Casa de Traba
Casa de Traba | |
---|---|
País | Reino de Galiza |
Casa materna |
|
Títulos | Condes de Galiza Condes de Trastámara |
Último gobernante | Roi Gómez de Trastámara |
Disolución | 1261 |
Ramas menores |
A familia Froilaz-Traba ou casa de Traba (escrito Trava na maioría das fontes históricas), foi unha importante liñaxe nobiliaria do Reino de Galiza que tivo un papel político preponderante durante os séculos XI e XII. A súa orixe xenealóxica remóntanse até o século IX, onde liga coa mais antiga nobreza do reino e continúa até o século XIII momento no que, após a morte sen herdeiros directos do seu último representante Roi Gómez de Trastámara, deu lugar a outras destacadas liñaxes baixomedievais.
Patrimonio territorial
[editar | editar a fonte]Os estudos xenealóxicos rastrexan a xénese da casa de Traba até a descendencia do conde Goterre Aloitiz[4][5]. Os tres fillos deste conde orixinaron as liñaxes aristocráticas máis importantes da Galiza altomedieval: Osorio Gotérrez, liñaxe Osorio[6]; Aloito Gotérrez, liñaxe Aloitiz[7]; e o conde Hermenexildo Gotérrez[8], liña xenealóxica orixe da familia Froilaz[9]. Con todo, estes dados son abondo escuros e existen distintas versións entre os xenealoxistas sobre a sucesión exacta destes antepasados até chegar ao conde Bermudo Froilaz, nobre con señorío nas Terras de Trasancos. Desde este espazo territorial inicial,[10] os Froilaz foron ampliando os seus dominios ao longo dos séculos mediante unións matrimoniais, compras, permutas, doazóns rexias ou pola presión sobre as comunidades campesiñas[11][12]. A unión do seu patrimonio configurou o denominado Condado de Trastámara, que se estendía desde Noia até a terra de Ortigueira, abranguendo as terras de Arzúa, Sobrado e Aranga[13].
Mosteiros familiares
[editar | editar a fonte]Para garantir a continuidade indivisa deste patrimonio familiar, a estratexia empregada polos Froilaz (e pola aristocracia laica do seu tempo) era a creación de mosteiros familiares (“monasterios nostros”[14]). Estes cenobios, constituídos inicialmente por relixiosos de ambos sexos[15], funcionaban como unha sorte de montepíos da nobreza[16], e permitían vincular grandes propiedades a unha determinada liñaxe[17].
Os nobres, nunha aparente doazón denominada "enfiteuse"[18], cedían os seus bens raíces aos mosteiros recibindo destes as rendas xeradas[19]. No remate do contrato, tres xeracións e vinte e nove anos no caso galego[20], toda a propiedade revertía de novo no clan, ou no seu último membro supervivente (postromeiro)[21], momento no que volvían a aforarse as propiedades.
Este antigo sistema de terras familiares en común, chamado fintiu na tradición céltica[22], é a causa pola que nos documentos das doazóns dos Froilaz sempre figuran como confirmantes varios membros da liñaxe[23], xa que a propiedade dos bens estaba mancomunada e requiría da disposición conxunta dos condóminos[24]. E é tamén o motivo polo que cando o mosteiro de Xuvia foi cedido á orde de Cluny por Pedro Froilaz no ano 1113, os sorprendidos visitadores da orde comprobaron que o mosteiro carecía de bens propios[17] e que, ademais, non podían facer nada para remedialo[25]. Unha mostra do poderío dos Froilaz no seu tempo é o feito de que sexa imposíbel estudar as fundacións e historia dos mosteiros de Monfero, Sobrado, Caaveiro, Cambre, Cis, Toxos Outos, Bergondo, Xanrozo, Dormeá, Nogueirosa, Pedroso, Xuvia, e outros... sen atopar continuadas referencias á familia[26].
