Conversa usuario:JaviP96/Arquivo 1
Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Mapa
[editar a fonte]Pois xa saes no mapa! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:34, 16 de novembro de 2012 (UTC)
Ficheiro a ligazón inexistente
[editar a fonte]Boas Javi, mira, na túa páxina de usuario tes unha caixa de usuario que pon que vives en Lalín pero resulta que esa caixa usa unha ligazón a un ficheiro que tiña o nome mal. Cando isto se produce o software mediawiki categoriza as páxinas de forma automática na categoría de mantenemento de Páxinas con ligazóns rotas. Esta categoría sírvenos para amañar todas as páxinas con ese erro que tódalas imaxes que se poñen nos artigos aparezan correctamente. Permitinme amañar o nome do ficheiro na tua páxina para que non este nesa categoría. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2012 ás 11:37 (UTC)
Seu
[editar a fonte]Ola, JaviP96! Revisa o artigo que creaches de Françoise Hardy, porque escribiches repetidamente séu, acentuado no e, cando o correcto é seu, sen til. Un saúdo! --Paradanta (Cóntame) 23 de novembro de 2012 ás 22:18 (UTC)
Votación propostas décimo aniversario
[editar a fonte]Boas, mira, tiven que riscar os teus votos na páxina de propostas porque aínda non podes participar nas votacións da Galipedia, xa que polas normas de votación hai que levar rexistrado máis de 60 días :(. Dentro duns poucos días xa poderás votar en tódolos procesos, ata daquela terás que esperar. De tódolos xeitos moitas grazas pola túa participación e as túas colaboracións, e anímote a que sigas pendente desas propostas e que participes nelas todo o que vexas xa que toda axuda é benvida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de novembro de 2012 ás 10:38 (UTC)
Lenin
[editar a fonte]Pódela quitar por suposto :) De tódolos xeitos teño pensado seguir co artigo, o que pasa que esta tempada ando un pouco liado e non teño moito tempo. Un saúdo e bo traballo!--Adorian (fálame) 11 de decembro de 2012 ás 21:01 (UTC)
Córsega do Sur
[editar a fonte]Feito! Un saúdo. --Beninho (conversa) 18 de decembro de 2012 ás 07:51 (UTC)
Votacións
[editar a fonte]Boas JaviP96!! Non te pido que cambies o teu voto, non se trata de que me fagas caso, tal como están as cousas podes votar o que queras, o que pido é que se regularice algo o tema, se é necesario que as ligazóns estean en azul, que se poña nos requisitos, e que se non o é se acorde algo (pode ser que quede todo como está ou que se estableza que os votos sexan neutros). Non pido que me deas a razón (se o fas faino porque os meus argumentos te parecen lóxicos), o que pido é que se faga algo co tema. Piquito (conversa) 16 de xaneiro de 2013 ás 19:03 (UTC)
Colorado Springs
[editar a fonte]E como ía saber eu que estabas a facer un artigo sobre Colorado Springs e por riba para inglés?? Sintoo se che causei algunha molestia. --AMPERIO (conversa) 16 de xaneiro de 2013 ás 19:14 (UTC)
Edición revertida
[editar a fonte]Boas tardes, vin que desfixeches a miña edición na que eliminaba unha foto na que aparecía un acto sexual de xeito explícito no artigo sobre o cinema pornográfico. Unha imaxe coma esa non debería ter cabida na galipedia ao mostrar escenas sexuais entre persoas (reais non debuxos como si aparece noutras wikis). Podes explicar o motivo da devandita desfeita? --95.125.93.130 18 de xaneiro de 2013 ás 15:30 (UTC)
- Ese non é pretexto para revertir unha edición que non constitúe un vandalismo. Expliquei o motivo no cadro de resumo. --95.125.93.130 18 de xaneiro de 2013 ás 15:36 (UTC)
- Claramente non o é. Vandalismo sería se eliminase todo o artigo ou mesmo se puxera unha imaxe moito peor da que xa está (que as hai), só hai que mirar en Commons... O que eu fixen foi unha edición eliminando unha imaxe do artigo que non é necesaria para completar o contido do mesmo posto que pode incluso considerarse como unha forma de publicidade desa muller, e como ben saberás a publicidade non ten cabida aqui. Por que vamos xa o que queda é poñer unha ligazón a unha páxina dunha produtora de cinema pornográfico--95.125.93.130 18 de xaneiro de 2013 ás 15:59 (UTC)
Hello,
Many of the links at Acento prosódico confuse stress with regional accents. I'm correcting across 60 languages. A bot will finish up in the next couple days. Kwamikagami (conversa) 18 de xaneiro de 2013 ás 23:58 (UTC)
- No problem. I'm having a problem at WP-hr, but after that, the bots should fix things up.
- And if you think [stress (linguistics)] is a better WP-en link than [accent (phonetics)], please go ahead and change it. I picked the latter because the WP-gl article covers both kinds of accent, but it does focus on stress, so maybe that would be better. — kwami (talk) 08:52, 19 de xaneiro de 2013 (UTC)
RE: {{Censo EUA}}
[editar a fonte]Estou por optar por unha versión que non conteña esas porcentaxes, porque despois de facer varias probas vexo que imos ter moitos problemas co tema das comas e puntos decimais. O problema que ten traer modelos doutra Wikipedia a esta é que cómpre un proceso de adaptación, que non sempre é sinxelo. Como digo, coido que o mellor é esquecer esa columna e deixar dúas: ano e poboación. Que pensas? --Toliño Fala aquí comigo 27 de xaneiro de 2013 ás 12:17 (UTC)
- Agarda! Acabo de atopar a solución en pt.wiki: Basta con non poñer puntos ao número de habitantes para que o software interprete ben o devandito número. É dicir: ao poñer como poboación un número como
15.839
("quince mil oitocentos..."), ao pasarlle a función analítica{{formatnum:}}
convértese en15,839
(interpreta o punto como coma decimal e agora é "quince coma oitocentos...") e calcula mal as porcentaxes. Se todas as poboacións se poñen co formato15839
(sen punto), temos que con{{formatnum:}}
pasan a ser15.839
. Non sei se entendes máis ou menos a explicación. O importante é que xa estaría solucionado o problema. Cómpre indicalo na documentación, para que non aparezan páxinas con erros. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 27 de xaneiro de 2013 ás 12:24 (UTC)
Mecos FG
[editar a fonte]Boas, entendo q haia cousas q esten prohibdas, pero se alguen fai algo como responsable desa asociacion ou colectivo ante unha modificacion debeselle comentar oe que esto esta mal, faino asi, non borralo e punto. Se non che gusta como esta rogoche non mo borres e me deas unhas directrices para cambialo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Ivan villalon (conversa • contribucións) 1 de febreiro de 2013 ás 17:59
Gracias pola ultima aclaracion, eso e o q pedia, coido q e mais sinxelo q me digas como teño q polo q que eu me anoxe porq se borra e non saiba porq. Gracias —o anterior comentario sen asinar foi feito por Ivan villalon (conversa • contribucións) 1 de febreiro de 2013 ás 18:06
Por certo, quero trocar os colores da camisola titular xa q estan invertidos e non sei como facelo, os do pantalon e as medias estan ben. Podesme explicar como facelo. Gracias —o anterior comentario sen asinar foi feito por Ivan villalon (conversa • contribucións) 1 de febreiro de 2013 ás 18:15
Ok, e q son novo nisto--Ivan villalon (conversa) 1 de febreiro de 2013 ás 17:18 (UTC)
Gracias pola modificacion. Un saudo --Ivan villalon (conversa) 1 de febreiro de 2013 ás 17:25 (UTC)
Ok, non hai problema. Parabéns polo teu traballo e a seguir dándolle duro. --Breogan2008 (conversa) 2 de febreiro de 2013 ás 13:31 (UTC)
Ricardo III
[editar a fonte]Grazas polas túas correccións no texto de Ricardo III. Penso que algúns dos hipervínculos introducidos, sen embargo, sobran. Coido que non ten ningún sentido introducir vínculos a termos comúns como exército e similares. É posible que quite algúns deses hipervínculos e corrixa algún coma o de Buckingham, que non leva ó sitio adecuado. Graciñas de novo. Estou a aprender--Breogan72 (conversa) 10 de febreiro de 2013 ás 19:02 (UTC)
formato topónimos
[editar a fonte]Ola, Javi!
Os topónimos adoitan indicar o estado ou rexión ao que pertencen cando hai varios lugares co mesmo nome, por exemplo Granada, España; o ideal é que o topónimo non redirixa cara a un en concreto, senón que quede como páxina de homónimos, como o propio Granada. Dígoo polo movemento que fixeches do artigo Hialeah, que agora quedou como redirección a Hialeah, Florida. Porén, fixeches moi ben en mover Irvine (California) a Irvine, California, se ben Irvine debería quedar como páxina de homónimos en vez de redirixir ao artigo da cidade californiana.
Hai dúas excepcións a esta norma:
a) os topónimos de lugares e parroquias de Galicia, que van sempre con comas (por exemplo Covas, Tenorio, Cotobade, agás cando un lugar pertence a varios concellos, como Os Peares);
b) os nomes de concellos galegos non son páxinas de homónimos, senón artigos de seu; é por isto que existen artigos como Carballo (homónimos), Miño (homónimos) etc.
