PLISAN
PLISAN | |
---|---|
Tipo | parque empresarial e polígono industrial |
En | As Neves e Salvaterra de Miño |
País | España |
42°05′51″N 8°27′14″O / 42.097444444444, -8.4538611111111 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
PLISAN (Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra - As Neves), tamén chamado Porto Seco, é unha zona industrial e loxística galega, a maior da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Sitúase entre os concellos de Salvaterra de Miño e As Neves. Os promotores desta zona industrial son a Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo.
Historia
Os seus trámites comezaron en 2001 cunha superficie inicial de 4.000.000 metros cadrados, posteriormente reducida a 3.091.000. Logo de máis de 106 millóns de euros gastados (dos que 40 foron destinados a expropiacións), na actualidade apenas se teñen urbanizados 950.000, os situados máis ao sur.[1]
Xa en 2005 o daquela presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, ratificaba publicamente a inminente construción da PLISAN perante as dúbidas xurdidas entre o empresariado vigués[2]. O seu sucesor no goberno galego, Emilio Pérez Touriño, sería quen colocaría a primeira pedra ese mesmo ano[3] e a mediados de 2007 anunciaba o remate das obras para o verán de 2008.[4] A piques de rematar o seu primeiro e único mandato, en 2009, Touriño anunciaba a urbanización e a instalación de empresas para ese ano[5].
A mediados de 2015 a Xunta de Galicia ordenou a suspensión parcial das obras[6], con todo, en outono puideron comezar as obras de urbanización dos sistemas xerais.[7] En febreiro de 2017 anunciábase que os primeiros 100.000 m2 haberían de se comercializar a 50 €/m2[8]. Porén, en abril dese mesmo ano, volvíanse suspender as obras de urbanización após a baixa temeraria na adxudicación do contrato[3].
Accesos
- Ferrocarril
- Estradas e autoestradas
Patrimonio cultural
Durante as obras de construción foron localizados varios fornos romanos en moi bo estado de conservación, de gran tamaño e de grande importancia relativa pola escaseza deste tipo de restos en Galicia[9].
Notas
- ↑ "Plataforma Logística de Salvaterra-As Neves, PLISAN". www.ingestin.com (en castelán). Consultado o 2017-05-01.
- ↑ "Fraga garantiza que la plataforma logística de Salvaterra «se va a hacer»". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-02-24. Consultado o 2017-05-01.
- ↑ 3,0 3,1 Carlos Ponce (2017-04-20). "Las obras del puerto seco se suspenden tras la baja temeraria en la adjudicación". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-05-01.
- ↑ Europa Press (2007-06-29). "Touriño confía en que las obras de la Plataforma Logística de Salvaterra-As Neves estén conluidas el próximo verano". europapress.es (en castelán). Consultado o 2017-05-01.
- ↑ Atlántico. "Touriño anuncia la urbanización de la Plisan y la instalación de las primeras empresas este año". Atlántico (en castelán). Consultado o 2017-05-01.
- ↑ Luis Carlos Llera (2015-06-12). "La Xunta paraliza las obras de la plataforma logística de Salvaterra". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-05-01.
- ↑ Montes, Paula (2015-10-21). "La Plataforma Logística de Salvaterra-As Neves, la PLISAN, echa a andar". Cadena SER (en castelán). Consultado o 2017-05-01.
- ↑ "Os primeiros 100.000 metros cadrados da Plisan ofertaranse a 50 euros o metro cadrado". Economía en Galicia. Consultado o 2017-05-01.
- ↑ Pontevedra, S. R. (2008-09-17). "Hallan cuatro hornos romanos en las obras del Puerto Seco de Vigo". El País (en castelán). Consultado o 2018-11-30.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Vista Aérea en Google Maps
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|