Froila Bermúdez e os seus fillos
[editar | editar a fonte]O primeiro membro do clan do que existe abondosas referencias históricas foi Froila Bermúdez de Trasancos. Participou nos principais acontecementos da fin do reinado de Fernando I (1038-1065)[27] e foi un dos máis importantes vasalos do rei García II. Cando este foi deposto polo seu irmán Afonso VI, aceptou o novo señor como rexente do reino, non como rei[28]. É probábel que para garantir a súa fidelidade tivese que enviar ao seu fillo Pedro a criarse na corte leonesa de Afonso[29][30]. Estivo presente na batalla de Zalaca, desastre militar dos exércitos cristiáns, da que regresou milagrosamente indemne. En agradecemento doou ao mosteiro de Xuvia a aldea de Domirón, en Trasancos. O texto desta doazón permite rastrexar a presenza dos Froilaz nas terras trasanquesas até, cando menos, o seu bisavó Rodrigo Froilaz coetáneo do rei Bermudo III[31].
Casou en primeiras nupcias coa nobre Elvira de Faro[32], matrimonio co que os Froilaz incorporaron ao seu patrimonio dominios nas terras de Faro e o Castelo de Aranga[33]. Deste casamento naceron: Gonzalo Froilaz, bispo de Mondoñedo; Pedro Froilaz, conde de Galiza e Trastámara; Rodrigo Froilaz[34], señor de Trasancos; Visclavara Froilaz; e Adosinda Froilaz. Nun segundo casamento tivo dúas fillas máis: Munia e Hermesenda Froilaz[35]. Todos eles foron importantes aristócratas e iniciaron o período de hexemonía da súa casa entre a aristocracia do seu tempo[36]. Faleceu o 27 de marzo de 1091 sendo soterrado xunto os seus pais Bermudo e Lupa no panteón familiar dos Froilaz en San Martiño de Xuvia[37].
Terra de Trasancos
[editar | editar a fonte]A Terra de Trasancos pode ser sinalada como o espazo territorial no que os Froilaz posuíron as súas mais antigas propiedades: servos, vilas, terras, igrexas e o seu mosteiro familiar e panteón de San Martiño[38]. Este mosteiro, erixido polos antecesores dos Froilaz no século X[39], foi lugar de enterramento para os primeiros membros da parentela e nel profesaron como relixiosas dúas fillas de Froila Bermúdez: Visclávara e Munia. Munia Froilaz foi á súa vez a fundadora do outro grande mosteiro familiar dos Froilaz na comarca trasanquesa: San Salvador de Pedroso[40].
Estes dous cenobios víronse beneficiados polas continuadas doazóns patrimoniais dos Froilaz, e á súa vez, foron utilizados para expandir os dominios da parentela[41]. A análise dos tombos de Xuvia permite observar como toda a terra de Trasancos (e os seus moradores) van ficando paulatinamente baixo o dominio do mosteiro, e por tanto dos Froilaz[42][41].
Este proceso, foi repetido noutros territorios[43] como as terras lindeiras de Pruzos e Bezoucos, que se achaban tamén baixo o dominio directo dos primeiros Froilaz e da súa pequena nobreza dependente[44], situación na que se mantiveron durante todo o período plenomedieval[45]. Alí se encontraban outros importantes mosteiros relacionados co clan como San Xoán de Caaveiro e Santa María de Monfero. Algúns mesmo iniciados polos propios Froilaz, tal é o caso de: Santa María de Xanrozo en Betanzos, probábel fundación de Froila Bermúdez[46] ou Santa María de Nogueirosa fundado por Bermudo Pérez de Traba[47].
O señorío desta terra de Trasancos pasou de Froila Bermúdez ao seu fillo Rodrigo Froilaz, importante magnate territorial[48] que fixo parte da curia condal de Raimundo de Borgoña, onde se lle encomendou a defensa das terras costeiras do reino[49]. Posteriormente loitou xunto ao resto do clan familiar polos dereitos sucesorios de Afonso Raimúndez, fillo de Raimundo, até conseguir a súa coroación. Faleceu no ano 1133 e foi soterrado en San Martiño de Xuvia xunto aos seus pais e avós.