Aproveito que é a primeira vez que te saúdo para felicitarte, pois a pesar de que levas poucos meses colaborando, vas captando moi ben os formatos utilizados e entendes os criterios adoptados, ademais de dar moi boas explicacións a outros usuarios.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de febreiro de 2013 ás 11:36 (UTC)
RE: Hialeah
[editar a fonte]Vale, pero se tal crea unha páxina de homónimos. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 12 de febreiro de 2013 ás 23:01 (UTC)
Imaxe
[editar a fonte]Grazas, xa a borrei. Hai uns marcadores especiais para sinalar que a imaxe ten ©, e se os empregas {{copyvio}} é máis fácil que non se nos despiste. un saudiño. --Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de febreiro de 2013 ás 21:07 (UTC)
RE: {{Cidade dos EUA}}
[editar a fonte]O modelo estaba configurado para que neses campos aparese "n/d" se non se daba valor para os parámetros. Abonda con quitar o código |nd
e facer outros pequenos cambios (basicamente estéticos) para resolver o problema. Por certo, vexo que hai outro parámetro, área_metropolitana
, que non sempre se usa. Fágoo tamén opcional? Sáudos! --Toliño Fala aquí comigo 16 de febreiro de 2013 ás 14:03 (UTC)
- Mira a ver se o que fixen era o que querías. O probleba que corrixín é que aparecía a fotografía e ademais o prefixo "Ficheiro:" tamén, por unha duplicidade. --Toliño Fala aquí comigo 25 de febreiro de 2013 ás 22:12 (UTC)
- Ben, entón o formato que estabas empregando non era o correcto. Se pos algo como
[[Ficheiro:nome.ext|300px|Pé de foto.]]
, o parámetropé de foto
non se vai mostrar por debaixo da imaxe, senón que aparecerá como texto ao pasar o rato por riba da mesma. Se fago o cambio, tes que te comprometer a mudar o modelo en todas as páxinas. --Toliño Fala aquí comigo 25 de febreiro de 2013 ás 22:23 (UTC)- Feito! Xa está. Agora terás que facer edicións semellantes a esta en todas as páxinas que inclúen o modelo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 25 de febreiro de 2013 ás 22:50 (UTC)
- Ben, entón o formato que estabas empregando non era o correcto. Se pos algo como
Óleo no revisor
[editar a fonte]Boas Javi, vin a túa achega na listaxe do revisor ortográfico "oleo||óleo (é correcto como elemento de formación)." ¿Que queres dicir con que "é correcto como elemento de formación"? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2013 ás 23:35 (UTC)
- Ah, si, vale, entón vou poñer eses termos como aclaración. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2013 ás 23:45 (UTC)
Foto de Fran Allo
[editar a fonte]Ola JaviP96, estou tratando de subir unha foto de Fran Allo para ilustrar a súa entrada pero seguramente fago algo mal, podes axudarme? A foto é orixinal de Alberto Uzal e enviouma por email para compartila sen problema. Non sei como facer. Moitas grazas.--Prensagalega (conversa) 21 de febreiro de 2013 ás 23:34 (UTC)
Javi=P
[editar a fonte]Javi,que artigo che tocou da wikipedia para inglés? Por saber... xD E que estou mirando o que me tocara a min, e vexo un montón de edicións túas, non me vai quedar case nada que ampliarlle!! xD Son Laura!! :) Unbico!
Grazas pola notificación. O problema é que o propio autor Víctor Campo pediume axuda para eliminar a páxina que fai referencia á súa persoa. Penso que está totalmente no seu dereito de facelo e o que quero saber é como se pode facelo rápidamente, agradecería pronta axuda. Grazas novamente --Mikethunder (conversa) 5 de marzo de 2013 ás 17:03 (UTC)
Sábado e papatoria
[editar a fonte]Boas, vas a achegarte a Santiago mañá? Se te achegas e queres vir despois a comer, ¿podes apuntarte na taberna para saber máis ou menos con cánta xente contamos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 14:15 (UTC)
- Vale, para outra vez será! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de marzo de 2013 ás 23:41 (UTC)
Portal:Historia
[editar a fonte]Boas JaviP, sobre o portal de Historia vexo o meu modo de entender moi ben, tan soo que o meu modo de ver a cor azul agocha as ligazóns a 'artigo destacado', 'sobre Galicia', 'temas', imaxe do mes' e 'como colaborar' polo que penso que unha cor que deixase ver mellor esas cabeceiras estaria moito mellor, polo de máis soo darche a en hora boa polo gran traballo realizado. --Alfonso mande 10 de marzo de 2013 ás 11:26 (UTC)
- Boas de novo JaviP tan soo decirche que estou encantado en como che quedou a portada a miña forma de ver quedou feita unha chulada en hora boa.--Alfonso mande 13 de marzo de 2013 ás 14:45 (UTC)
- Desculpa, tiña outra cousa entre mans e despois xa amañaras ti. Un saudiño. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de marzo de 2013 ás 20:58 (UTC)
Espera!
[editar a fonte]Espera Javi, que estou choiando eu cos mapas... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2013 ás 19:44 (UTC)
- Xa :), pero é que estaba a facer unha cousa rápida e non pensaba que ninguén se decatara disto... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2013 ás 19:53 (UTC)
- Ala!, xa se fastidiou a sorpresa! ;) Se tes algún problema avísame e bótolle un ollo, é que aínda está en probas e pode que haxa cousas que non furrulen. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2013 ás 22:20 (UTC)
- Si, o parámetro de relevo xa estaba no modelo pero está en castelán, traducín o texto dentro do modelo pero non funcionaba, deixeino en castelán para que funcione e vou mirar agora se atopo cómo poñelo ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2013 ás 22:45 (UTC)
- Xa funciona o parámetro relevo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2013 ás 22:53 (UTC)
- Xenial! Tes razón que debería estar no modelo da cidade, cando teña un rato a ver se fago unha proba para ver se funciona. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de marzo de 2013 ás 01:41 (UTC)
- Creo que pode ser unha moi boa idea, o caso é que habería que falar primeiro con Toliño e Prevert que están traballando con eses modelos, por se lles podemos fastidiar algo, ademais que eles coñecen ben eses modelos e saben mellor ca min como modificalos. Vou contactar con Toliño para preguntarlle o que lle parece. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de marzo de 2013 ás 22:00 (UTC)
- Xenial! Tes razón que debería estar no modelo da cidade, cando teña un rato a ver se fago unha proba para ver se funciona. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de marzo de 2013 ás 01:41 (UTC)
- Xa funciona o parámetro relevo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2013 ás 22:53 (UTC)
- Si, o parámetro de relevo xa estaba no modelo pero está en castelán, traducín o texto dentro do modelo pero non funcionaba, deixeino en castelán para que funcione e vou mirar agora se atopo cómo poñelo ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2013 ás 22:45 (UTC)
- Ala!, xa se fastidiou a sorpresa! ;) Se tes algún problema avísame e bótolle un ollo, é que aínda está en probas e pode que haxa cousas que non furrulen. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2013 ás 22:20 (UTC)
Xa falei con Toliño e dixo que pensa que non será complicado pero que non vai estar dispoñible nas vindeiras semanas. Eu tamén estou ocupado con varias cousas e ademais prefiro que el revise ese tema porque xa lle ten metido a man a eses modelos moitas veces e xa os coñece ben, polo que haberá que esperar un tempo para aplicalo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2013 ás 02:09 (UTC)
- Bó traballo! Cando teña un momento a ver se podo revisar iso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de marzo de 2013 ás 00:38 (UTC)
Categorías
[editar a fonte]Boas noites. Tes que suprimir esas caixas de navegación que tes na túa páxina de usuario que fan que esteas categorizado entre os Presidentes ds Xunta, os Primeiros Ministros de Francia e entre os Países do Mediterráneo, ademais doutras categorías imposibles. Pedro --Lameiro (conversa) 16 de marzo de 2013 ás 22:52 (UTC)
- Como non sei para que queres ter eses modelos na túa páxina non che podo aconsellar moito. Supoño que será para telos á man para cando os queiras inserir nalgún artigo e, nese caso, abondaría con ter a ligazón á páxina do propio modelo; se este é uso que queres dar a eses modelos, suprimir neles a categoría faríaos inservibles. En calquera caso, Estaremos de acordo en que unha páxina de usuario non pode estar categorizada entre os Presidentes da Xunta. Pedro --Lameiro (conversa) 17 de marzo de 2013 ás 09:48 (UTC)
Portal:Historia
[editar a fonte]Ola, Javi. Acabo de botarlle un ollo ao portal do wikiproxecto Historia, e quería felicitarche polo bo traballo que estás a facer. Paréceme moi boa idea o indicar os artigos a mellorar, a ampliar e a crear.
Desde o portal, mirei a ligazón que indica que hai máis de 30.000 artigos na categoría:Historia e nas súas subcategorías. Foi unha gran sorpresa e ledicia, pero botando un ollo, mirei que na Categoría:Historia hai algúns artigos que están de máis, como por exemplo os artigos Pedro IV de Aragón e Pedro Ruíz Sarmiento y Velasco, e outros que deberían ir en subcategorías máis concretas, como Estados Unidos de Centroamérica. Anímaste a botarlle un ollo por riba e ver de aquelar as categorías dos artigos aí situados?
