[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Munia Froilaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMunia Froilaz
Biografía
Nacementodécada de 1080 Editar o valor en Wikidata (934/944 anos)
Traba, España Editar o valor en Wikidata
Morte1147
Lugar de sepulturaMosteiro de San Salvador de Pedroso 
Outro
TítuloMonia Froylaz
FamiliaFamilia Froilaz-Traba
CónxuxePaio Méndez Editar o valor en Wikidata
PaisFroila Bermúdez Editar o valor en Wikidata  e Dona Lucia Editar o valor en Wikidata
Irmáns Editar o valor en Wikidata
Sinatura


Munia Froilaz (Monia Froylaz), nada en Traba (Laxe) cara a 1080 e finada despois de 1147, foi unha nobre galega da Baixa Idade Media, pertencente á familia Froilaz-Traba[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Igrexa de Pedroso

Filla de Froila Bermúdez de Trasancos e a súa segunda esposa Dona Lucía, e irmán, entre outros, do Conde de Galiza, Pedro Froilaz e do bispo de Mondoñedo Gonzalo Froilaz.

Herdeira dun importante patrimonio[2], Munia Froilaz casou co magnate territorial Paio Méndez, propietario da maior parte das facendas situadas entre Ortigueira e Valdoviño[3]. Deste matrimonio naceron dous fillos, o primeiro, de nome descoñecido, morreu afogado no mar da Xoiva, denominación que recibía naquela altura a ria de Ferrol. Para honrar a súa memoria Munia construíu, xunto ao seu marido, un mosteiro baixo a advocación de San Salvador na vila, herdada do seu avó Bermudo, chamada Vineola e que hoxe é o o lugar de Pedroso[4]. Paio Méndez non chegou a ver rematado o mosteiro pois faleceu arredor do ano 1110, xa ben avanzada a obra, testando a favor da súa esposa, que investiu o legado na finalización do cenobio[5]. A este Mosteiro de San Salvador de Pedroso, finalmente fundado no 30 de xuño de 1111, Munia Froilaz doou xunto aos seus irmáns (os bens dos Froilaz estaban mancomunados e requirían do común consentimento para a súa cesión[6]), extensas propiedades recollidas no acta fundacional do mosteiro. Este documento foi asinado tamén por algúns dos máis destacados señores, laicos e relixiosos, da época, como Diego Xelmírez bispo de Compostela[7].

Nos anos seguintes, o mosteiro recibiu abondosas doazóns do clan Froilaz[8] e no ano 1120 o rei de Galiza Afonso VII concedeulle un couto xurisdicional que el mesmo ampliou no ano 1128[9][10][11]. Os dous documentos de acoutamento van dirixidos polo monarca directamente a Munia Froilaz, testemuñando no documento o afecto que sentía por ela. É moi posíbel que esta tivese tido contacto co rei durante a súa infancia, pois esta transcorreu baixo a protección dos Traba e dentro dos seus dominios[12].

Nos anos posteriores á fundacióń do mosteiro, e antes do 1114[13], faleceu tamén a segunda filla de Munia e Paio, Mariña Páez. Munia legou entón todas as súas restantes propiedades ao mosteiro de San Martiño de Xuvia e ingresou nel como relixiosa, uníndose á súa irmá Visclávara[13]. Anos máis tarde, no momento no que foron suprimidos o mosteiros dúplices[14], pasou a residir en Piadela (Betanzos), nunha vila cedida polo bispo Xelmírez[13]. Faleceu entre novembro do ano 1147 e o 1148, sendo sepultada, conforme ao seu desexo, diante do altar maior do mosteiro de Pedroso[8][15].

  1. "Liñaxe Froilaz-Traba". Xenealoxías do Ortegal. Arquivado dende o orixinal o 21/01/2022. Consultado o 09/11/2018. 
  2. CAL PARDO 1984 p. 15
  3. Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 69. ISBN 84-87674-32-1. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2018. Consultado o 07 de decembro de 2018. 
  4. Barón Faraldo, Andrés (2006). "O grupo aristocrático dos Froilaz nas terras do Eume" (PDF). Catedra: revista eumesa de estudios (13): 386. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 07 de decembro de 2018. 
  5. Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 72. ISBN 84-87674-32-1. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2018. Consultado o 07 de decembro de 2018. 
  6. Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 79. ISBN 84-87674-32-1. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2018. Consultado o 07 de decembro de 2018. 
  7. "Acta Fundacional do Mosteiro de Pedroso" (PDF). www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2018-12-05. 
  8. 8,0 8,1 "Fundación do mosteiro de San Salvador do Pedroso". www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2018-12-07. 
  9. "Couto do Pedroso". www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2018-12-07. 
  10. "Acoutamento do Mosteiro de Pedroso por Afonso VII e a súa nai Urraca" (PDF). www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2018-12-07. 
  11. "Segundo acoutamento do mosteiro de Pedroso por Afonso VII" (PDF). www.falamedesansadurnino.org. Consultado o 2018-12-07. 
  12. Pena Graña, Andrés (1993). Narón, un concello con historia de seu 2. Concello de Narón. p. 95. ISBN 84-87674-32-1. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2018. Consultado o 07 de decembro de 2018. 
  13. 13,0 13,1 13,2 CAL PARDO 1984 p. 21
  14. Xosé Antón García González. "Un mosteiro dúplice". Consultado o 2018-12-07. 
  15. López Sangil, Jose Luis (2007). "La nobleza altomedieval gallega. La familia Froilaz-Traba. Sus fundaciones monacales en Galicia en los siglos XI, XII y XIII" (PDF). Nalgures (4): 250. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]