[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Jody Williams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJody Williams

(2010) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Jody Williams Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Brattleboro, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Johns Hopkins
Paul H. Nitze School of Advanced International Studies (en) Traducir
Universidade de Vermont
School for International Training (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora, Activista polos dereitos humanos, activista pola paz Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Houston Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
4 de xaneiro de 2021Dialogue for Catalonia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm1746839 Twitter: JodyWilliams97 TED: jody_williams Editar o valor en Wikidata

Jody Williams, nada en Battleboro (Vermont) o 9 de outubro de 1950, é unha profesora e activista polos dereitos humanos estadounidense, gañadora do Premio Nobel da Paz en 1997 polo seu traballo a favor da prohibición internacional do uso das minas antipersoa e das bombas de acio, así como a retirada de todas as minas e restos deles en todos os territorios do mundo.

Unha visita á Fundación Americana de Veteranos de Vietnam en Washington supuxo un xiro radical na súa vida e nos seus compromisos profesionais. Coñeceu de primeira man as devastadoras consecuencias do uso das minas antipersoa nos enfrontamentos bélicos e, a partir dese momento iniciou a loita para logra a súa erradicación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Williams traballaba como profesora de inglés como segunda lingua. En 1972 obtivo o seu grao académico na Universidade de Vermont e en 1974 realizou o mestrado en ensinanza do castelán na School for International Training. En 1984 obtivo un segundo posgrao, un mestrado en relacións internacionais na School of Advanced International Studies da Universidade Johns Hopkins. Exerceu como profesora de inglés en México, Londres e finalmente en Washington, D.C., xusto antes de dedicarse plenamente ao traballo humanitario en organizacións de axuda e cooperación internacional.

A súa primeira responsabilidade no campo da cooperación foi a de coordinadora do Nicaragua-Honduras Education Project ("Proxecto Educación de Nicaragua-Honduras"), cargo que desempeñou ata 1986. Deseguida, foi nomeada subxefa de Medical Aid for El Salvador ("Axuda Médica para O Salvador"), organización con sede nos Ánxeles, onde permaneceu ata 1992,[1] en que comezou o seu labor como activista na nova Campaña Internacional para a Prohibición das Minas Antipersoa (International Campaign to Ban Landmines - ICBL).

Un momento culminante para os obxectivos desta organización constituíuno a formulación da Convención Internacional pola Prohibición de Minas Antipersoais, tratado que foi asinado en Ottawa en 1997.

Williams continuou a servir na ICBL como embaixadora da campaña e directora do capítulo de minas terrestres. Foi ademais profesora visitante de traballo social na Universidade de Houston no curso académico 2003-2004.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Ademais de recibir en 1997 o Premio Nobel da Paz, Williams foi merecedora de quince graos honoríficos entre outros recoñecementos. En 2004 foi nomeada pola revista Forbes unha das cen mulleres máis poderosas do mundo. Foi recoñecida en dúas ocasións como "Muller do Ano" pola revista Glamour xunto con outras personalidades como Hillary Clinton, Katie Couric ou Barbara Walters.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]