Parabéns polo teu traballo, e un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de marzo de 2013 ás 13:11 (UTC)
Interwikis
[editar a fonte]Hola. He visto que estas eliminando interwikis de forma manual. Me estoy encargando de retirar todos esos enlaces de forma automática con el bot [1] por lo que no es necesario de eliminarles a mano. --Kizar (conversa) 18 de marzo de 2013 ás 14:59 (UTC)
Artigo curto de máis
[editar a fonte]Ola, grazas por darme máis información de como poñer táboas. --AMPC98 (conversa)
Grazas por toda a información. --AMPC98 (conversa)
Categoría
[editar a fonte]Ola, :) Que artigos se che ocorren que poden ir n categoría xenealoxía? Un saúdo --Xabier Cid Talk 2 me, please 20 de marzo de 2013 ás 00:22 (UTC)
Conflito de edición
[editar a fonte]Nada, nada, JaviP96. Cadramos mal e os dous queriamos engadir o mesmo dato a un tempo. Bo traballo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23 de marzo de 2013 ás 21:55 (UTC)
Especies
[editar a fonte]Ola, Javi. Desculpa que te moleste... Non entendín moi ben o que fixeches con especie. Creo que houbo un pequeno fallo de metodoloxía, pero antes de corrixilo, quería preguntarche que fixeches e para que :) Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 26 de marzo de 2013 ás 18:53 (UTC)
- Ben, correcto... pero non se debe facer así. A razón é que, como o fixeches, perdeuse o historial do artigo. E o historial, quen editou que, cando, é crucial na wikipedia. Vou desfacer o que fixeches, e tratar de amañalo (é sinxelo, pero hai tantos meses que non fusiono un artigo, que xa non me lembro como se facía :)). Para a próxima, debes empregar os marcadores de fusión, e un administrador encargarase de fusionar os artigos.
- Por outra parte... había poucas diferenzas entre os dousa artigos, ou non había ningunha? Un saúdo! --Xabier Cid Talk 2 me, please 26 de marzo de 2013 ás 21:01 (UTC)
Listo. As difrenzas que había eran erros. Trabuqueime chiquicentas veces, pero fíxeno finalmente como o había que facer :) Está ben lembrar as cousas despois de tanto tempo. Grazas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 26 de marzo de 2013 ás 21:27 (UTC)
Fusións
[editar a fonte]e onde o comunicaría o feito, ademáis do criterio seguido para a fusión? grazas! --Anton45 (conversa) 31 de marzo de 2013 ás 16:01 (UTC) desculpa, solucionado --Anton45 (conversa) 31 de marzo de 2013 ás 16:03 (UTC)
OK! Xa me poño. Ás veces váiseme a man, saúdos! --Xosé Antonio (fálame sempre) 31 de marzo de 2013 ás 21:31 (UTC)
- Grazas polos eloxios, non se merecen pero sempre aledan. Retirei as ligazóns dun xeito un tanto rápido pois cando lin a mensaxe tiña en mente buscar imaxes para as páxinas de parroquias que non as teñen e pode que desta volta se me fora a man no outro sentido, pero se cres que algunha das que quitei debería estar pona sen medo. A ver se me dou unha volta polo artigo da capital, verás que voto pouco ós artigos propostos pois gústame lelos con calma antes para procurar melloralos e iso leva moito tempo. Unha aperta e parabéns tamén polo teu traballo, realmente meritorio tendo en conta ademais o tempo que levas rexistrado. Ánimo!! --Xosé Antonio (fálame sempre) 1 de abril de 2013 ás 01:05 (UTC)
RE: Ópera
[editar a fonte]Boas Javi!! Grazas pola axuda moral!!! Polo momento é unha idea, polo momento ando liado ampliando outros artigos e mentres non amplíe o da ópera (creo que o farei cando remate co de Sibelius) creo que non comezarei en serio co portal. A proposta que lle facía a HombreDHojalata era para procurar a alguén que unha vez feito o portal me axudara en posibles (e provables) períodos de ausencia, que propuxera artigos para destacar e creara e ampliara algún outro artigo para ampliar a categoría, que se ben medrou moito no ano pasado aínda é relativamente pequena. Irei con calma e verei qué me contesta HombreDHojalata, graciñas pola axuda, tereino en conta. Unha aperta!! Piquito (conversa) 3 de abril de 2013 ás 07:38 (UTC)
- Ben feito. Dalle sen medo. --. HombreDHojalata.conversa 4 de abril de 2013 ás 13:32 (UTC)
- Boas Javi!!! Vendo que HombreDHojalata creou o portal vou tentar traballar sobre el e apurar un pouco á vez os artigos nos que estaba a traballar, se vexo que teño algún problema ou preciso de axuda xa che vou contando. Apertas!!! Piquito (conversa) 4 de abril de 2013 ás 14:06 (UTC)
- Acabo de ver que o tes en uso, dalle pois e xa vamos falando!! Piquito (conversa) 4 de abril de 2013 ás 14:08 (UTC)
- Grazas polo traballo que estás a facer, non te apures co texto do cabezado, xa o podo facer eu, con que haxa unha estrutura chega, non é preciso que te pegues o palizón de facelo todo. Bo traballo!! Piquito (conversa) 4 de abril de 2013 ás 14:30 (UTC)
Da cor gústame máis unha cor similar á do portal en inglés ou ruso, pero bueno eso é cuestión de gustos. Por certo, sabes como se pode facer para crear unha caixa do estilo da de Commons que ligue diréctamente os artigos dun portal con ese portal? Se se puidera facer estaría ben ligar as óperas, os teatros, os cantantes, etc con ese vínculo. Se non me explico ben o podes ver ao final do artigo de Wozzeck na wiki en francés. Perdoa que te dea tanto a brasa, pero eu dos temas técnicos nin idea :( Piquito (conversa) 4 de abril de 2013 ás 14:43 (UTC)
Boas outra vez! Xa lle consultei a Toliño o das caixas de antes. O portal vai moi ben!! Eu persoalmente eliminaría o cadro dos temas, máis que nada porque quedan moitos modelos por facer e sería prácticamente imposible metelos todos nese apartado e habería que decidir os que valen e os que non, así que para non complicarse eu prescindiría deso e co tempo crearía un de efemérides e/ou un de audios, polo demáis todo ben, xa cambiarei a cor cando teña máis tempo. De novo moitas grazas!!!! Piquito (conversa) 4 de abril de 2013 ás 16:13 (UTC)
Grazas Javi!! Só unha pregunta máis, é posible poñer o título do portal aliñado á esquerda para poñer imaxes á dereita? Outra máis, é posible anchear a zona onde vai o título do portal? Polo momento penso que nada máis, vendo esto creo que poderei crear outos portais no futuro. Apertas!!! Piquito (conversa) 4 de abril de 2013 ás 19:34 (UTC)
Moitas grazas pola túa axuda e paciencia. Piquito (conversa) 4 de abril de 2013 ás 21:32 (UTC)
Boas Javi!!! Quedan algúns retoques ao cabezado e algo de estética, pero alo menos os contidos xa están no portal!! O único que faltaría sería unha categoría para artigos de calidade, pero boeno, ao non haber aínda ningún non o crearei. Se queres vótalle un ollo por se se che ocorre algo. A parte de actualidade está un pouco breve, pero bueno, non hai moito movemento operístico en Galiza esta tempada, se cadra en Maio co Festival Mozart hai algo que engadir. Moitas grazas de novo por todo!! Piquito (conversa) 6 de abril de 2013 ás 11:20 (UTC)
Música galega
[editar a fonte]Ola Javi. De música galega non controlo tanto como se podería agardar, pero procurarei botar unha man. Por certo, como vai o tema da creación dos portais? Hai tempo que quería facer un sobe música rock, pero daquela discutíse sobre a utilidade dos mesmos. Un saúdo! --Beninho (conversa) 4 de abril de 2013 ás 08:10 (UTC)
- Moitas grazas pola axuda. Polo de agora vou quedar co código que me dixeche (aínda que cambiei algunhas cores e a guitarra por outra que me gusta máis jeje). Aos poucos irei xogando co deseño cara algo máis xeitosiño visualmente mentres vou enchendo os contidos. Gracias novamente e un saúdo! --Beninho (conversa) 5 de abril de 2013 ás 00:01 (UTC)
Valdoviño
[editar a fonte]Ola. No artigo Valdoviño puxenlle o escudo. Pero ao final do artigo onde pón Concellos da Comarca de Ferrol din que non dispoñen de escudo. Ti saberías como solucionar iso? Grazas. --AMPC98 (Conversa) 4 de abril de 2013 ás 19:50 (UTC)
Moitas grazas--AMPC98 (Conversa) 5 de abril de 2013 ás 18:48 (UTC)
O espazo en branco que aparecía nos artigos viña de deixar estoutros saltos de liña no código do modelo. Cómpre colocar xusto á fin do código do modelo (sen ningún salto de liña) a primeira etiqueta <noinclude>
. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 8 de abril de 2013 ás 12:56 (UTC)
Acabo de modificar o modelo, porque na Wikipedia en español estaba mal, non deixaba cambiar o segundo parámetro, que é o nome da persoa. Por exemplo para es:Maurice Greene (compositor), para que na frase non apareza Maurice Greene (compositor) en (IMSLP), senón Maurice Greene en (IMSLP). Saúdos! --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 9 de abril de 2013 ás 17:45 (UTC)
IMSLP
[editar a fonte]Boas Javi!! Grazas por crear o modelo, crearei o artigo tan pronto como poda!!! Mira unha cousiña, quería poñer un audio destacado no portal da ópera pero preferiría facelo bimensual (non sei cántos audios de ópera decentes haberá en Commons), como podo facelo? Polo momento o que fixen foi copiar o mesmo que na imaxe destacada. Moitas grazas!!!! Piquito (conversa) 9 de abril de 2013 ás 18:38 (UTC)
- Moitas grazas de novo!! Piquito (conversa) 9 de abril de 2013 ás 18:44 (UTC)
RE:*Mediático
[editar a fonte]Moitas grazas por amañar o erro e engadilo no revisor ortográfico. Non se me ocorre outra palabra para indicar o mesmo termo, penso que está ben como o deixaches ti. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2013 ás 19:59 (UTC)
- Vale, moitas grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2013 ás 20:21 (UTC)
- Moi ben, grazas polo aviso :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de abril de 2013 ás 15:44 (UTC)
Referencias
[editar a fonte]Ola, Javi96. Xa lle quitei o marcador, porque a afirmación non é miña senón de Modesto Hermida, quen é o prologuista desa colección de libros recuperados. Canto á adaptación da entrada de Benjamin Constant, si, foi do francés e do castelán, e polo que veo respectei as fontes, pois non había nada destacable (a ref. en fr era sobre o lugar de soterramento, dato do que eu prescindín na adaptación básica ao galego). Secasí, perde coidado, que polo xeral, a non ser que me vexa moi apurado, trato de pasar tamén as notas cando adapto artigos dende outras linguas. Un saúdo e graciñas pola atención e a revisión. --Atobar (conversa comigo) 10 de abril de 2013 ás 22:58 (UTC)
- Perde coidado, fareino. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11 de abril de 2013 ás 23:20 (UTC)
RE: Taberna
[editar a fonte]Xa o vin, paréceme boa idea, por min perfecta, falta ver qué opina o resto. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 11 de abril de 2013 ás 11:43 (UTC)
RE: Referencia
[editar a fonte]Aplicando o choio :) Graciñas --Xmps (conversa) 11 de abril de 2013 ás 17:11 (UTC)
Reino de Castela
[editar a fonte]Ola Javi.
