[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Carabao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O carabao (kalabaw en tagalo, kerbau en malaio), Bubalus bubalus carabanesis, é unha subespecie doméstica do búfalo acuático (Bubalus bubalis Linneo, 1758).

Encóntrase en Filipinas, Guam, Indonesia, Malaisia e noutros lugares do sueste asiático. É o animal de granxa por excelencia, usándose tanto para tirar do arado como dos carros usados para transportar os produtos agrícolas ao mercado.

Típico de Filipinas, é o animal símbolo do país e tamén de Guam, illa onde este animal foi introducido no século XVII polos españois.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A clasificación dos búfalos acuáticos é incerta. Algunhas autoridades mencionan unha soa especie, Bubalus bubalis, con tres subespecies, o búfalo de río (B. bubalis bubalis) do subcontinente indio, o carabao ou búfalo de pantano (B. bubalis carabensis) de Filipinas e sueste de Asia e o arni ou búfalo acuático salvaxe (B. bubalis arnee).[1]

Outros consideran que son especies estreitamente relacionadas, pero independentes, Bubalus bubalis, Bubalus carabanensis e Bubalus arnee, respectivamente.[2]

En 2003, a Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica (ICZN) ditaminou a favor de manter reunidos os búfalos acuáticos de pantano, e considerar un taxon separado para os búfalos de río, denominado Bubalus arnee, aínda que o uso antigo é aínda aceptábel para autores que o consideran conespecífico.

O búfalo acuático de pantano ten 48 cromosomas, mentres que o búfalo de río ten 50. Os dous tipos reprodúcense entre si, aínda que non facilmente, e poden producir descendencia fértil. Non se observou que se produzan híbridos con búfalos domésticos, e os embrións destes híbridos obtidos en laboratorio, non alcanzan a madureza.

  1. "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2011. Consultado o 13 de maio de 2012. 
  2. Roth, J. e P. Myers (2004): "Bubalis Bubalis". Universidade de Michigan. Museo de Zooloxía. [1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]