Pedro Froilaz
[editar | editar a fonte]O herdeiro de Froila Bermúdez á cabeza do clan familiar dos Froilaz foi o seu fillo Pedro. Criado en León[30], foi probabelmente un refén e o garante da fidelidade do seu pai a Afonso VI[29]. Cando o rei Afonso confiou o goberno do reino galego ao seu xenro Raimundo de Borgoña[50], este contou desde o inicio co soporte da casa de Traba. Na súa curia condal figuran Pedro Froilaz, o seu irmán Rodrigo, o seu xenro Munio Páez e o seu fillo Bermudo Pérez[51]. O conde Pedro foi o principal vasalo de Raimundo, gobernante do reino nos períodos nos que este se atopaba ausente[52] e o encargado da formación e protección do seu fillo Afonso[a], futuro rei de Galiza segundo promesa de Afonso VI[53].
No momento do pasamento do conde Raimundo, no ano 1107, Afonso VI convocou a Pedro Froilaz e o resto da alta nobreza galega a unha curia na corte leonesa. Alí concedeu a rexencia de Galiza durante a minoría de idade do infante Afonso a súa filla Urraca, viúva de Raimundo, e fixo xurar os nobres galegos que defenderían os dereitos sucesorios do neno[54]. Dous anos máis tarde faleceu tamén Afonso VI e Urraca, herdeira do seu imperio, casou co rei Afonso I de Aragón e Navarra. Este matrimonio acendeu a rebelión nas terras galegas pois relegaba a Afonso Raimúndez na liña sucesoria por detrás do rei consorte e os seus hipotéticos fillos. Pedro Froilaz, fiel ao seu xuramento, proclamou rei de Galiza ao seu protexido[55] provocando a inmediata invasión das terras galegas por parte das hostes de Urraca e Afonso "o batallador". Durante tres meses ditos exércitos asolaron os dominios dos Froilaz até que estes conseguiron forzar a súa retirada[56].
Pedro Froilaz negociou entón unha alianza co bispo compostelán Diego Xelmírez[57], que inicialmente dubidara entre o bando de Urraca e o do seu fillo, e no ano 1111 ambos coroaron rei ao neno Afonso na Catedral de Compostela[58]. Esta cerimonia contou desta volta co beneplácito da raíña Urraca, envolta na altura nunha guerra civil co seu marido e necesitada do apoio dos partidarios do seu fillo. O acordo coa raíña incluía unha segunda cerimonia de coroación na corte leonesa que non se produciu debido á derrota galega na batalla de Viadangos.
Defendendo sempre os intereses do infante Afonso, que eran tamén os seus, o conde Pedro participou xunto ao resto dos nobres galegos na guerra entre Urraca e o seu esposo aragonés. Neste período convulso, Galiza converteuse no punto de partida de todas as expedicións destinadas a recuperar os territorios perdidos por Urraca, entre o ano 1112 e o 1118 practicamente unha por ano[59]. Como contrapartida Pedro Froilaz arrincou de Urraca, desexosa de gobernar en solitario, unha división da soberanía dos seus reinos. Desde o ano 1117 Afonso gobernou independentemente Galiza e tamén Toledo, reino ao que o infante foi trasladado polo seu aio e en cuxa catedral foi organizada unha solemne toma de posesión no 16 de novembro[60]. Urraca e os seus partidarios tentaron recuperar o poder en Galiza no ano 1121, momento no que alzaron un exército que se enfrontou ás forzas conxuntas de Pedro Froilaz e Xelmírez, chegando despois dunha serie de escaramuzas a unha tregua na que Urraca non tivo mais remedio que aceptar compartir o poder co seu fillo[61]. E no 1123 conseguiu Urraca encarcerar a Pedro Froilaz, a súa esposa e algúns dos seus fillos, mais a consecuente conflitividade que se estendeu pola xeografía galega fixo que este manobra reducise aínda mais a súa autoridade[62]. A raíña urraca morreu no 1126, momento no que Pedro Froilaz conseguiu por fin ver coroado ao seu pupilo tamén en León.
Pedro froilaz faleceu no 1128 sendo soterrado no cemiterio da Catedral de Compostela a cambio da cesión dun enorme patrimonio á igrexa compostelá. É probábel que tentase por medio dun acordo con Xelmírez converter á catedral no espazo de enterramento da súa estirpe familiar[63]. Posteriormente os seus restos foron trasladado o interior do templo e hoxe repousan no panteón real da catedral nun sartego elaborado no século XX.