Se queres encher de contidos Reino de Castela (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) non fai falla que o marques con {{lixo}}.
Simplemente edítao e xa está.
Un saúdo, bo traballo, e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 12 de abril de 2013 ás 06:42 (UTC)
- Queda borrado, logo (por Lameiro). Grazas pola explicación. --. HombreDHojalata.conversa 13 de abril de 2013 ás 10:08 (UTC)
RE: Administrador
[editar a fonte]Moitas grazas, xa puxen o modelo :). Cando teña un momento xa me poño con esas fusións, a ver se non estoupan! ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de abril de 2013 ás 09:18 (UTC)
Moitas grazas-- Lmbuga / Conversa comigo 13 de abril de 2013 ás 11:47 (UTC)
Re: Recoñecemento cando se traduce doutra wiki
[editar a fonte]Grazas, tereino en conta a próxima vez que traduza un artigo de outra wiki. Un saúdo. --Xosema (conversa) 13 de abril de 2013 ás 18:02 (UTC)
Creo que na páxina Wikipedia:Marcadores de bandeira/listaxe, en lugar de poñer <nowiki>{{ESP}}</nowiki>
, habería que poñer {{tl|ESP}}
. Para que apareza {{ESP}}, e así sexa unha ligazón e se poida ir ó modelo. Un saúdo. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 14 de abril de 2013 ás 02:05 (UTC)
RE:Ficheiro:ELLO logo small.png
[editar a fonte]Moitas grazas por avisar, volvín poñerlle unha nota ó usuario e espero que non siga subindo ese tipo de ficheiros. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2013 ás 19:55 (UTC)
Feito!!
[editar a fonte]Ola JaviP96!!
Tarefas feitas!! Estou empezando con isto da Wikipedia e aínda me quedan moitas cousiñas por aprender.
Un saúdo. --UL rbcouto (conversa) 16 de abril de 2013 ás 10:51 (UTC)
The Signpost: 15 de abril de 2013
[editar a fonte]- Op-ed: How do we fix RfA inactivity?
- News and notes: Another admin reform attempt flops
- Featured content: The featured process swings into high gear
- WikiProject report: Unity in Diversity: WikiProject South Africa
Traducións
[editar a fonte]Recibín a túa mensaxe sobre o recoñecemento nas traducións. Grazas. En moitas das primeiras páxinas que fixen poñía en "Resumo" a orixe da tradución. Pero despois de darlle a gardar vin que o texto desaparecía, polo que deixei pouco a pouco de facelo (e xa levo feitas centos de páxinas). Onde queda iso almacenado? Despois de que o gardaches en resumo, se lle volves a dar a editar non aparece xa (ou eu non o vexo), tampouco sae en Contribucións (do usuario), onde si queda rexistrado o aviso inicial de "en tradución", que sempre poño. A ver se non estamos a falar do mesmo cadro "Resumo". Eu refírome ao cadro ou liña de texto que aparece ao final do cadro de edición cando estás editando. Se é ese non sei onde queda gravado. Por exemplo, acabo de poñer no cadro resumo da páxina N-acil homoserina lactona que procede de en:N-acyl homoserine lactone, pero non sei onde aparece despois.
Por certo, fixen algún artigo na wikipedia inglesa (en inglés) que era tradución dun artigo meu (en galego) da wikipedia galega, pero tampouco puxen en resumo nada. Non sei se debo deixar constancia tamén (a min, é dicir ao meu nome de usuario, persoalmente tanto me ten, pero igual é necesario facelo). Deixei un comentario na Talk page, pero non era aviso de "Tradución".
Case todas as miñas páxinas son traducións das que considero as mellores páxinas das wikipedias (dos idiomas que coñezo) de cada tema que trato. Algunhas están traducidas case literalmente, pero outras só parcialmente ou están moi modificadas ou teñen partes de varias wikipedias, ou non inclúo (loxicamente) as partes que considero erros (e déixolles a eles mensaxes nas súas páxinas de conversa ou mesmo llelas modifico eu). Pero xa lin na túa mensaxe que se pode poñer en resumo que procede de varias páxinas. Non teño problema en facelo, naturalmente. Saúdos.--Miguelferig (conversa) 19 de abril de 2013 ás 18:13 (UTC)
- Creo que xa entendín como funciona. Empecei unha páxina nova e puxen en Resumo a orixe da tradución e comprobei que agora si sae en historial. Creo que o que pasaba é que hai que poñelo na primeira edición que se fai, senón non sae ao principio. Ademais eu buscaba na pantalla de edición, en resumo, e alí si que non se mantén, bórrase, pero vexo que en historial si, se se pon ao principio. Aínda me queda moito que aprender do funcionamento da wikipedia. En canto á edición en inglés da que falei feita desde a páxina galega, a galega era orixinal, non unha tradución, polo que non lle vou poñer nada; ademais teño páxina de usuario na wikipedia inglesa, polo que en historial sae o meu nome de usuario (e se non saíse tampouco me importa). Boteille unha ollada ao dos portais, pero paréceme un pouco complicado polo momento. Talvez máis adiante se o aprendo ben o intente. Grazas polas louvanzas do meu traballo. Como son a maioría traducións (críticas) o meu mérito é do traballo que pasei traducíndoas (que non é tan doado de facer unha tradución xeitosa deses temas ás veces), pero non teño mérito na elaboración da páxina, xa que é unha tradución. Procuro que sexan comparables ás mellores que haxa nas wikipedias, por iso traduzo as que me parecen mellores ou mesturo as mellores partes. Iso non quere dicir que sexan páxinas completas, porque hai moitas que son esbozos, pero as que son esbozos son tamén esbozos en todas as demais wikipedias. Saúdos e grazas pola información.--Miguelferig (conversa) 19 de abril de 2013 ás 23:52 (UTC)
Problemas cun modelo
[editar a fonte]Boas JaviP96!! Ando a incluír imaxes nos artigos de hóckey a patíns, pero a caixa de información das seleccións ten un problema coas imaxes, poderías mirar que pasa? O modelo é Modelo:Selección de hóckey a patíns e se queres ver o problema podes ver por exemplo Selección de hóckey a patíns masculina de Mozambique. Moitas grazas de antemán!!! Piquito (conversa) 20 de abril de 2013 ás 15:27 (UTC)
- O escudo únicamente o utilizaría se algún día chego a crear un artigo da selección de Israel (algo que se chega, será tarde) que ten o logo da federación en Commons pero non imaxe do equipo. Eu pensaba que o do escudo valía para fotos tamén... A colocación me vale logo do nome, a meirande parte non van levar escudo (de feito só hai un en todo Commons). Graciñas!!! Piquito (conversa) 20 de abril de 2013 ás 15:42 (UTC)
- Si, si, pon un para os dous. Non vai haber escudos en ningures, e se os hai xa porei a foto no artigo, non te preocupes!!! Piquito (conversa) 20 de abril de 2013 ás 15:48 (UTC)
- Así está perfecto!! A que te refires co da descrición? Piquito (conversa) 20 de abril de 2013 ás 16:30 (UTC)
- Non creo que sexa preciso, se alguén entra no artigo de Mozambique o lóxico é que a imaxe sexa da selección de Mozambique e non da dos Países Baixos, o único polo que ten sentido é polo ano, así que se te vai dar moito curro deixao así que non pasa nada. Unha aperta e moitas grazas de novo!!! Piquito (conversa) 20 de abril de 2013 ás 16:42 (UTC)
- Está todo perfecto, eu non vexo que falte nada. Moitísimas grazas!!!! Piquito (conversa) 20 de abril de 2013 ás 16:53 (UTC)
- Non creo que sexa preciso, se alguén entra no artigo de Mozambique o lóxico é que a imaxe sexa da selección de Mozambique e non da dos Países Baixos, o único polo que ten sentido é polo ano, así que se te vai dar moito curro deixao así que non pasa nada. Unha aperta e moitas grazas de novo!!! Piquito (conversa) 20 de abril de 2013 ás 16:42 (UTC)
- Así está perfecto!! A que te refires co da descrición? Piquito (conversa) 20 de abril de 2013 ás 16:30 (UTC)
- Si, si, pon un para os dous. Non vai haber escudos en ningures, e se os hai xa porei a foto no artigo, non te preocupes!!! Piquito (conversa) 20 de abril de 2013 ás 15:48 (UTC)
Marcadores de bandeira
[editar a fonte]boas JaviP96!! Vin que nos marcadores de bandeira de rugby puxeches a bandeira:
JonnyJonny e mais eu acordamos empregar a bandeira da IRFU para os artigos do rugby irlandés, que é a que se adoita empregar, a bandeira é esta:
Non sei por qué, mais non son capaz de meter esta no artigo da selección de rugby de Irlanda e por eso aparece a outra, mais se miras un pouco máis na caixa podes ver que se emprega a da IRFU. Aínda hai artigos da Copa do Mundo que están coa do trevo, teriamos que cambialo, se cadra me poño eu. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 21 de abril de 2013 ás 17:44 (UTC)
