Gliptoteca de Múnic
Gliptoteca de Múnic | |
---|---|
Gliptoteca de Múnic | |
Coordenadas | |
Na rede | |
https://www.antike-am-koenigsplatz.mwn.de/en/glyptothek-munich.html e http://www.antike-am-koenigsplatz.mwn.de/de/glyptothek-muenchen.html | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A Gliptoteca de Múnic é un museo situado na cidade alemá do mesmo nome que foi encargado polo rei bávaro Lois I para albergar a súa colección de esculturas gregas e romanas. Foi deseñado por Leo von Klenze no estilo neoclásico e construído entre 1816 e 1830. No presente, o museo forma parte do Kunstareal.
Historia
[editar | editar a fonte]A Gliptoteca foi encargada polo príncipe herdeiro (logo rei) Lois I de Baviera xunto con outros proxectos, como a veciña Königsplatz e o edificio que alberga a Colección Estatal de Antigüidades Gregas e Romanas, como un monumento á Grecia antiga. Luís tiña a visión dunha «Atenas alemá» na que se lembraría a antiga cultura grega, e fixo construíla fronte ás portas de Múnic.
A disposición do complexo da Königsplatz foi deseñada polos arquitectos Karl von Fischer e Leo von Klenze en 1815, ordenándoa este segundo o estilo dun foro, coa Gliptoteca no lado norte. As paredes do museo foron adornadas con coloridos frescos e estucos realizados por distinguidos artistas tales como Peter von Cornelius e Wilhelm von Kaulbach.
Nos poucos anos entre 1806 e a apertura do museo en 1830, Luís completou unha das mellores coleccións de esculturas grecorromanas da época. A través dos seus axentes logrou adquirir pezas tales como a Medusa Rondanini, o Fauno Barberini e, en 1813, as figuras do Templo de Afea en Exina.
A segunda guerra mundial non destruíu as obras de arte da Gliptoteca, aínda que desafortunadamente os frescos non sobreviviron e só uns poucos ladrillos pintados eran visibles tras a reapertura do museo en 1972.