Casou dúas veces, a primeira no ano 1088 con Urraca Froilaz de Traba, importante aristócrata da que tivo cinco fillos: Bermudo, Fernando, Lupa, Ximena,Froila. E unha segunda, no 6 de maio do 1105[64], con Maior Guntronda da que naceron Rodrigo, García, Vasco, Eva, Toda, Urraca, Sancha, Estefanía, Elvira e Aldara.[65]
Os fillos de Pedro Froilaz no condado de Portugal (1121-1128)
[editar | editar a fonte]Dous fillos de Pedro Froilaz, Bermudo e Fernando terían unha acción destacada no condado de Portugal, durante o goberno da condesa Teresa, nai do futuro rei, Afonso Henriques.
Aínda que as relacións entre Teresa e a casa de Traba eran estreitas con anterioridade, a presenza no condado portugués de Bermudo e Fernando non está confirmada documentalmente até 1121. Bermudo, que casaría coa filla máis vella de Teresa, Urraca, ocupou cargos como a tenencia de Viseu, ao mínimo entre 1125 e 1128. Fernando, pola súa parte, será tenente de Coímbra, entre outras doazóns. Da relación entre Teresa e Fernán Pérez de Traba nacerían catro fillos.
Esta relación alleou a Teresa das principais casas nobiliarias portucalenses. A nobreza portuguesa sufría mal que os Traba e os seus achegados tomasen para si cargos tan relevantes como a defensa da fronteira fronte aos musulmáns. En opinión da historiografía portuguesa, Tareixa tiña "clara a sua vontade de restaurar o antigo reino da Galiza". Membros da máis alta nobreza do reino, os Traba estarían moi interesados nesta opción política. En tanto, a nobreza do condado optaba xa pola creación dun Portugal independente.
O enfrontamento entre os partidarios de Teresa e a nobreza do condado, unida arredor do seu fillo Afonso Henriques, precipitáronse trala morte de Urraca en 1126. O fillo desta, Afonso VII, tivo primeiro que asegurar a paz na fronteira aragonesa. Unha vez logrado este obxectivo, decidiuse a someter a nobreza galega e portuguesa. A finais de setembro de 1127, vitorioso en Galiza, o seu exército atravesou o Miño. Teresa e Fernando fuxiron cara ao sur, refuxiándose en Viseu ou Coímbra, mentres Afonso Henriques defendía con éxito Guimarães, acuartelado no castelo da cidade. O empeño de Afonso Henriques deulle aínda máis apoios. O 24 de xuño de 1128 enfrontáronse as tropas de Henrique e as da súa nai no Campo de São Mamede, coa vitoria de Henrique.
Ao que parece, Teresa e Fernando abandonaron Portugal após a derrota. Fernando viviría aínda vinte anos, sendo unha figura relevante da política leonesa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Era habitual no período medieval que a máis importante familia do reino criase na súa casa o herdeiro do trono. Esta práctica, denominada fosterage, será repetida no futuro polo propio Afonso Raimúndez (Afonso VII) que confiará a crianza do seu fillo Fernando a Fernán Pérez de Traba, fillo de Pedro Froilaz. O propio Fernando (Fernando II) confiou tamén o seu fillo Afonso (Afonso VIII) os Traba. Foi criado por unha filla de Fernán Pérez, Urraca e o seu marido Xoán Ares de Nóvoa.
- Referencias
- ↑ "Liñaxe Limia S.XII-XIII". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 07/10/2018.
- ↑ "Liñaxe Novoa S.XII-XV". Xenealoxías do Ortegal. Arquivado dende o orixinal o 27/01/2020. Consultado o 07/10/2018.
- ↑ "Liñaxe Biedma S.XIII-XIV". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 07/10/2018.
- ↑ LÓPEZ SANGIL 2005. p. 13
- ↑ González López, Emilio (1978). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Galaxia. p. 169.
- ↑ "Liñaxe Osorio". Xenealoxias do Ortegal. Arquivado dende o orixinal o 04/12/2021. Consultado o 14/10/2018.
- ↑ "Liñaxe Aloitiz". Xenealoxías do Ortegal. Arquivado dende o orixinal o 28/12/2019. Consultado o 14/10/2018.
- ↑ "Liñaxe Guterrez". www.xenealoxiasdoortegal.net. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 2019-01-07.