- Se cambias ti o modelo eu cambio xa as bandeiras dos artigos que me digas. Sobre os tamaños das bandeiras que me comentas, tes toda a razón, son grandes de máis... estaría ben reducilas ao tamaño que hai nas seleccións de fútbol. Grazas polo aviso, o certo é que nin me decatara do asunto do tamaño. Piquito (conversa) 21 de abril de 2013 ás 22:50 (UTC)
- Onde teño que poñer o marcador de bandeira? 20 é moi pequeno, case penso que estaría mellor poñer todo para poder cambiar o tamaño. Un saúdo!! Piquito (conversa) 21 de abril de 2013 ás 23:17 (UTC)
- Eu case diría dun 30 mellor. Graciñas!!! Piquito (conversa) 21 de abril de 2013 ás 23:24 (UTC)
- Onde teño que poñer o marcador de bandeira? 20 é moi pequeno, case penso que estaría mellor poñer todo para poder cambiar o tamaño. Un saúdo!! Piquito (conversa) 21 de abril de 2013 ás 23:17 (UTC)
Proposta
[editar a fonte]Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:01 (UTC)
- Respostei ao teu comentario, como podes ver o punto 6 é moi complicado. Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:39 (UTC)
- Paréceme ben o que propós, eu agora non vou poder, teño que poñerme a outras cousas e ata a noite ou mañán non lle adicarei moito tempo á wiki. Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:43 (UTC)
Penso que hai un tempo que debe transcorrer para volver votar unha proposta que xa fora rexeitada, pero non me lembro cal é, haberá que lle preguntar a algún administrador. Como os cambios son de calado, propoño primeiro abrir unha páxina exclusivamente para o debate e máis adiante abrir as votacións. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 23 de abril de 2013 ás 17:52 (UTC)
- Correcto. Sexa así, pois. Saúdos! --Paradanta (Cóntame) 23 de abril de 2013 ás 17:58 (UTC)
- Por min, faina ti. Piquito xa amosou a súa conformidade e eu en cuestión de minutos teño que deixar o ordenador e atender outros asuntos. Unha aperta. --Paradanta (Cóntame) 23 de abril de 2013 ás 18:03 (UTC)
Case mellor especificar a súa relación cos artigos de calidade, por exemplo, Wikipedia:Cambios nas políticas sobre artigos de calidade. Saudiños! --Paradanta (Cóntame) 23 de abril de 2013 ás 18:12 (UTC)
Grazas por crear a páxina, xa puxen os comentarios sobre as traducións... non sei se as adaptacións estarán moi ben (puxen entre paréntese algunhas aclaracións porque é complicado adaptar unha parte soa de toda a argumentación), eu me entendo, supoño que o resto tamén. Esperemos que haxa participación no debate e que sexa construtivo. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 20:43 (UTC)
- Bo traballo, Javi. Mañá con máis calma irei dando a miña opinión punto por punto, agora xa me está a dar o sono. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 23 de abril de 2013 ás 21:31 (UTC)
Re: Proposta
[editar a fonte]Saúdos e grazas polo aviso. A verdade é que non teño un gran coñecemento do tema, nin siquera unha opinión formada, e é un debate bastante extenso, pero prometo intentar leelo e opinar si se me ocorre algo constructivo.
Un saúdo.--Xosema (conversa) 24 de abril de 2013 ás 21:45 (UTC)
The Signpost: 22 de abril de 2013
[editar a fonte]- News and notes: Milan conference a mixed bag
- In the media: Wikipedia inaccurate, says Florence; New Wikipedia app for breaking news
- Featured content: Batfish in the Red Sea
- WikiProject report: WikiProject Editor Retention
- Arbitration report: Sexology case nears closure after stalling over topic ban
- Technology report: A flurry of deployments
Portal do hóckey a patíns
[editar a fonte]Boas JaviP96!!! Creei (bueno, copiei) un novo portal sobre o hóckey a patíns, mais teño un problema para que o artigo destacado saia aquí (Portal:Hóckey a patíns/Sobre o hóckey a patíns), poderías mirar cal é o problema?? Moitas grazas!!!! Piquito (conversa) 26 de abril de 2013 ás 20:02 (UTC)
- Si, pensara en poñer os eventos recentes (campionato do mundo B 2012, europeo 2012, etc para que quen quera poda ver os actuais campións), o que non sei se poñer é quén é o líder das principais ligas europeas (española, portuguesa, italiana e francesa... a suíza non a metería) ou a clasificación da OK Liga. Non sei, ando pensando no tema... non sei cómo o ves ti. Graciñas por todo!!! Piquito (conversa) 26 de abril de 2013 ás 20:30 (UTC)
- Vou mirar cómo podo facer, logo te aviso a ver qué che parece. Apertas!!! Piquito (conversa) 26 de abril de 2013 ás 20:41 (UTC)
- Boeno, xa están feitas as clasificacións e os eventos! Penso que pode valer ben, o único é que falta poñer as cores dos descensos e campións (ou playoffs en Italia), mais está decente. Se se che ocorre algo de estética será ben recibido. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 26 de abril de 2013 ás 22:20 (UTC)
- Vou mirar cómo podo facer, logo te aviso a ver qué che parece. Apertas!!! Piquito (conversa) 26 de abril de 2013 ás 20:41 (UTC)
marcadores de bandeira
[editar a fonte]Ola, Javi; parabéns polo choio que fixeches, un bo traballo! Paréceme ben o feito de incluílo nos recursos útiles, méteo sen medo na sección que consideres oportuna. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de abril de 2013 ás 03:12 (UTC)
Modelos
[editar a fonte]Grazas Javi, botareilles un ollo. Un saúdo! --Beninho (conversa) 28 de abril de 2013 ás 10:02 (UTC)
Melloramento das 1000 páxinas básicas
[editar a fonte]Si, claro, podo colaborar nalgunhas desas páxinas de vez en cando. Nunca lera esa lista. Algunhas desa lista xa son páxinas bastante completas (por exemplo, sistema inmunitario, célula, ADN...). Hai outras que me parecen moi mellorables tal como están hoxe e nas que podo ir colaborando proximamente, como as páxinas virus, lípido, hormona, carbohidrato e outras. De todos modos hai páxinas que a min non me gusta facer, como as que son moi de tipo xeral do estilo "Ciencias naturais", "bioloxía". Ademais, con frecuencia chámanme a atención as cousas raras ou curiosas de bioloxía (estrómulos, cleptoplastia...), que non son o máis procurado polo público nin están nas listas das 1000 páxinas imprescindibles. Tamén hai temas que non son os meus preferidos; por exemplo, das máis de 1.000 páxinas que levo feito debe de haber só dúas ou tres de especies de animais ou plantas, pero hai ducias de microorganismos. Prefiro temas de bioloxía celular, xenética, bioquímica, histoloxía, e anatomía. Polo contrario, non fago páxinas de enfermidades, polo que a páxina SIDA terá que ampliala outra persoa, que eu xa fixen a páxina VIH traducida da páxina inglesa marcada con estrela. Neses temas colaborarei encantado. Pero ao mesmo tempo seguirei facendo páxinas novas empezadas desde cero. Se a páxina ten pouco feito, como pasaba con arqueas, xilema, meiose, ADN, núcleo celular estou máis disposto a reestruturalas e amplialas (como fixen), pero se a páxina ten máis cousas feitas non me gusta tanto reestruturar (aínda que as veces pense que sería necesario), pero sempre se poden ampliar. Por exemplo, a páxina bacterias podería reestruturarse e poñer unha clasificación máis actualizada, pero habería que cambiar moito (porén, fixen moitos pequenos cambios, pero non reestruturacións). De todos modos eu fago principalmente traducións, que ao mellor a algúns non lles gusta. Aínda así, que bo sería que algún que entenda de física traducise a páxina inglesa de átomo, xa que a galega é moi escasa actualmente.
Por certo, cando cambiei o nome da páxina Bacteria ao plural (porque insistía Xoio e seguramente tiña razón), saiu a mensaxe "produciuse un erro inesperado" e borrouse a maior parte do contido da páxina de conversa. Non sei se terá importancia. Porén, o cambio de nome parece que funcionou ben.--Miguelferig (conversa) 29 de abril de 2013 ás 20:10 (UTC)
Bacterias
[editar a fonte]Xa o amañou Xas. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 29 de abril de 2013 ás 22:43 (UTC)
Lixo
[editar a fonte]Nesta ocasión, por dous motivos:
- Para ter unha segunda opinión.
- E o principal. Para darlle a oportunidade de que alguén solucione o problema e non ter que borrar. Tal como sucedeu en [2] ou [3] (grazas Servando).
