[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Isín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIsín
Imaxe

Localización

Isín e Babilonia durante a dinastía casitas, século XIII a. C.
Mapa
 31°56′01″N 45°17′07″L / 31.933512, 45.285207
EstadoIraq
ProvinciasAl-Qadisiyyah (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Isín foi unha cidade estado de Mesopotamia que se proclamou como independente cara ao 2400 a. C. pasando no c. 2350 a. C. a mans de Lugalzagesi de Umma e despois a mans de Sargón I e aos seus sucesores.

A cidade de Isín en Mesopotamia

Cara ao 2200 a. C. volvía ser independente e en c. 2050 a. C. o rei de Ur fíxose amo da rexión de Isín e Mari. No 2015 a. C. o gobernador urita desta rexión, Ishiberra, toma o título de rei de Isín e comeza as súas conquistas: no 2015 a. C. Nippur, cara ao 2000 Eshunna e no 1998 Ur, Eridu e Uruk. No 1985 a. C. morre Ishiberra e sucédeo Shuilishu (-1085 - -1975) e despois Iddindagam (-1975 - -1954). No 1970 a. C. someteu á cidade de Der. No 1954 a. C. Ishmedagan sucedeu a Iddindagam. A hexemonía comezou a esgotarse cando no 1925 a. C. Larsa conquistou Ur, Uruk e Eridu. No 1898 a. C. Isín reconquistou Ur efemeramente.

No 1875 a. C. Larsa xa tiña a hexemonía e Isín quedara reducida á cidade, ao seu propio territorio e á cidade de Nippur, que Larsa ocupou no 1895 pero Isín recuperou, e oscilou entre ambas. No 1865 a. C. o rei vasalo de Uruk independizouse. No 1838 a. C. perdeu outra vez Nippur a mans de Larsa pero puido volvela a recuperar. No 1835 a. C. Larsa ocupou Nippur, pero caída a dinastía de Isín, Nippur fíxose independente (-1834), ata que ao ano seguinte Isín a ocupou. No 1830 a. C. Isín tívoa que conquistar de novo, poida que por unha revolta ou por unha conquista de Larsa.

No 1828 a. C. Larsa conquistou Nippur e Isín recuperouna no 1813 pero só por un ano, entón no 1812 Larsa conquistouna por enésima vez. No 1802 a. C. Isín recuperou Nippur. No 1793 a. C. Larsa ocupou Isín. Nippur fíxose efemeramente independente pero tamén foi ocupada. No 1762 a. C. pasou a Babilonia, que a manterá coa excepción de curtos períodos de dominio de Asiria (-1235 - -1227), Elam (-1159 - -1156) e de independencia (-1156 - -1135). Despois seguiu a historia de Babilonia.

Reis de Isín

[editar | editar a fonte]