Irurtzun
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade foral | Navarra | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.316 (2023) (661,71 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua éuscara (zona lingüística) lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 3,5 km² | ||||
Altitude | 484 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Juan José Iriarte Vitoria | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 31.860 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 31904 | ||||
Páxina web | irurtzun.eus |
Irurtzun (en castelán: Irurzun) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Pamplona, na bisbarra de La Barranca, no val de Arakil e a 20 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 2.300 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 3,5 km² e a súa densidade de poboación é de 657,14 hab./km².
Atópase na confluencia das autovías A-10, que comunica Iruñea con Vitoria e A-15, que comunica Iruñea con Donostia.
Topónimo
[editar | editar a fonte]O topónimo Irurtzun provén do éuscaro, aínda que ten un significado dubidoso. Segundo o filólogo Mikel Belasko podería estar relacionado co nome da planta chamada zihaurri (en certas variantes dialectais ihaurri), que se corresponde co engo ou sabugueiriño. Segundo esta hipótese, o nome da planta (z)ihaurri iría acompañado do sufixo abundancial -tze ou tzu e do sufixo -un, variante de une, que significa lugar. Así, o significado etimolóxico último de Irurtzun sería lugar con abundancia de engo.
A documentación máis antiga que nomea esta poboación data do século XIII. Nela é mencionada baixo os nomes Yrurçun, Hirurçu, Irusun, Irurçun ou Içurçun.
O nome vasco e castelán da localidade difiren na súa pronunciación e forma de escribir, aínda que orixinalmente eran comúns. Da forma orixinal Irurçun pasou en castelán a Irurzun, mentres que en lingua vasca mantivo a pronunciación orixinal, que actualmente se transcribe como Irurtzun. En 1996, cando o concello de Irurzun constituíuse en concello independente separándose de Arakil adoptou como denominación oficial a variante vasca do topónimo.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Irurtzun atópase no extremo oriental do corredor da Barranca, ó pé dos montes Erga (1088 msnm) e Gaztelu (996 msnm). Devanditos montes conectan coa Serra de Aralar e Andia respectivamente.
Barrios
[editar | editar a fonte]Dos Hermanas, Ardubil, Aralar, San Martín, Ardanzeta, Urbasa, Aldapa...
Localidades limítrofes
[editar | editar a fonte]O concello limita polo norte con Latasa e Aguinaga, polo sur con Izurdiaga, polo leste con Aizcorbe e polo oeste con Etxeberri.
Demografía
[editar | editar a fonte]1897 | 1900 | 1920 | 1930 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2014 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1.298 | 1.196 | 1.200 | 1.245 | 889 | 1588 | 1.884 | 1.996 | 2.000 | 2.175 | 2233 |