Lemuriformes
Lemuriformes Lemuriformes Lémures Rango fósil: paleoceno - actualidade | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lémure (Lemur catta) | |||||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||
Apéndice I da CITES [1][2] | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Superfamilias | |||||||||||||||||||||||||||||
A dos lemuriformes (Lemuriformes) é unha infraorde de mamíferos da orde dos primates e a suborde dos estrepsirrinos,[3] endémicos da illa de Madagascar.
Coñécense co nome vulgar de lémures, derivado dos lemures ou larvae, fantasmas o espíritos da morte da mitoloxía romana, debido ás estrepitosas vocalizacións que emiten estes animais, os seus ollos brillantes e os hábitos nocturnos dalgunhas das súas especies.
Aínda que moitas veces se confundan con primates ancestrais, os primates antropoides (monos, hominoides e seres humanos) non evolucionaron dos lémures, aínda que comparten trazos morfolóxicos e de comportamento con primates basalis.
Na actualidade perviven unhas cen especies de lémures, a maior parte delas descubertas ou promovidas ao status de especie a partir dos anos 1990.
Características
[editar | editar a fonte]Cun peso que vai desde os trinta gramos ata os nove quilogramos, os lémures comparten moitos dos trazos básicos dos primates, como mans e pés con cinco dedos e polgar opoñíbel, e uñas en lugar de garras (que presentan a maioría das especies). Porén, a súa proporción cerebro-masa corporal é menor que nos primates antropoides e, ao igual que os demais primates estrepsirrinos, teñen o «nariz húmido» (rinario). Os lémures son xeralmente os estrepsirrinos máis sociais, e comunícanse entre eles máis con olores e vocalizacións que con sinais visuais. Teñen un metabolismo basal relativamente baixo, moitos reprodúcense estacionalmente, teñen períodos de dormencia (como hibernación ou letargo), e algúns mostran un dominio social das femias. A maioría aliméntanse cunha ampla variedade de froitas e follas, mentres que outros son especialistas. Aínda que moitos comparten dietas similares, especies distintas comparten os mesmos bosques a través dun proceso de diferenciación de nicho.
Descubrimentos tardíos
[editar | editar a fonte]A investigación sobre estes primates centrouse na súa taxonomía e na recollida de espécimes durante os séculos XVIII e XIX. Aínda que as observacións achegadas polos primeiros investigadors de campo foron abundantes, os estudos modernos sobre a ecoloxía e o comportamento destes animais non se desenvolveron até os anos 1950 e 1960. Ante as dificultades xurdidas pola inestabilidade política e a confusión reinante en Madagascar a mediados dos anos 1970, os traballos de campo detivéronse, pero retomáronse nos anos 1980 e supuxeron un grande avance no coñecemento destes primates. Instalacións de investigación como o Duke Lemur Center da Universidade Duke proporcionaron a oportunidade de avanzar no seu estudo nun ambiente controlado.
Os lémures son importantes para a investigación porque a mestura que presentan de características primitivas e trazos compartidos cos primates antropoides pode subministrar un maior coñecemento sobre a evolución dos primates e dos humanos. Porén, moitas especies de lémur están en perigo de extinción debido á perda dos seus hábitats e á caza. Pese a que, polo xeral, as tradicións locais axudan a protexer aos lémures e os seus bosques, a talla forestal ilegal, a xeneralización da pobreza e a inestabilidade política dificultan os esforzos pola conservación destes primates. Debido a estas ameazas e á diminución constante das súas poboacións, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) considera que os lémures son os mamíferos en maior perigo de extinción, considerando, no ano 2013, que máis do 90 % das especies de lémures estaban ameazadas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A clasificación taxonómica dos lemuriformes está controvertida e depende de que concepto de especie se utilice. Incluso discútese a taxonomía de nivel máis alto, e algúns expertos sitúan a maior parte dos lémures na infraorde dos lemuriformes, mentres que outros prefiren que o grupo dos Lemuriformes conteña a todos os estrepsirrinos existentes, colocando a todos os lémures na superfamilia dos Lemuroidea e as familias dos Lorisidae e Galagidae na superfamilia dos Lorisoidea.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Linneo, o fundador da nomenclatura binomial moderna, deulles o nome de lémures xa en 1758 na 10ª edición do sey Systema Naturae. Linneo situou tres especies baixo o xénero Lemur: L. tardigradus (o loris esvelto vermello, actualmente Loris tardigradus), L. catta (o lémure) e L. volans (o lémur voador de Filipinas, hoxe Cynocephalus volans).[4] Aínda que o termo lémure se aplicara inicialmente aos loris, pronto foi asociado a todos os primates endémicos de Madagascar, que son coñecidos desde entón como lémures.[5]