- ↑ TORRES SEVILLA 1999. p. 298
- ↑ fidalgosdenaron (2015-03-24). "OS FROILAZ, UNHA DINASTÍA DE TRASANCOS [CAPÍTULO II]". Narón, Fidalga Cidade. Consultado o 2023-11-06.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2006). "O grupo aristocrático dos Froilaz nas terras do Eume. Implantación territorial e estrutura do dominio durante os séculos XI e XII" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios 13: 389. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2006). "O grupo aristocrático dos Froilaz nas terras do Eume. Implantación territorial e estrutura do dominio durante os séculos XI e XII" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios 13: 392. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina: Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 24. ISBN 978-84-15400-78-3.
- ↑ "Doazón de Naraío para o mosteiro de Xuvia". www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2018-12-04.
- ↑ Xosé Antón García González (2012-02-24). "Un mosteiro dúplice". Consultado o 2018-12-04.
- ↑ Pena Graña, André (2007). Narón, un concello con historia de seu III. Concello de Narón. p. 151. ISBN 978-84-920185-98. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2018. Consultado o 13 de decembro de 2018.
- ↑ 17,0 17,1 Pena Graña, André (2007). Narón, un concello con historia de seu III. Concello de Narón. p. 152. ISBN 978-84-920185-98. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2018. Consultado o 13 de decembro de 2018.
- ↑ "Enfiteuse" (en portugués). 2018-06-18.
- ↑ Frez, Amancio Isla (1992). La sociedad gallega en la Alta Edad Media (en castelán). Editorial CSIC - CSIC Press. ISBN 9788400072155.
- ↑ Pena Graña, André (2007). Narón, un concello con historia de seu III. Concello de Narón. p. 103. ISBN 978-84-920185-98. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2018. Consultado o 13 de decembro de 2018.
- ↑ Pena Graña, André (2007). Narón, un concello con historia de seu III. Concello de Narón. p. 104. ISBN 978-84-920185-98. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2018. Consultado o 13 de decembro de 2018.
- ↑ Maier, Bernhard (2000). Dictionary of Celtic Religion and Culture (en inglés). Boydell & Brewer. ISBN 9780851156606.
- ↑ Cal Pardo, Enrique (1984). El monasterio de San Salvador de Pedroso en tierras de Trasancos. Deputación da Coruña. p. 20. ISBN 84-505-0120-2.
- ↑ Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 79. ISBN 84-87674-32-1. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2018. Consultado o 13 de decembro de 2018.
- ↑ Pena Graña, André (2007). Narón, un concello con historia de seu III. Concello de Narón. p. 153. ISBN 978-84-920185-98. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2018. Consultado o 13 de decembro de 2018.
- ↑ López Sangil, Jose Luis (2007). "La nobleza altomedieval gallega. La familia Froilaz-Traba. Sus fundaciones monacales en Galicia en los siglos XI, XII y XIII" (PDF). Nalgures (4): 261–322.
- ↑ "Froila Bermúdez". Real Academia de la Historia. Consultado o 2019-01-05.
- ↑ LÓPEZ SANGIL 2005. p. 17
- ↑ 29,0 29,1 Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 67. ISBN 84-87674-32-1. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2018. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ 30,0 30,1 López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 322.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2006). "O grupo aristocrático dos Froilaz nas terras do Eume. Implantación territorial e estrutura do dominio durante os séculos XI e XII" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios 13: 359. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Liñaxe Faro". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 15/10/2018.[Ligazón morta]
- ↑ Barros, Carlos (2009). "Origen del castillo y coto de Aranga, siglos X-XII". Cuadernos de Estudios Gallegos (122): 143.
- ↑ "Liñaxe Mandiá". Xenealoxías do Ortegal. Arquivado dende o orixinal o 28/12/2019. Consultado o 15/10/2018.
- ↑ "Liñaxe Creszoniz". Xenealoxías do Ortegal. Arquivado dende o orixinal o 21/01/2022. Consultado o 15/10/2018.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2006). "O grupo aristocrático dos Froilaz nas terras do Eume. Implantación territorial e estrutura do dominio durante os séculos XI e XII" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios 13: 361. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ Cal Pardo, Enrique (2003). Epicospologio Mindoniense. Instituto de estudios gallegos "Padre Sarmiento". p. 75.
