[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Noáin (Valle de Elorz)

Modelo:Xeografía políticaNoáin
Noain (Elortzibar) (eu) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°45′17″N 1°38′00″O / 42.754722222222, -1.6333333333333
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra
MeiriñadoMeiriñado de Pamplona
ComarcaCuenca de Pamplona Editar o valor en Wikidata
CapitalNoáin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación8.429 (2023) Editar o valor en Wikidata (174,73 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie48,24 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude450 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataOscar Arizcuren Pola (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31110 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE31088 Editar o valor en Wikidata

Páxina webnoain.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX460161
Monumento conmemorativo da batalla de Noáin.

Noáin (Valle de Elorz) ou Noain (Elortzibar)[1] é un municipio de Navarra situado a 5 km ao sur de Pamplona, na comarca da Cuenca de Pamplona e que pertence ó Meiriñado de Sangüesa. Está situado a uns 450 msnm . O termo municipal ten unha extensión de 48,24 km² . En 2006 tiña 4.789 habitantes. Limita ao norte con Aranguren, ao sur con Valdorba e Valdizarbe, ao leste co Val de Unciti e Monreal e ao oeste con Cendea de Galar e Beriáin. No seu termo municipal discorre o río Elorz.

En Noain atópase o aeroporto de Pamplona-Noain.

Val de Elorz

[editar | editar a fonte]

O municipio de Noain, tamén coñecido como Elortzibar, fórmano os seguintes pobos: Noain, Imarcoain, Elorz, Torres de Elorz, Guerendiain, Yarnoz, Zabalegui, Zulueta, Oriz, Otano e Ezperun.

O Val de Elorz foi unha zona estratéxica para os romanos, pois servía de enlace entre os Pireneos e o Ebro. Segundo algúns autores, os nomes das localidades da zona terían orixe romana. Dado que o sufijo "ain" significa carácter de propiedade, faltaría por saber de onde vén "Non". Especulouse co nome romano de "Nunius" como posible resposta. Atopáronse restos de cerámica e moedas romanas, sobre todo en Imarcoain.

A mediados do século XI aparecen varios documentos mencionando o "Val do Elortzibar". Un dos ramais do Camiño de Santiago pasa polo Val, o que contribuíu ao comercio.

Tras a invasión militar de 1512 e posterior anexión de Navarra a Castela en 1515, en 1521 Henrique II de Navarra logrou reconquistar o reino pero os casteláns enviaron un exército de 30.000 homes para contrarrestalo e ambas as hostes enfrontáronse en Noain. O resultado da batalla de Noain, favorable para os casteláns, selou definitivamente a perda da independencia da Alta Navarra.

Ata mediados do século XX Noain era un pobo máis do Val de Elorz. Con todo, a instalación de diversas fábricas en Noain fixeron crecer este pobo ata convertelo no máis importante do Concello e desprazou a Zabalegui como sede do mesmo. En 1995 cambiouse o nome do concello, pasando de "Concello do Valle de Elorz" ao actual "Noáin (Valle de Elorz)", en éuscaro Noain (Elortzibar), e eliminouse a entidade local menor coñecida como concejo en Navarra, que quedou fusionada co Concello.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Acueduto de Noain
  • O Acueduto de Noáin é o monumento máis característico, deseñado polo arquitecto Ventura Rodríguez en 1782 baixo a dirección técnica de Santos Angel Ochandátegui, para abastecer Pamplona coas augas do manancial de Subiza, na Serra de Erreniega (O Perdón). Cando se realizou tiña 97 arcos e 1.245 metros de lonxitude, sendo unha obra grandiosa de enxeñería da época, impregnada de clasicismo. A obra finalizou en xuño de 1790 e caeu en desuso uns 100 anos despois, ao aumentar a demanda de Pamplona e realizar unha nova traída de augas desde o manancial de Arteta en 1895. As únicas mutilacións que sufriu o acueduto foron para deixar paso ao ferrocarril en 1858, coa unión de dous dos arcos e máis recentemente, en 1974, a desaparición de dous arcos pola autoestrada de Navarra.
A Igrexa de San Miguel
  • Conta cunha igrexa de estilo gótico: San Miguel de Arcanxo, de servizo soamente durante o verán.
  • Nas pedanías do municipio podemos atopar outros monumentos:
    • Igrexa de San Juan Bautista de Guerendiáin
    • Igrexa da Ascensión de Otano
    • Ponte medieval de Otano
    • Igrexa parroquial da Natividade de Yárnoz
    • Torre almenada de Yárnoz

O escudo de Noain consta dunha torre, sobre a que ven catro arcos do acueduto do municipio e, sobre eles, un helmo.

Noáin ten un clima de transición entre o mediterráneo e o oceánico, polo que coexisten especies de ambos os hábitats, como é o caso de oliveiras e haxas. Ao ano caen 780 L por metro cadrado, sendo xaneiro e febreiro os meses máis chuviosos, mentres que agosto e setembro son os máis secos. As temperaturas máis baixas danse en xaneiro, cunha media de 5 °C, mentres que en xullo se dá a media máis alta: 20 °C.

Outros datos de interese

[editar | editar a fonte]
  • Está enlazado con Pamplona polo autobús (chamado frecuentemente "villavesa" polos aldeáns) número 16 e, durante a noite, polo N3.
  • Entre outros servizos, ten instalacións deportivas, centro cultural, centro de saúde e policía municipal.
  • O xentilicio é "cancano/-a".
  • As festas patronais de Noáin son o 29 de setembro (San Miguel). Ademais celébranse festas a primeira fin de semana de setembro e outras, menores, a primeira fin de semana de maio.
  1. Noáin (Valle de Elorz) é o topónimo en castelán e Noain (Elortzibar) é o topónimo en éuscaro. Ambos os topónimos son oficiais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]