aspectos do asunto. En primeiro lugar, que cando o probabilismo fala dunha representación verosímil refírese a unha representación que se asemellaría á idea de representación verdadeira dos dogmáticos aínda que sen ser exactamente equivalente a ela a causa do alto grao de incerteza que aínda entrañaría (a definición de verdade dos dogmáticos sería unha sorte de modelo ideal ao que aspira o verosímil). En segundo lugar, que o probabilismo non nega o acaecer dos fenómenos, o feito de que haxan cousas que nos afectan dalgún xeito e que serven tamén como modelo para xulgar a verosimilitude. Isto último podería resumirse dicindo: nada é certo, agás o fenómeno. Pero a certeza en relación a este fenómeno non supoñería necesariamente unha verdade (unha posesión directa da realidade por parte do espírito), senón unha simple adhesión sen reservas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carnéades |
- Dióxenes Laercio: Vidas, opinións e sentenzas dos filósofos máis ilustres, IV, 62 - 55 (Carnéades).
- Texto español na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
- Texto español en Wikisource.
- Texto grego en Wikisource.