- ↑ Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 57. ISBN 84-87674-32-1. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2019. Consultado o 13 de decembro de 2018.
- ↑ "Fundacion do mosteiro de Xuvia". www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2019-01-09.
- ↑ "Fundación do mosteiro de San Salvador do Pedroso". www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2019-01-09.
- ↑ 41,0 41,1 "Vendo Ferreira por un cabalo de cor baio". www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2018-12-06.
- ↑ "Doazón de Naraío para o mosteiro de Xuvia". www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2018-12-04.
- ↑ Pena Graña, André (2007). Narón, un concello con historia de seu III. Concello de Narón. p. 153. ISBN 978-84-920185-98. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2018. Consultado o 13 de decembro de 2018.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2006). "O grupo aristocrático dos Froilaz nas terras do Eume. Implantación territorial e estrutura do dominio durante os séculos XI e XII" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios 13: 358. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2006). "O grupo aristocrático dos Froilaz nas terras do Eume. Implantación territorial e estrutura do dominio durante os séculos XI e XII" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios 13: 400. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ Daviña Sáinz, Santiago (1998). "El monasterio de las Cascas (Betanzos)" (PDF). Anuario Brigantino (21): 79. ISSN 1130-7625.
- ↑ López Sangil, José Luis (2003). "Nogueirosa: su monasterio y su castillo" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios 10: 252. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de decembro de 2018. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2006). "O grupo aristocrático dos Fróilaz nas terras do Eume" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios (13): 377–381. ISSN 1133-9608. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 438.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2011). "Magnates y nobiles en la curia del conde Raimundo de Borgoña. Totius Gallecie Princeps (c. 1091-1107)" (PDF). Estudios Mindonienses 27: 533–536.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2011). "Magnates y nobiles en la curia del conde Raimundo de Borgoña. Totius Gallecie Princeps (c. 1091-1107)" (PDF). Estudios Mindonienses (27): 542.
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2011). "Magnates y nobiles en la curia del conde Raimundo de Borgoña. Totius Gallecie Princeps (c. 1091-1107)" (PDF). Estudios Mindonienses (27): 548.
- ↑ Pena Graña, André (1992). Narón, un concello con historia de seu. Tomo II. Concello de Narón. p. 93. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2019. Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ Falque Rey, Emma, ed. (1994). Historia Compostelana. Akal. p. 152.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 330.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. pp. 336–338.
- ↑ Pena Graña, André (1992). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 101. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2019. Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ Falque Rey, Emma, ed. (1994). Historia Compostelana. Akal. p. 174.
- ↑ LÓPEZ TEIXEIRA 2003 p. 77
- ↑ LÓPEZ TEIXEIRA 2013 p. 42
- ↑ Falque Rey, Emma, ed. (1994). Historia Compostelana. AKAL. pp. 379–382.
- ↑ LÓPEZ TEIXEIRA 2013 p. 171
- ↑ Barón Faraldo, Andrés (2006). "O grupo aristocrático dos Fróilaz nas terras do Eume. Implantación territorial e estrutura do dominio durante os séculos XI e XII" (PDF). Cátedra: revista eumesa de estudios 13: 367. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ LÓPEZ SANGIL 2005 p. 23
- ↑ "Pedro Froilaz de Traba". www.xenealoxiasdoortegal.net. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2022. Consultado o 2019-02-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Falque Rey, Emma (1994): Historia Compostelana. Edición de Emma Falque Rey. Akal. Clásicos latinos medievales. ISBN 84-460-0417-8
- López Sangil, José Luis (2005): A nobreza altomedieval galega: a familia Froilaz Traba. Noia: Editorial Toxosoutos. Serie Trivium, nº 8. ISBN 84-9625-951-X.
- López Teixeira, Xosé Antonio (2013): Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Editorial Toxosoutos. Serie Trivium, nº 49. ISBN 978-84-15400-78-3.
- Torres Sevilla-Quiñones de León, M. (1999): Linajes nobiliarios de León y Castilla (siglos IX-XIII). Valladolid: Consejería de Educación y Cultura da la Junta de Castilla y León. ISBN 978-84-7846-781-5.