Un abrazo. . HombreDHojalata.conversa 1 de maio de 2013 ás 09:50 (UTC)
Desfeita
[editar a fonte]Boas Javi!! O cambio de mes caeume moi mal no tema dos portais, co da ópera comecei a facer unhas redireccións para os artigos destacados e fixen unha desfeita considerable, co do hóckey fixen unha redirección co artigo destacado pero non consigo que apareza no portal, coas imaxes non sei tampouco o que pasa (no do hóckey fixen unha redirección porque quería repetir a portada e no da ópera fixen o mesmo -creo- que para a portada anterior). Se podes mirar qué pasa agradeceríacho para non ter os dous portais vacios demasiado tempo. Unha aperta!! Piquito (conversa) 1 de maio de 2013 ás 16:18 (UTC)
- E no de ópera podes ver o artigo e a imaxe destacada?? Piquito (conversa) 1 de maio de 2013 ás 16:39 (UTC)
- Xa o vexo eu tamén, debeu ser o que dicías de que tarda. Graciñas!! Piquito (conversa) 1 de maio de 2013 ás 18:46 (UTC)
Traslado dunha sección
[editar a fonte]Ola JaviP96. Cando traslades unha sección, como aquí, por favor, no resumo de edición pon Trasladado a Cronoloxía da Segunda Guerra Mundial (coa ligazón interna), no cando de movido cara outro artigo. Saúdos. Vivaelcelta {conversa · contribucións} 1 de maio de 2013 ás 17:46 (UTC)
The Signpost: 29 de abril de 2013
[editar a fonte]- News and notes: Chapter furore over FDC knockbacks; First DC GLAM boot-camp
- In the media: Wikipedia's sexism; Yuri Gadyukin hoax
- Traffic report: Most popular Wikipedia articles of the last week
- Featured content: Wiki loves video games
- WikiProject report: Japanese WikiProject Baseball
- Arbitration report: Sexology closed; two open cases
- Recent research: Sentiment monitoring, Wikipedians and academics favor the same papers, UNESCO and systemic bias, How ideas flow on Wikiversity
Matemáticas
[editar a fonte]Boas Javi, grazas por dicirme o da profundidade dos artigos, non tiña nin idea do que era. En canto teña un rato xa paso o que levo feito á páxina de matemáticas. Estaba a traballar na subpáxina porque vaime levar tempo, pero podo facelo na mesma páxina poñendo o acostumado En uso. Saúdos! --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de maio de 2013 ás 11:19 (UTC)
- Pois grazas de novo, xa aprendín dúas cousas hoxe! O do wikiproxecto é boa idea pois axudaría a dar a coñecer a existencia deses 1.000 artigos a moitos editores que non saben deles. Por certo, tí que opinas de poñerlle a eses artigos un marcador que os identifique como ocorre noutras wikipedias? Saúdos! --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de maio de 2013 ás 19:32 (UTC)
- Xa o comento na taberna. Se a xente concorda, alguén que saiba terá que encargarse de facer o modelo pois eu non controlo o asunto. --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de maio de 2013 ás 20:07 (UTC)
- Bótalle un ollo aos marcadores da wiki aragonesa Aragonés (unha especie de tarta na que está marcada unha porción) e da asturiana Asturianu (unha peza dun puzzle, aínda que lle falta algo de colorido). As dúas están ben e representan a idea de coleccionar. Quizais a idea da asturiana é a que máis me gusta pero habería que mellorala algo para facela máis viva e visíbel. Saúdos! --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de maio de 2013 ás 20:36 (UTC)
- Completamente de acordo. Non me dera conta dos distintos marcadores segundo o tamaño. E xa que estamos nelo, cando un amplía unha páxina e aumenta o tamaño, habería que facer manualmente o cambio de marcador ou se podería facer dun xeito automático? Saúdos! --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de maio de 2013 ás 21:24 (UTC)
- Esquecíaseme dicirche que xa deixei unha entrada na taberna. Podes entrar a votar. --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de maio de 2013 ás 21:26 (UTC)
Revolución de 1848
[editar a fonte]En primeiro lugar grazas polas correcións, aínda que non me deixaches tempo para que as fixera eu. Erro pola miña parte ao non poñer o marcador de en uso. En fin tanto ten. Un saúdo--AMPERIO (conversa) 4 de maio de 2013 ás 14:58 (UTC)
- Non hai problema co das correccións. En canto ao de cambiar o nome do artigo paréceme boa idea, a verdade é que nin me decatara que había outro que trataba sobre as revolucións non so en Francia. Penso que esta mellor así, queda máis claro. --AMPERIO (conversa) 4 de maio de 2013 ás 15:02 (UTC)
Acabo de ler o artigo Revolucións de 1848 e comparandoo co da revolución francesa de 1848, a verdade é que veñen a dicir o mesmo. Habería que eliminar un dos dous ou ben ampliar o que ten a idea máis ampla con información sobre as revolucións noutros paises aparte de Francia. --AMPERIO (conversa) 4 de maio de 2013 ás 15:06 (UTC)
- Xa sei que o das revolucións comeza falando da primaveira dos pobos, o que eu digo é que só fala dos sucesos europeos nesas primeiras liñas, o resto do artigo está adicado ao que tivo lugar en Francia.--AMPERIO (conversa) 4 de maio de 2013 ás 15:22 (UTC)
RE: Wikiproxecto sobre os 1000 artigos básicos
[editar a fonte]Boas JaviP96!! Tiña pensado traballar nos artigos da lista relacionados coa música clásica, mais polo momento aínda estou a ampliar Sibelius, e logo xa farei o propio con ópera, Bach, Beethoven e Mozart, mais con calma, prefiro amplialos moito e crear artigos bos relacionados coas composicións (xa retirei a lista en Chopin, perde peso mais dende o meu punto de vista as obras pintan máis nunha listaxe como en Lista de composicións de Jean Sibelius que no corpo do artigo). Estarei atento ás propostas que me vaias facendo, mais traballarei básicamente neste campo, aínda que en momentos puntuais poda colaborar un pouco con xeografía ou mesmo historia. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 4 de maio de 2013 ás 21:08 (UTC)
- Bo traballo!! Parece que a xente vaise decantando polos logos mañicos. Dúas cousas, cando lle pos o logo a un artigo, hai que engadilo manualmente á categoría que creaches ou xa se fai automaticamente? En canto ao tamaño do logo, non se podería facer un pouco máis grande? dame a impresión de que non se ve o suficiente e que o da Biquipedia é lixeiramente máis grande, non sei, aumentar a 23 ou 24 pixels? Saúdos! --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de maio de 2013 ás 22:13 (UTC)
- Acabo de decatarme dun pequeno erro: ao premer no logo que creaches, lévate a unha lista dos 1.000 artigos que non está actualizada. Dinme conta porque hai uns meses comezei o artigo do Encoro das Tres Gargantas que substituíra na lista ao Encoro de Asuán, e na lista á que leva a ligazón aparece o Encoro de Asuán. Habería que actualizar a nosa lista comparándoa coa List of articles every Wikipedia should have. Fíxache que nesta lista aparecen á dereita os cambios recentes. Outra posibilidade que dá menos traballo é facer a ligazón directamente a esta lista de metawiki que sempre está actualizada. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de maio de 2013 ás 23:16 (UTC)
Boas JaviP96!! Moi profesional o resultado!!! Deixei un comentario na taberna, non sei qué opinarás ti, mais eu prescindiría da categoría. Sobre o wikiproxecto, é unha moi boa idea, mais xa che comentei que me vou centrar principalmente nos artigos de música clásica (se algún día acabo con Sibelius), polo que non tería problema en participar dentro deste ámbito atendendo a posibles peticións de ampliación ou calquera cousa que se vos ocorra, non traballaría a priori colaborando con outros usuarios nun artigo doutro tema (a non ser que fora algo que chamara especialmente a miña atención). O motivo é que os artigos da lista sobre a música clásica están ben escasos, por exemplo Puccini, Verdi, Mahler, Palestrina, Haydn, Haendel, etc están nun nivel moi baixo (sendo todos artigos moi importantes), se a estes lle sumamos o artigo de sinfonía, música clásica (artigo para o cal non hai consenso se adicar á música académica ou ao período, aínda que seguramente se opte pola primeira) e que ao artigo sobre a ópera lle queda por facer toda a parte histórica (conto con poñerme pronto, mais primeiro vai Sibelius, non quero seguir deixando traballos a medias), nos queda moito traballo e non dispoño de moito tempo. O dito, estarei pendente de calquera proposta que me fagas sobre o wikiproxecto e nóvamente parabéns co traballo feito co logo e todo o que tes traballado por darlles máis relevancia e visibilidade a estes artigos. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 7 de maio de 2013 ás 15:57 (UTC)
RE: Marcador para os 1.000 artigos vitais
[editar a fonte]Se hai xeito de facelo, non teño a certeza de sabelo. Pode que si, pode que non. O que si sei seguro é que eu non o sei facer. Se todos eses artigos estivesen nunha categoría si que sabería facelo, pero o feito de ter que mirar na páxina de Meta complica as cousas. E facelo manualmente é un labor máis que tedioso. Sobre a medición do tamaño dos artigos, o modelo fala de bytes, e no historial de cada artigo aparece o tamaño do mesmo en bytes, non vexo o problema. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 7 de maio de 2013 ás 13:23 (UTC)
