Cangrexo dos cocos
Cangrexo dos cocos | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Datos insuficientes [1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Birgus latro (Linnaeus, 1767) | |||||||||||||||||||
Distribución
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
O cangrexo dos cocos ou cangrexo dos coqueiros (Birgus latro) é o meirande artrópodo terrestre do mundo. É un cangrexo ermitán altamente apomórfico e é coñecido pola súa capacidade de abrir cocos coas súas potentes pinzas coa finalidade de comer o seu contido. É a única especie do xénero Birgus.
Nalgunhas linguas é chamado "cangrexo ladrón" (que é tamén a tradución exacta do seu nome científico en latín) ou "ladrón das palmeiras", xa que algúns cangrexos desta especie teñen roubado obxectos brillantes como cazos e cubertos de casas e tendas de compaña.[2]
O cangrexo dos cocos tamén ten outros nomes locais como ayuyu en Guam, e unga ou kaveu nas illas Cook. En Guam, chámaselle por veces "cangrexo dos cocos taotaomo'na" pola crenza tradicional de que os espíritos dos devanceiros poden adoptar a forma de animais como o ayuyu.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ L. G. Eldredge (1996). "Birgus latro". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o July 25, 2011.
- ↑ Sify News (ed.). "Coconut-eating crab extinct from Great Nicobar?". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 25 de xullo de 2008.
- ↑ Buzzle.com (ed.). "A Giant Spider That Can Crack a Coconut? No, It's a Crab!". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2015. Consultado o 04 de agosto de 2015.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |