[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lingua sumeria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sumerio
eme-ĝir
Falado en: Sumeria e Acadia
Extinción: 1800 aC
Familia: Lingua illada
 Sumerio
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: sux
ISO 639-3: sux
Mapa
Status

O sumerio[1] (𒅴𒂠, eme-ĝir) tal e como se falou no antigo imperio sumerio é unha lingua que desapareceu e caeu no esquecemento ata o século XIX, distinguíndose así das outras linguas faladas na rexión, como o hebreo, o acadio, o babilonio, o asirio, todas linguas semíticas.

O sumerio é a primeira lingua escrita que coñecemos. A súa escrita, o cuneiforme (que significa «en forme de cuña») foi logo reutilizada polo acadio, o ugarítico, e o elamita. A escritura cuneiforme foi mesmo empregada por algunhas linguas indoeuropeas, como o hitita (que paralelamente tiña unha escritura xeroglífico) e o persa antigo, se ben estes últimos non se serviron dos mesmos instrumentos para gravar os signos, afastándose así da grafía orixinal. En efecto, o persa só empregou a forma da escritura, mentres que a pronunciación dos signos xa non tiña nada que ver co sistema orixinal.

O sumerio é unha lingua aglutinante, o cal significa que cada palabra está formada por múltiples morfemas asociados uns aos outros; oponse así ás linguas illantes como o chinés (onde cada palabra ten só unha forma fixa) e ás linguas flexivas, onde as palabras se declinan en formas diferentes a través do uso de afixos que non poden separarse da raíz. Atopamos en sumerio un emprego importante de palabras compostas: así por exemplo a palabra lugal que significa «rei» está formada pola unión das palabras lu «home» e gal «grande».

Tamén é unha lingua ergativa, o que significa que o suxeito, dun verbo transitivo está declinado no caso ergativo, que se marca con -e. O suxeito dun verbo intransitivo e o obxecto directo dun verbo transitivo van en absolutivo, que en sumerio (como na maior parte das linguas ergativas) está marcado por un sufixo (ou mesmo o que se chama «sufixo cero», como en lugal-e é mu-dù «o rei construíu unha casa/un templo/un palacio»; lugal ba-gen «o rei partiu»).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sumerio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • M.-L. Thomsen, The Sumerian language: An introduction to its history and grammatical structure, Akademisk Forlag, 1987
  • D.O. Edzard, Sumerian Grammar, Handbuch der Orientalistisk, Brill, 2003
  • Rafael Jiménez Zamudio, Gramática de la lengua sumeria, Ediciones clásicas, Madrid, 1998.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]