- Pois iso podería funcionar, sempre que na páxina unicamente estean as ligazóns cara aos artigos en cuestión. E no que se refire ao tamaño, pois segundo esa páxina semellar ser como dis: multiplicar por 1,1 o tamaño en bytes da páxina. O que vexo difícil é que o bot diferencie o tamaño dos artigos e faga a inclusión correcta do modelo segundo este criterio. Non estou seguro agora mesmo de se é posible facer esta distinción de tamaño desde o propio modelo (e que escolla o software a imaxe correcta, o que faría a actualización automática). --Toliño Fala aquí comigo 7 de maio de 2013 ás 22:37 (UTC)
- Despois das modificacións que fixen no modelo, xa non é necesario o primeiro parámetro que indicaba o tamaño. Intentarei retiralos co bot e incluír o modelo nos artigos que faltan. O que non entendo son os cambios que fixeches no modelo, porque para que as multiplicacións sexan correctas, os tamaños deberan ser 9090 bytes e 27272 bytes (9090 × 1,1 = 9999 bytes e 27272 × 1,1 = 29999,2 bytes). O outro que pides, facer unha lista cos tamaños, non sería práctico se non se actualizase automaticamente. Habería que copiar a lista actual e facer o seguinte:
# [[Nome do artigo]] ({{PAGESIZE:Nome do artigo}} bytes)
. Facelo á man éche bastante tedioso. Se cadra, HombreDHojalata sabe automatizalo co seu bot. --Toliño Fala aquí comigo 15 de maio de 2013 ás 11:40 (UTC) - Por certo, dixeches de aumentar o tamaño da imaxe. Mira a zona de probas, a ver se así está mellor o tamaño. --Toliño Fala aquí comigo 15 de maio de 2013 ás 12:12 (UTC)
- Pois entón xa veremos como axustar o cálculo. E grazas por levar o traballiño de facer a páxina cos tamaños. En canto remate de traballar o meu bot (agora está quitando os parámetros "-10", "+10" e "+30") póñome a revisar os artigos que levan o modelo, pois tamén me decatei de que había 1001 artigos con el. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15 de maio de 2013 ás 14:33 (UTC)
- Comprobei de novo, por dúas vías, e son 1000 os artigo que inclúen o modelo. Tanto o número de páxinas que ligan con "Modelo:1000" como o número de artigos categorizados na Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter son iguais (1000 artigos, como debe ser). Todo correcto! --Toliño Fala aquí comigo 15 de maio de 2013 ás 17:18 (UTC)
- Pois entón xa veremos como axustar o cálculo. E grazas por levar o traballiño de facer a páxina cos tamaños. En canto remate de traballar o meu bot (agora está quitando os parámetros "-10", "+10" e "+30") póñome a revisar os artigos que levan o modelo, pois tamén me decatei de que había 1001 artigos con el. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15 de maio de 2013 ás 14:33 (UTC)
- Despois das modificacións que fixen no modelo, xa non é necesario o primeiro parámetro que indicaba o tamaño. Intentarei retiralos co bot e incluír o modelo nos artigos que faltan. O que non entendo son os cambios que fixeches no modelo, porque para que as multiplicacións sexan correctas, os tamaños deberan ser 9090 bytes e 27272 bytes (9090 × 1,1 = 9999 bytes e 27272 × 1,1 = 29999,2 bytes). O outro que pides, facer unha lista cos tamaños, non sería práctico se non se actualizase automaticamente. Habería que copiar a lista actual e facer o seguinte:
Logos
[editar a fonte]Boas JaviP96!!! Xa puxen os logos dos 1.000 artigos que toda Wikipedia debería ter nas personalidades da música, mais non sei se estarán ben postos, o que fixen foi mirar no historial os bytes do artigo e multiplicar por 1,1 (algo deso tiña entendido que era, se non é así dimo para que os poda corrixir, eu deso non entendo moito). Algúns se degradarán seguro, como o de Vivaldi que boa parte do artigo é unha lista de obras pouco útil para unha biografía. Tamén incluín o logo no artigo da ópera (neste non teño dúbidas, o artigo é suficientemente grande como para non ofrecer dúbidas). Vamos falando do tema pois, unha aperta!!! Piquito (conversa) 8 de maio de 2013 ás 23:41 (UTC)
Boas, tentarei facer o que poida coa lista. Aproveito para felicitarte pola proposta e polo choio que estás a facer. A seguir dándolle duro. Un saúdo.--Breogan2008(dime) 9 de maio de 2013 ás 15:19 (UTC)
The Signpost: 06 de maio de 2013
[editar a fonte]- News and notes: Candidates nominating for Foundation elections; Looking ahead to Wikimania 2014
- In the media: New Wikipedia for Schools edition; Anders Behring Breivik's Wikipedia contributions
- Featured content: WikiCup update: full speed ahead!
- WikiProject report: Earn $100 in cash... and a button!
- Technology report: Foundation successful in bid for larger Google subsidy
Ampliación de artigos
[editar a fonte]Ola, Javi. A curto prazo non vou poder, pero tratarei de facelo dentro dun tempo se é que para daquela aínda ninguén lle meteu man. Sinto non ter máis tempo para traballar na Wikipedia ultimamente. En todo caso, agradézoche que esteas á que cae e que traballes tanto. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11 de maio de 2013 ás 19:23 (UTC)
Historia de Serbia
[editar a fonte]Boas JaviP96!! Grazas polas túas achegas na votación para calidade de Historia de Serbia, sinto non terme metido na mellora do artigo, andei a outras cousas e agora vou estar medio inactivo ata o mes que vén (de feito xa levo uns días que as miñas achegas son a creación de artigos co básico para logo amplialos, ou pequenas ampliacións puntuais ou tarefas de mantemento do portal do hóckey a patíns). Tampouco vou poder polo tanto participar no wikiproxecto dos 1000 artigos para tentar recibir un recoñecemento este mes (espero poder contribuir algo máis no vindeiro mes), mais polo que vin estes días o traballo vai moi ben, hai implicación e se están a ampliar moitos artigos, polo que douche a noraboa por ter creado o wikiproxecto. Unha aperta e a seguir así!! Piquito (conversa) 14 de maio de 2013 ás 15:40 (UTC)
Os 1000
[editar a fonte]Si. Están esperando por min... e irán, aínda que vou abondo máis lento que pensaba.--Agremon(contacto) 15 de maio de 2013 ás 21:43 (UTC)
The Signpost: 13 de maio de 2013
[editar a fonte]- News and notes: WMF–community ruckus on Wikimedia mailing list
- In the media: PR firm accused of editing Wikipedia for government clients; can Wikipedia predict the stock market?
- Featured content: A mushroom, a motorway, a Munich gallery, and a map
- WikiProject report: Knock Out: WikiProject Mixed Martial Arts
- Arbitration report: Race and politics opened; three open cases
Re: Petición
[editar a fonte]Cando teña tempo estarei encantado de traballar neses artigos. Grazas por avisarme! --Imxavitooh (conversa) 17 de maio de 2013 ás 14:12 (UTC)
The Signpost: 20 de maio de 2013
[editar a fonte]- Foundation elections: Trustee candidates speak about Board structure, China, gender, global south, endowment
- News and notes: Spanish Wikipedia leaps past one million articles
- In the media: Qworty incident continues
- WikiProject report: Classical Greece and Rome
- Featured content: Up in the air
petición
[editar a fonte]Ola, Javi! Como interesado na historia, íache pedir que creases o artigo Foro de León (podes basearte no artigo en castelán), e que investigases sobre a súa relevancia na Galiza medieval. Non hai présa, cando che vaia ben.
Aproveito para felicitarche polo traballo que estás a facer coa WWII e co artigo que creaches sobre a batalla do Atlántico fronte a Galiza.
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de maio de 2013 ás 17:13 (UTC)
RE: Haydn
[editar a fonte]Boas JaviP96!! Por min non hai problema, non sei se o podo facer eu ou o ten que facer algún administrador por motivos técnicos. Ao final puiden estar un pouco activo este mes, tentarei ampliar o artigo de Haydn (tamén estaría ben o de Palestrina e/ou o de Händel), agora estou liado con La fanciulla del West, que o vindeiro mes se representa na Coruña e quería poñela destacada no portal ópera (non sei se me dará tempo de tela finalizada, pero tentareino). Non sei cándo se mira o crecemento das wikis de mes a mes, espero chegar a tempo, se non o consigo espero poder traballar nos compositores para que todos teñan canto menos 10kb para xullo. Por certo, me sobran varios artigos da categoría dos 1.000 artigos que toda wiki debería ter (agora é un), non sei cómo podemos facer para que esto non pase. Sabes por casualidade canto medramos este mes? Unha aperta!! Piquito (conversa) 30 de maio de 2013 ás 14:59 (UTC)
The Signpost: 27 de maio de 2013
[editar a fonte]- Foundation elections: Candidates talk about the Meta problem, the nation-based chapter model, world languages, and value for money
- News and notes: First-ever community election for FDC positions
- In the media: Pagans complain about Qworty's anti-Pagan editing
- Featured content: Life of 2π
- WikiProject report: WikiProject Geographical Coordinates
- Technology report: Amsterdam hackathon: continuity, change, and stroopwafels
- Recent research: Motivations on the Persian Wikipedia; is science eight times more popular on the Spanish Wikipedia than the English Wikipedia?