O nome provén do latín lemŭres,[6] espectros ou espíritos da morte coñecidos como larvae ou lemures na Roma Antiga.[7] Linneo coñecía os hábitos nocturnos e o aspecto fantasmal de lémures e loris,[8] así como os seus movementos silenciosos pola noite, os seus tamén fantasmais ollos reflectintes e os seus gritos. Tamén é posíbel que os poboadores malgaches lle contaran algunhas lendas que falaban dos lémures como as almas dos seus antepasados.[9] Estando familiarizado cos traballos de Virxilio e Ovidio a as súas referencias ás Lemuralia ou festival de Lemuria, e vendo unha analoxía que encaixaba no seu esquema de nomenclatura, Linneo asignou o termo lemur a estes primates nocturnos.[10]
Clasificación
[editar | editar a fonte]A infraorde dos Lemuriformes foi descrita en 1821 polo zoólogo inglés John Edward Gray,[3] aínda que algúns autores atribúena ao paleontólogo estadounidense William King Gregory, en 1915.[11]
Segundo Wilson e Reeder en Mammal Species of the World, a clasificación da infraorde, dentro dos primates, comprende as superfamilias e familias seguintes:[12][13]
- Orde Primates Linnaeus, 1758
- Suborde Strepsirrhini É. Geoffroy Saint-Hilaire, 1812
- Infraorde Lemuriformes Gray, 1821
- Superfamilia Cheirogaleoidea Gray, 1873
- Familia Cheirogaleidae Gray, 1873
- Superfamilia Lemuroidea Gray, 1821
- Familia Lemuridae Gray, 1821
- Familia Lepilemuridae Gray, 1870
- Familia Indridae Burnett, 1828
- Superfamilia Cheirogaleoidea Gray, 1873
- Infraorde Lemuriformes Gray, 1821
- Suborde Strepsirrhini É. Geoffroy Saint-Hilaire, 1812
Exemplos doutras clasificacións
[editar | editar a fonte]3 infraordes, 2 superfamilias[14] | 1 infraorde, 2 superfamilias[15][16] |
---|---|
|
|
Evolución e filoxenia
[editar | editar a fonte]Os lorisiformes chegaron a Madagascar hai aproximadamente entre 62 e 65 millóns de anos por rafting (dispersión biolóxica por balsas de vexetación) nalgún momento en que as correntes oceánicas favoreceron a dispersión cara á illa. Desde entón, os lémures evolucionaron para enfrontarse a un ambiente sumamente estacional e as súas adaptacións lles dan un nivel de diversidade que rivaliza cos demais grupos de primates. Até a chegada dos humanos á illa, hai aproximadamente 2 000 anos, existían lémures tan grandes como un gorila macho.
Filoxenia dos Lemuriformes
Euarchonta |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Harcourt, C. (1990), pp. 7–13
- ↑ "UNEP-WCMC Species Database: CITES-Listed Species". UNEP-WCMC. Consultado o 23 de setermbro de 2015.[Ligazón morta]
- ↑ 3,0 3,1 Lemuriformes en MSW.
- ↑ Linnaeus, Carlous (1758). Systema Naturae (en latín) 1 (Holmiae ed.). Imprensis Direct. Laurentii Salvii. pp. 29–30.
- ↑ Tattersall, I. (1982), pp. 43–44.
- ↑ lémur no DRAE.
- ↑ Lux, J. (2008). "What are lemures?" (PDF). Humanitas 32 (1): 7–14. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2010. Consultado o 23 de setembro de 2015.
- ↑ Flower, W. H. & Lydekker, R. (1891), p. 682.
- ↑ Nield, T. (2007), p. 41.
- ↑ Blunt, W. & Stearn, W. T. (2002), p. 252.
- ↑ Infraorder Lemuriformes Gregory 1915 Arquivado 25 de setembro de 2015 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- ↑ Cheirogaleoidea en MSW.
- ↑ Lemuroidea en MSW.
- ↑ Groves, Colin P. (2005).
- ↑ Godinot, M. (2006).
- ↑ Cartmill, M. (2010).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lemuriformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lemuriformes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blunt, W. & Stearn, W. T. (2002): Linnaeus: the compleat naturalist. Princeton University Press. ISBN 978-0-691-09636-0.
- Cartmill, M. (2010): "Primate Classification and Diversity". En Platt, M. & Ghazanfar, A. Primate Neuroethology. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-532659-8, pp. 10–30.
- Flower, W. H. & Lydekker, R. (1891): An introduction to the study of mammals living and extinct. Londres: A. e C. Black. ISBN 978-1-110-76857-8.
- Godinot, M. (2006): "Lemuriform Origins as Viewed from the Fossil Record", Folia Primatologica 77 (6): 446–464.
- Groves, Colin P. (2005): Strepsirrhini, en Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference.
- Harcourt, C. (1990): "Introduction". En: Thornback, J. Lemurs of Madagascar and the Comoros: The IUCN Red Data Book. World Conservation Union. ISBN 978-2-88032-957-0.
- Hartwig, W. (2011): "Chapter 3: Primate evolution". En Campbell, C. J.; Fuentes, A.; MacKinnon, K. C.; Bearder, S. K. & Stumpf, R. M. Primates in Perspective (2nd ed.). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-539043-8, pp. 19–31.
- Nield, T. (2007): Supercontinent: Ten Billion Years in the Life of Our Planet. Harvard University Press. ISBN 978-0-674-02659-9.
- Szalay, F. S. & Delson, E. (1980): Evolutionary History of the Primates. Academic Press. ISBN 978-0-12-680150-7.
- Tattersall, I. (1982): The Primates of Madagascar. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-2310-4704-5.
- Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lemuriformes na ADW (en inglés).
- Lemuriformes na EOL (en inglés).
- Infraorder Lemuriformes Gregory 1915 Arquivado 25 de setembro de 2015 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- LemursArquivado 31 de agosto de 2018 en Wayback Machine. en BBC. Nature Wildlife (en inglés)
- Lemurs of Madagascar en wildmadagascar.org (en inglés)