RE: PAGESIZE
[editar a fonte]O problema é que esa ferramenta é demasiado custosa para o software e non pode abusarse dela (ou chega un momento no que deixa de funcionar, como pasou). Acabo de pasar pola páxina e semella que todos os artigos teñen o tamaño ao carón. Non obstante, non podo dicir que esa información sexa sempre correcta, posiblemente non se actualice como é debido se unha páxina cambia o seu tamaño, co tempo si, pero non instantaneamente. Saúdos e perdón por tardar tanto en contestar. --Toliño Fala aquí comigo 31 de maio de 2013 ás 13:56 (UTC)
- Pois entón non se me ocorre outra cousa ca separar en dúas páxinas (ou máis, se fose necesario). A opción de actualizar a lista automaticamente cun bot paréceme inviable, porque non adoitamos ter os bots locais facendo unha tarefa periódica coma esta. En calquera caso, a opción que funciona é a categorización, que aínda que non ten a ordenación por áreas de coñecemento si recolle os artigos nas tres clasificacións establecidas. Se teño outra idea xa che comento. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 2 de xuño de 2013 ás 10:14 (UTC)
- Paréceme ben como está. E boa idea o que fixeches co índice, moi práctico. Grazas por todo o choio que levas. --Toliño Fala aquí comigo 5 de xuño de 2013 ás 13:49 (UTC)
Problemas cos portais
[editar a fonte]Boas JaviP96!! Son un pouco torpe con esto da informática, cértamente non me aclaro, o Portal:Ópera non o consigo ver actualizado (a pesar de xa ter elixido o artigo destacado, a imaxe, o audio para os dous próximos meses, e as curiosidades). Non sei se fixen algo mal ao crear os artigos (redirixín os modelos aos artigos, pode ser ese o problema?). Sinto darte tanto a brasa co tema dos portais (o Portal:Hóckey a patíns tampouco o consigo ver, o contido é o mesmo, comezou a finais de abril e quería deixar os artigos dous meses -ademáis se o Liceo gaña a liga xa queda destacado- e as fotos pode que máis), pero non me dou aclarado :( Apertas!!! Piquito (conversa) 1 de xuño de 2013 ás 16:52 (UTC)
- Graciñas! Moi boa idea a do portal da Segunda Guerra Mundial, vexo que vas lanzado co tema dos portais!!! Pensei en propoñer a eliminación dos portais de informática e música galega, que están inactivos, a non ser que alguén se comprometa a mantelos (eu podo facer algo co da música galega, mais teño abondo con manter os de ópera e hóckey a patíns, do portal de informática non podo facer nada porque non teño nin idea). Ti que opinas? Piquito (conversa) 1 de xuño de 2013 ás 17:50 (UTC)
Boas novas non... boísimas novas!
[editar a fonte]Hei Javi!! Estaba a esperar que saíra a clasificación. O resultado é impresionante, agora toca seguir traballando para medrar máis aínda o mes que vén!! Unha aperta!!! Piquito (conversa) 4 de xuño de 2013 ás 20:45 (UTC)
- Súmome aos parabéns!! Hai que continuar polo mesmo camiño e superarmos o próximo mes. Por certo que nos asignan un absent article que en en:wiki é Giza Piramids. Vexo que comezaches a traducir para crear o artigo Pirámides de Giza. Temos unha páxina chamada Pirámides de Xiza que redirecciona a Necrópole de Giza (asociada en wikidata á inglesa Giza Necropolis); por outra banda a páxina Pirámide de Queops redirecciona a Gran Pirámide de Giza (asociada en wikidata coa inglesa Great Pyramid of Giza). Supoño que haberá que mudar o artigo Necrópole de Giza da lista dos 1.000 e poñer o que estás a traducir, amais de cambiar a redirección de Pirámides de Xiza cara a Pirámides de Giza. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de xuño de 2013 ás 22:34 (UTC)
The Signpost: 05 June 2013
[editar a fonte]- From the editor: Signpost developments
- News and notes: "Cease and desist", World Trade Organization says to Wikivoyage; Could WikiLang be the next WMF project?
- In the media: China blocks Wikipedia
- Discussion report: Return of the Discussion report
- Featured content: A week of portraits
- WikiProject report: Operation Normandy
- Technology report: Developers accused of making Toolserver fight 'pointless'
Interwikis
[editar a fonte]Síntoo, Javi, non fun quen de seguir o consello que me dás para o asunto das interwikis, así que procedían á antiga, poñendpo os nomes das wikis máis útiles para consultar. --XoioÉche o que hai 7 de xuño de 2013 ás 20:32 (UTC)
referencias / au-referencias
[editar a fonte]É que non engadiras au-referencias, confundícheste e engadiches "referencias" simplemente [4] e non tiña lóxica. Agora si ;-) --. HombreDHojalata.conversa 8 de xuño de 2013 ás 11:49 (UTC)
- A min estrañárame, non souben que querías facer ata que o corrixiches e caín na conta.
- Grazas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xuño de 2013 ás 11:56 (UTC)
Portal Historia
[editar a fonte]Boas JaviP96!! Mirando o Portal:Historia vin que nos temas figura Antártica e o artigo é Historia da Antártica, é correcto Antártica? O artigo do continente é Antártida, con "d". Graciñas, unha aperta!!! Piquito (conversa) 13 de xuño de 2013 ás 23:26 (UTC)
The Signpost: 12 June 2013
[editar a fonte]- Op-ed: The tragedy of Wikipedia's commons
- News and notes: How Wikimedia affiliates are spending $8.4 million; PRISM scandal
- Traffic report: Who holds the throne?
- In the media: VisualEditor will "change world history"
- Discussion report: VisualEditor, elections, bots, and more
- Featured content: Mixing Bowl Interchange
- Arbitration report: Two cases suspended; proposed decision posted in Argentine History
- WikiProject report: Processing WikiProject Computing
Wikiconcurso
[editar a fonte]¡Grazas, Javi! Estou traducindo biografías de galegas para o Wikiconcurso na Wikipedia en español (que é onde eu traballo, sobre todo). --Rosarino (conversa) 15 de xuño de 2013 ás 14:29 (UTC)
RE:Petición
[editar a fonte]Home é que eu xa levo facendo ese traballo hai moito tempo, pero só dentro da categoría da astronomía, de feito agora estou tentando ampliar varios artigos das lúas de Saturno, pilláchesme ampliado Mimas, sería bo ampliar ese tipo de artigos pero a verdade é que eu onde me movo con soltura é na rama da astronomía, e tentarei seguir ampliando os artigos que están máis fracos nesa categoría. --Xabier Cancela (fálame) 18 de xuño de 2013 ás 19:54 (UTC)
Partido Político
[editar a fonte]É unha característica que sae nos cadros análogos doutros idiomas, é unha forma máis rápida de posicionar a ideoloxía política dun partido. Se o queres quitar por mín non hai problema.--Adorian (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 19:45 (UTC)
- Por mín como queiras, a idea era poñer en ideoloxía Comunismo, socialismo, ecoloxísmo, etc. en ideoloxía, e no outro poñer dereita, esquerda ou o que corresponda (se se desexa). Saúdos!--Adorian (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 21:56 (UTC)
- Ao mellor pode servir para casos non tan claros, pero de todas formas tes razón. Tamén é certo que ao ser opcional tampouco causa maior problema. Un saúdo.--Adorian (conversa) 21 de xuño de 2013 ás 07:56 (UTC)
The Signpost: 19 June 2013
[editar a fonte]- Op-ed: Two responses to the 'Tragedy of Wikipedia's Commons'
- News and notes: Swedish Wikipedia's millionth article leads to protests; WMF elections—where are all the voters?
- In the media: South African learners want Wikipedia
- Traffic report: Most popular Wikipedia articles of the last week
- Discussion report: Citations, non-free content, and a MediaWiki meeting
- Featured content: Cheaper by the dozen
- WikiProject report: The Volunteer State: WikiProject Tennessee
- Arbitration report: The Farmbrough amendment request—automation and arbitration enforcement
- Technology report: VisualEditor set for early July rollout
Thanks
[editar a fonte]Hello JaviP96, Can you help me create this article Clive Dunn. He's a good article and i want him to be in this great wikipedia. --TDKR Chicago 101 (conversa) 22 de xuño de 2013 ás 19:37 (UTC)
The Signpost: 26 June 2013
[editar a fonte]- News and notes: Election results released
- In the media: Daily Dot on Commons and porn; Jimmy Wales accused of breaking Wikipedia rules in hunt for Snowden
- Traffic report: Most-viewed articles of the week
- Discussion report: Privacy policy, X!'s edit counter, old rangeblocks, and the Article Incubator
- WikiProject report: WikiProject Fashion
- Featured content: Wikipedia in black + Adam Cuerden
- Arbitration report: Argentine History closed; two cases remain suspended
- Recent research: Controversial Wikipedia topics
MetaWiki Translation
[editar a fonte]Hello. I'd like to ask you to translate the four points that are wrongly translated to Portuguese into Galician in this page in MetaWiki. I made that mistake and I just can't delete the translation, so I'm asking you to correct it if you can. Thank you. Dannyps (conversa) 28 de xuño de 2013 ás 10:04 (UTC)
toponimia
[editar a fonte]Ola, Javi! Non teño clara a miña postura ao respecto sobre o do título do artigo Os Ánxeles; son consciente de que a cidade californiana é o máis buscado, pero penso que "Os Ánxeles" debería ser a páxina de homónimos por dous motivos: por unha banda para evitar o formato "topónimo (homónimos)" nos títulos (agás cando se trata do nome dun concello galego, que é a excepción), e por outra banda cun propósito didáctico, para que a xente saiba que existen varias parroquias con ese nome. De feito pensei en mover o artigo de homónimos a "Os Ánxeles".
Paréceche ben abrir un debate na páxina de conversa de "Os Ánxeles (homónimos)", para ver que opina a comunidade?
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de xuño de 2013 ás 11:01 (UTC)